sábado, março 12, 2011

天の原

Mentres saio de traballar con lúgubres pensamentos no maxín arredor da catástrofe natural que castigou ao Xapón, vexo que o ceo nocturno imita un lenzo de Rothko, en franxas alternantes de azul intenso e azul máis pálido. A chaira do ceo, ama no hara, que hoxe fundiu coas planicies do mar, aounahara, nun terríbel maremoto, émulo do de Lisboa (1775) e que tamén nos fai meditar tristemente sobre a teodicea e a insignificancia do home fronte ás forzas desatadas da natureza: pingas de orballo tan só.

1 comentário:

amauta disse...

Rothko e Xapón, dous dos meus grandes aliados para a evasión.
Se tes interese polo significado do té en Xapón e na súa cultura recomendo "The Book of Tea" de Okakura (o orixinal é en inglés).

Que Xapón volva erguer o seu teito para a grande Amaterasu.