Saúdote, besta irmá, dende esta noite infernal
de lúa tépeda
e amo o teu odio ao que eu teño odio
e non creo que doce estracto de herbas de namorar, (...)
X.L. Méndez Ferrín, "Tito Lucrecio Caro"
Uns versos de Ferrín e unhas rosas equilibristas veñen ben como antepórtico da poesía de Xavier Patiño Loira, mozo tamén vigués, do que hoxe colamos un poema eiquí. E uns versos de Ferrín presidindo o banquete non só pola (mini)patria común dos implicados: paréceme sentir un bafo do mellor Ferrín (deste Ferrín do Tito Lucrecio Caro, ao meu entender un dos seus mellores poemas) apousentado nos poemas de Xavier. Vós diredes...
Aínda que coñecendo as reaccións pasionais que suscitou o poema de Noel, teño máis razón para sospeitar que este poema (máis cristalinamente culturalista e provocador) dará comezo ao periodo de caza, e a que nesta pequena barraca de feira cada quén colla a escopeta de balíns e se poña a disparar, na espera de conseguir o premio gordo. Mais sospeito que a nosa Lebre de Marzo ou Renard de Fox poderá esquivar as balas con gracilidade e moito humor.
De antemán pídolle desculpas ao autor por non poder respetar as tabulacións, pero este aparato de Satanás (ata onde eu sei) non as dá incluído na versión publicada. Paciencia...
Nalgures namorei de Nosferatu.
Invádeme o desexo alienador
de ser un libro póstumo.
Qué ocorre...
O axóuxere aforroulle algúns problemas ó Estado,
di Aristóteles (Πολιτικων βιβλία, VIII, 1340c).
A barca, nun océano de cinza,
naufraga como a morte nun perfume,
afirma a súa arte
destruíndome.
(De súpeto percibo noutro ritmo
a afín monstruosidade do bucólico.)
Pousou a tartaruga sobre a neve
a súa vocación de antiga ciencia
-e foi asi o meu guía mantuano
no lento decorrer
das arduas tempestades.
Escollo o vestuario para as nais
que xogan cos seus nenos asasinos
e soño que morreu en Waterloo
a derradeira e triste prostituta
que levou
un paraugas na mirada.
O tempo transformouse noutra cousa:
o cesto baixo a luz
non é xa un signo.
21 comentários:
Non te preocupes, Seneschal Kay. É certo que ós meus ollos o poema perde moito tipograficamente, pero seica sexan paranoias miñas que non impidan lelo dun xeito semellante para un outro lector. De calquera xeito fixeches todo o que podías e sabes que che agradezo moito este post. Un saúdo!
PD: Chámome Javier, non Xavier jeje...
PD2: Vaites, xa estou desenmascarado.
Tatatarararata ta ta ta tatarararara!!! Atençom! Perguntas!
1. Buscar as 7 intertextualidades incluídas no texto.
2. Quantos idiomas aparecem no anterior escrito?
3. Localice polo menos 5 palavras que empecem por "m"
4. Localice também outros tantos sustantivos
Se vossé achou todo o que se lhe pedía já tem o "crucigrama", sopa de letras e demais... resolto. Fazía falta um apartado de pasatempos neste blog!!
AVISO IMPORTANTE: Nom se moleste em localizar absolutamente nemgum contido poético (ou algo que se asemelhe). Nom merece a pena. Nom há tal. GENERO (Escrito enquadrado dentro da tendência do "rabo ergueito" que junto com a "poesía da cona" e a "barricada sem barricada" representa o melhorcinho que temos na literatura actual galega. Um intre que me corro. ohhhjjjjj. Gracinhas autocarros!. (xd).
PD. Por certo, Seneschal Kay; olvidouse-che ponher esse poema que dicias ias pôr! nom?
Um bico!
When you're smiling...
