Cando vou e veño do traballo, acompáñanme habitualmente os sons de Radio Clásica - Radio Nacional de España. Digo habitualmente, que non sempre, porque teñen a mala manía de inserir con demasiada frecuencia programas e tipos de música que aborrezo (zarzuela as mañás do luns, música de banda os martes, e esporádicos aturuxos da miña némese, o flamenco). Mais case todo o podo perdoar a cambio do espazo musical que me acompaña nos retornos: Los colores de la noche, de Sergio Pagán (intérprete, musicólogo e responsábel do departamento de música antiga de Radio Clásica).
É que este oasis melómano, que se autodescrebe coma "Espacio abierto a músicas variadas que nos eleven el ánimo y hagan de esa hora un buen momento para terminar el día", fai moito máis levadeiro os meus percorridos en coche (cousa que, coma o flamenco, me gorenta ben pouco. Xa comentáramos nesta mesma bitácora a sensación funeraria que me produce) e permíteme relaxarme cos acordes da música antiga, renacentista, barroca e clásica. De particular engado foi o programa do martes pasado, adicado a Hildegard von Bingen, Buxtehude, madrigais e Schubert. Un programa do que podedes disfrutar eiquí.
Se as súas horas non vos resultan propicias, non deixedes de escoitar os podcasts do programa naqueles intres que necesitedes pracer, descanso e a agradábel sensación de que os cartos públicos tamén se empregan, por veces, en cousas de valor e de interese. Opinión compartida, por certo, por Antonio Muñoz Molina nunha entrada da súa bitácora na que fala deste mesmo programa, entre outras cousas...

1 comentário:
O podcast é o mellor invento da era moderna despois do reprodutor de mp3! A min pásame o mesmo con Radio Clásica, sempre se empeñan en programar cousas que aborrezo, e as que adoro (coma estas!) non sempre me pillan ben de horario. En xeral, teñen unha irritante tendencia cara a todo o que teña un tufillo a "español" sexa flamenco (horror), música de banda (bastante horror) ou zarzuela (horrorhorror!!!), cando todos sabemos que o estado español non deu nada decente morto Victoria! :p
Enviar um comentário