Ou transliterado á escrita occidental, "Tang shi sanbai shou", é unha famosa antoloxía de arredor de trescentos poemas da dinastía Tang arrexuntada arredor de 1763 por Sun Zhu, da dinastía Qing. Dende o comezo tivo un espírito didáctico, e mediante ela, os mozos chineses introducíanse (onte e hoxe) na súa tradición poética clásica.
Ao longo dos últimos dous anos estiven a ler cada unha das entradas e a facer un vídeo con lectura e comentario na miña canle de youtube. Agora que cheguei ao derradeiro, déixovos aquí a ligazón á lista de reproducción por se fose do voso interese, anque xa vos advirto que está todo en inglés.
Sem comentários:
Enviar um comentário