Stravinski non recibíu outra cousa que desprezo, incompresión e críticas cando estreou en París A consagración da primavera. O que lles pasaba ós bos burgueses parisinos era que se enchían de coq au vin para ver aqueles ballets rusos tan de moda nos que saía o ambigua e escandalosamente aceptable bailarín Nijinski, non estaban preparados desde o punta de vista físico, moral ou intelectual para o que lles esperaba. O mesmo sucede, mutatis mutandis, no sistema literario galego. Nin sequera Adorno (intelixentemente tendencioso e informado crítico daquel indubidablemente vendido Stravinski... máis tarde recuperado por Jameson como modelo da posmodernidade: que ironías ten a dialéctica cultural!)puido soslaiar a grandeza daquel primeiro Stravinski. A grandeza que se asocia a este é a grandeza deste poema de Javier Patiño. Unha intelixencia que non coñece a mezquindade e que aspira ás altas esferas (¡templo de claridad y hermosura!), a pesares dos acordes de Bach, aquí soa a enerxía do perigo da primeira escea de Petrushka. Por outra banda debería introducir unha nota para neófitos, Javier Patiño non é un poeta culturalista. A súa opción non se opón a outras no mesmo tempo, na mesma posición dialéctica. A escritura de Javier Patiño é (como saben os lectores de Ives Bonnefoy, Bernard Noël, Jacques Ancet, o grande manierista John Ashbery, Charles Tomlinson, Derek Wallcot ou incluso Chus Pato) a única posible hoxe porque xa nesa lonxana modernidade hoxe superada en parte (non quero enredarme nun debate entre a posición de Vattimo e a de Venturi) sabiamos que o poeta non prescinde da actitude teórica (The necessary angel, Las palabras de la tribu) e sabiamos que a escritura é unha técnica que esixe un coñecemento específico dos productos de mercado circundantes. Non quero repetirme pero é necesario dicir que non existe a poesía culturalista. Javier Patiño Loira é o único poeta posible, o mesmo que quizais o único (espero que a ninguén lle ofenda esta afirmación) poeta galego novo que hoxe está á súa altura, David Souto Alcalde. O resto non é silencio, senón que non ten razón de ser.
Querido a túa risa (non pretendo ofender a ninguén cando digo isto), a ironía non pode disfrazar as carencias lectoras. Hèlas!
Quizais o sistema literario galego non mereza poetas admirables como Javier Patiño. Son eles (Javier Patiño e David Souto) os únicos que nos ensinan a descolonizarnos de nós mesmos. (O resto, por certo, que pretendeu ou pretenda colgar o Seneschal Key carece de sentido, desde a absurda mediocridade de ese aspirante a nada que se chama Noel Blanco ata outros mencionados polo autor do blog como próximas entregas. Eles abren aire novo para o sistema literario galego e ese aire resulta dificilmente respirable para os mediocres. A ironía do cotián non ten sentido porque xa existen os tangos, a poesía da barricada nunca comprenderá a verticalidade da súa enunciación nin o lugar de mercado que lle corresponde (aínda que pretenda estar nos bares representa a mesma alienación - unha estupidez infinita - que pretende combater sen comprender), a poesía da cona representa un grao de imbecilidade tan abxecto que o comentaría se non fose perder o tempo.
Esta mensaxe podía ter sido máis breve pero non o é porque pretendía chegar a un lector específico, o que ten a seriedade (non se trata de elites, os coñecementos se adquiren e ninguén naceu aprendido, nin aínda os vigueses) de chegar ó final.
Sir Gawain
diras o que queiras, pero un poeta (ou alguén que pretende selo dun xeito ben cutre) que pon un latinajo de título é culturalista e ademais bazofia. citas é o único que vexo neste poema, e haberá moitas ocultas ás que non poida chegar a miña "estupidez infinita". fan falla poetas máis serios, que deixen de cantar masturbacions pseudoculturais e se centren na enerxía sinxela do naufraxio e esas cousas
"Dirás o que queiras", meu querido subcomandante, é un argumento bastante pobre. Eu adoito ser benévolo cos demais e non incluirei argumentos sobre o xa dito (o que se quere dar por aludido é porque quere...). NON EXISTE A MASTURBACIÓN PSEUDOCULTURAL, existen só os poetas que establecen elos con determinadas produccións do sistema e que van (poema é encontro e tránsito) cara unha transgresión do ámbito de recepción concreto. O poema é ben sinxelo para quen quere escoitalo. (Non confundamos sinxelo, como en certo modo o é Patiño Loira, con simple.)
Parécelle, monsieur subcomandante?, que as citas en latín son unha palla culturalista inaceptable. Estupendo. Debería saber entón que a súa mensaxe, en primeira instancia, está escrita nunha variedade románica filla do latín que da a casualidade de que se chama galego. Máis concretamente, direi que Charles Baudelaire escribíu un poema (é o primeiro que se me ocurre) que se chama Sed non satiata. Por suposto podo citar a Cernuda, Rilke e moitos outros, pero non é o caso.
Como non estou seguro da mensaxe do subcomandante (teño a esperanza de que sexa apócrifa) non continúo. Co dito basta.
(Este marabilloso dístico de E. P. está dedicado a Javier Patiño por propoñernos un instante de claridade que nos recorda que os poemas nos salvan da morte cando son como o que o Seneschal Key nos deixa como un lugar que na súa matriz se trascende desde a exactitude da materia: And I let down the crystal curtain/And watch the moon through the clear autumn. Os culturalistas, que non o lean.)
