Aproveitando que dende aquel setembro de once anos atrás comecei a facer a listaxe dos libros que rematara nos recentes 30 (ou 31) días, aproveito as ditas listaxes para facer unha nova sección, antítese da damnatio memoriae, na que repasar o que lembro daqueles exemplares, a miña valoración estética e/ou intelectual deles o grado en que tornaron en obras influíntes da miña vida e pensamento. Fareino a través de mini reseñas que penduro na miña canle de youtube: aquí vos vai a dos primeiros catro dos oito libros cos que comezara.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
CORRIGENDA:
*Cymbeline é o nome do rei de Britania e pai de Innogen; o seu home celoso é Póstumo. Cloten é o fillastro de Cymbeline.
*A persoa que fita dende a xanela do tren non é unha muller, senón un esteta, Shimamura, que se relaciona logo coa protagonista feminina, a geisha Komako.
Enviar um comentário