As miñas azas están preparadas para o voo
Mais preferiría voltar
Pois de ter parado o tempo mortal
Mala sorte tería tido.
Gerhard Scholem, “Saúdos Anxélicos”
Hai un cadro de Klee chamado Angelus Novus. Nel está representado un anxo que mira coma se estivera a piques de distanciarse dalgo que está a ollar fixamente. Os seus ollos e a súa boca están completamente abertos, e as azas extendidas. O Anxo da Historia tamén debe de ser así. A súa face volta cara o pasado. Onde nós vemos unha cadea de acontecementos, el ve unha única catástrofe que incesantemente apila escombro sobre escombro e guíndao aos seus pés. Gustaríalle deterse 'por un instante tan fermoso' para resucitar aos mortos e xuntar de volta os anacos do que foi derruído. Mais brúa unha treboada dende o Paraíso que se enguedellou nas súas azas e que sopra tan forte que o anxo non é quen de face-las pechar. A tormenta arrástrao irresistíbelmente cara o futuro, ao que dá as costas, namentras que a morea de escombros diante del medra ate asaltar os ceos. Aquilo que chamamos progreso é esta tormenta.
Walter Benjamin (IXª das 'Teses sobre a Historia')
[o alemán aínda segue sendo asignatura pendente para mín, polo que esta traducción ven do inglés. Aqueles benaventurados que dominedes a lingua tedesca xa poderedes acceder ao orixinal, e agradecereivos calquer correción do texto que me recomendedes]
9 comentários:
NON HAI NADA QUE OBXECTAR A ESTE TEXTO NO SENSO ESTÉTICO OU (por unha vez e sen que sirva de precedente) MORAL. Grazas coma sempre seneschal ou como sexas nesta andaina nova (onde a muller de corpo xeneroso co peinador marelo con bolras?) por Benjamin. Nada hai máis acolledor que o espazo dos espectros para ver asomarse á fatalidade...
Xa direi algo máis. Algo máis concreto...
Moitas grazas por esta pequena xoia, seneschal. Nun primeiro momento fiquei abraiado pola sinxeleza, perfeccion e beleza da exposicion. Pensei que o texto era teu; poderia selo. Animo na tua fructifera teima de crear un espazo de pensamento e reflexion no pais no que os vermes posuen o papiro, o capital. Por intuicion e sen saber aleman, non creo que a tua traducion en segundo grao se distancie moito do orixinal.
Estimadísimos:
aplicareime, na transmigración de espazo, a perdurabilidade do meu título de Senescal. Malia que agora percorramos as costas de Breteña en Santa Compañía, manteño gravadas no peito as palabras que Polonio (o vellote de Shakespeare, non o noso común amigo) lle dirixía ao seu fillo: 'To thine own self be true'.
Lealdade a min mesmo que non exclúe o emprestamo de vestidos alleos. Encinto a espada e calzo o bombardino, casaco verde, perruca con ratos e título de Charles Anne Guenolé Mathieu de Crozon, Sochantre de Pontivy.
Agardo como auga de maio ese 'direi algo máis' que promete o cabaleiro de pentáculos.
Canto ao señor Baressi, agradecerlle os inmerecidos eloxios que fai chover sobor da miña modesta cabeza, que xulga benévolamente.
Unha aperta
Agora é quando se me esperta essa tendência Primitivista que tam bem conheces em mim Seneschal Kay. Qual é o preço da Tormenta? Já ves que depois de muito insistir SI che deixo um comentario. Um bico!
Algo máis había que dicir, iso era obvio. Se Paul Klee leva a cabo unha operación que Foucault denominou, en paráfrase, como abolición da relación unidireccional entre significante e significado no espazo de indeterminación do branco... entón o método alegórico-teleolóxico da hermenéutica benjaminiana remite (cultura material e coleccionismo) a unha mise en abîme.
Isto quere dicir, por exemplo, que o LP "London Calling" do grupo The Clash adquire dous significados: a) un en torno á aurificación do producto da cultura de masas no momento da emerxencia dun mercado específico que está disposto a asumir determinados presupostos da modernidade musical nas marxes da proposta estética formulada por Stravinski (pastiche); b) outro en torno á imposibilidade dun consumo intersubxectivo (a aura desaparece como determinante específico de calquera espazo de producción intelectual): a subversión pasa a ser o lugar de recepción privilexiado en puntos caracterizados por ese consumo alienante que Adorno asociaba ás formas da chamada "cultura de masas" (recórdese o factor verticalizante da comunicación propia da dialéctica mestre-alumno na modernidade advertida por Jameson).
