Antigamente, os periodos vacacionais eran aqueles onde máis tempo tiña para ler; agora, cun pequeno de 3 anos, é o mundo ao revés, e chegamos á situación de que neste decembro declinante dun ano malemparellado coa fortuna, non dín rematado volume ningún nos pasados 30 días. Certo é tamén que na primeira quincena andiven moi agobiado con cursos de formación, o traballo de aula e a única (e densa) materia do grado co que pelexo, xunto coas súas numerosas probas titoriais. De todos xeitos, agardemos que o ano que ven produza colleita máis xenerosa de lecturas consumadas...
*El Conde Lucanor de Don Juan Manuel
*Lenguaje matemático, conjuntos y números de Miguel Delgado e Mª José Muñoz
*Cantares Completos (3) de Ezra Pound
*Early China: A Social and Cultural History de Li Feng [E]
2 comentários:
Bo 2021, Tespis. Unha aperta ben grande. Que sexa proveitoso.
Moncho "Uberich"
Outro para ti, irmán! A ver se cando pase o andazo nos vemos!
Enviar um comentário