quarta-feira, novembro 17, 2010

Recortes

En vista de que ás medidas que aprobou o goberno para o ano en curso no que toca a recortar soldos funcionariais (media do 5% aprobada en maio -e maior para os funcionarios máis calificados, do grupo A- e ata un 46% da paga extraordinaria de decembro) váiselle engadir un novo 7,8% (recorte, por certo, do que os medios e os sindicatos non están a falar en absoluto) e os recentes orneos do vicepresidente Chaves arredor da produtividade, creo que vou a comezar aplicando a translatio correspondente, recortando en entradas blogueiras e en actividade laboral. Tamén me aplicarei a fondo cos gastos correntes, e anque só sexa por amolar e arruinar a recaudación de impostos, penso esforzarme cunha folga de consumo brutal da que só salvo a gasolina do coche, algúns libros e o mínimo para seguir respirando. E iso porque non me deixan levar adiante os recortes onde querería, a saber, nos pescozos dos ministros e dos banqueiros. Eses deberan ser drásticos e moi sangrantes, que o espectáculo do axustizamento público compensa tódalas fames imaxinábeis. Guillotina no Obradoiro xa!!

2 comentários:

Anónimo disse...

Aínda non leva un ano e xa quere recortar en actividade laboral. Mellor que se libere nun sindicato do ensino (da CIG a ANPE, elixa). Hainos que fan iso, aínda que apenas teñan traballado dando aulas. O caso é vivir do conto. Un máis non se vai notar.

FraVernero disse...

Hahahahahaha

Non oh, se eu non teño problemas co traballo, que alén de gustarme, ten horarios razoábeis e non mata; non tería problema en traballar máis. No que sí teño é en que me rebaixen o soldo arbitrariamente. e máis cando o 'sacrificio' se nos pide a nós e non se aplica (cunha coitela moi, moi afiada) a aqueles que 'máis teñen' de verdade.

Alén, non é que me fíe moito dos sindicatos, anque a mala prensa que teñen eles e os seus liberados sexa excesiva...

Por outra banda, a idea de controlar a produtividade non me parece absurda en sí, anque se volve inviábel se calquer español (no país que converteu en belas artes a charanga, a pandeireita e o nepotismo e dedismo xeralizado) se encarga dela; limitaríase a produtividade en lamber botas do político de turno. Propoño que formen unha comisión alemana ou finesa que veña a avaliarnos e que teña prohibido calquer trato, relación ou coñecemento con gobernantes españois (orde de alonxamento incluída).