¿Como entender entón o amor polas formas do modernismo por parte dos "comparatas" compostelanos? Agardo propostas de Baressi (de quen hai tempo que non sabía nada, a ver se me envía un e-mail, eu fíxeno pero non sei se á conta correcta de gmail), de polonius, do Seneschal (xa me tardaba ver este texto colgado da páxina... et quels amours), do sochantre...
P.S.: NON LER O TEXTO DE BENJAMIN DESDE A UNIDIRECCIONALIDADE MORAL OU AS FACILIDADES. ANGELUS NOVUS. BENJAMIN ERA UN MARXISTA, UN COLECCIONISTA E QUIZAIS UN POSMODERNO (en determinados aspectos aínda que para moitos esta afirmación será unha obviedade e para outros unha licencia irresponsable). LÉASE ANTES DE CONTESTAR.
Meu caro Galván... como dicía o Hamlet de Müller: 'o ventre dunha nai non é vía de sentido único'.
É interesante o tema que plantexas arredor das nosas filias (malia a nosa tamén aceptación de moitos dos parámetros teóricos do discurso posmoderno) coa literatura modernista. É imposíbel dar unha resposta sinxela. Seguindo a Jameson poderiamos argüir que a dominante estética desprazouse na nosa etapa cara a fotografía e arquitectura, mentres que o xénero discutíbelmente hexemónico do Modernismo era a 'Gran Novela' (Flaubert, Dostoyevsky ,Joyce, Proust). O literario está nun periodo de debilidade, e eu confío estéticamente nos elaborados productos do Modernismo.
Tamén se poderían sacar á palestra argumentos de posmodernos (cfs. Lyotard) ou non (escola de Frankfurt) que defenden o arte anterior, alén de negar a ruptura entre un periodo e outro.
Anque se teño que ser veraz, supoño que nisto pesa certo arcaísmo (chámame 'rancio') mesfistofélico que latexa en mín. Eu (ben sabes) sigo acreditando no Proxecto Ilustrado, anque acepte a problematización dos metarrelatos (non a súa destrucción), e tópome máis cómodo cun Habermas, cun Benjamin e as teorías heterodoxas do marxismo que cos moi esquerdosos (pero non marxistas) postmodernos, aos que admiro pero dos que (coma o flaneur baudelairiano) me distancio: Jencks, Baudrillard, Lyotard, Foucault e (alás!) Derrida.
É o meu daemon malvado. O outro tamén o coñeces: toma a forma do señor Bloom, anque como che recoñecera naquela lonxana, primeira conversa, que sostiveramos, eu son máis de Terry Eagleton que de Bloom.
Terry -'usted sí que sabe' que dirían Panero e os anuncios.
Bicos mil
P.S.: o meu correo agarda con impaciencia o teu contributo ao blog que me dixeches querías facer.
Espero que sobrevivamos e que as consabidas prostitutas da obra (xa sabemos interpretadas por quen) non acaben co noso tabernario espazo de diálogo intelectual.
Non renunciamos, malia todo, ó discurso posmoderno: eu, sin ir más lejos, sinto unha profunda admiración por John Ashbery. O mesmo no cinema español no que a posmodernidade non quere dicir necesariamente un discurso intelectualmente devaluado (Zulueta, Erice, "Tren de sombras" de Guerín), aínda que si sucedeu nas opcións máis publicitadas (Almodóvar).
Por outra banda, máis discolos, hai quen sendo marxistas si sentimos un grande vencello coa esquerda non adepta ó metarrelato (Foucault, Baudrillard, Derrida). Tampouco iso nos leva a desprezar as posicións netamente marxistas. (NOTA: recentes reflexións leváronme a decidir que Eagleton paréceme un pouquiño menos rancio que Jameson.)
Ah... fáltame a túa disciplina, admirado seneschal.
P.S.: Saúdos ó exiliado Baressi.
LAMENTO NON PODER PARTICIPAR NESTE DEBATE, POLO MENOS HOXE. O TRABALLO AGARDAME. ENTREVISTAS CON SIBARI E VISISTA CONXUNTA A CEMITERIOS... SO UNHA COUSA; ENVIEICHE CINCUENTA CORREOS, SIR GAWAIN, SE NON CHE CHEGARON FAIMO SABER NESTE ESPAZO DO SABER NEOFALANXISTA.
Estimado baressi:
non me chegaron máis correos teus que (o último) o teu novo número de teléfono. Estráñame que non me chegasen se os mandaches ao meu enderezo habitual.
Non te estreses co traballo, se che é posíbel. ¿Qué famosos tedes soterrados en Perugia, lo?
Unha aperta
Enviar um comentário