Aristóteles?, meu deus. Reclamando teóricos rancios, burgueses. Recoméndolle a Xavier Patiño a lectura de dous libros do que quizais é o maior téorico marxista español vivo, quizais aprenda algo. Os títulos son MARXISMO LÍTICO Y REVOLUCIÓN (por Anthropos) e MARITORNES, CARMÉN POLO Y LAS INFANTAS. POR UNA TROPOLOGÍA VAGINAL.
Un beixo.
Moza dos cafés creo que é mellor que te pases ó té porque de literatura entéraste máis ben pouco. Sen embargo recoñezo que as túas referencias bibliográficas son acertadas e apoio a súa lectura.
biquiños anche per te
sir gawain: nom lhe vou respostar aquí porque nom estou por escrever duas vezes a mesma cousa. aplíque-se o escrito ao Patiño no meu blog!!! (atuarisa.blogspot.com) Seneschal Kay; desculpa tio; pero um também tem dereito a pôr publicidade (xd) umha aperta.
por certo!!! Agora que já me fizem à ideia e compre baptizar esta nova tendência.... que preferides??? A mim góstame muito o de "grupo de rabo levantado". também me vale "poesias do rabo ergueito" ou "pìroludos al ataque". Ainda assim; debido às poucas diferenças atopadas com a poesía que eles tanto afirmam deprezar (poesía da cona (cita textual)) poderiamos ponhela fazendo duo com esta; ou seja... "poesía do tarangalho; ti pos a cona e eu o caralho" Nom está mal. A ver que opinades?
Así que este poema é como unha lista da compra xD Joder, teño que engadilo á lista de críticas, é das mellores. É o que ten ser un "poeta atroz".
Querido atuarisa,
como a min tampouco me gusta escribir dúas veces aplico novamente eu tamén o que escribín no teu blog. O da fixación cos termos fálicos non é coña, ti verás o que fas.
Reitero a oferta á atuarisa que acabo de facer no blog de Manolo. ¿Quere vostede que lle explique pormenorizadamente cales son os nunca calibrables valores do poema de Javier Patiño ó inserirse na nosa cultura, que non é unha cultura pechada como parece vostede pensar senón unha plataforma dende a cal falar con outras culturas e coa propia?
En serio, filliño, si che apetece fagoo encantado pero comprometete a respostar cun mínimo de seriedade.
Unha aperta
Non sei porque os meus comentarios non se ven. Remítovos ó numero 26 sobre o poema de Noel
david souto: estarei encantado! Como dim nos foros; prometo contestar! (xd). Nom; em serio. Que conste que teño curiosidade polo asunto! Saudos
Ben, os Novísimos escribían algo semellante. Un pouco caduco si que é. Nada fresco, pero pode que dea uns bos froitos.
Estou dacordo que xa vale de poesía na trincheira... pero ¿e qué acaso a ninguén lle preocupa o que o resto do mundo?: a vida, contar en poemas a marabilla de vivir.
Agardo que algún día poida ler un poema en galego, dun autor en galego, co mesmo placer que o fago lendo a Jorge de Sena, Nuno Judice, Claudio Rodríguez ou Keats e esquecerme en cal lingua foron escritos.
Un Saúdo, e moita poesía. A min estes "retordijones teoricos me aturullan".
Grosso modo, podo suscribir a última entrada (el barrio del prodigio). Anque se asuma que os antigos modelos e etapas da historia literaria están periclitados, é inevitabel ter certa sensación de que un momento equivalente á subversión revolucionaria dos Novísimos non aniñou por estes lares.
E anque sexa tópico, permítome suxerir algúns autores galegos que se poden ler con enorme pracer esquecéndose da língua en que foron escritos: Cunqueiro, Otero Pedrayo, Manuel Antonio, Blanco Amor e Ferrín.
Merci por me convidar ao castelo, Seneschal. Para min é un dos mellores textos do poemario de Polonius, como xa lle dixera. Q a min non me lembra ao Ferrín da cita, máis ben ao de O Outro, digamos máis ben á última poesía ferriniana.
Q Gawain, Polonius e David Souto sexan os únicos poetas posíbeis é unha provocación do máis enternecedora, por non acusar aos comentarios de sir gawain de matonismo.
xa xustifico a miña irregularidade nos comentarios, pero non sempre q queira poderei andar por aquí.
Bks for you all
Sempre que te queiras pasar, serás benvida. E anque estés coma Montesinos, catando 'París la ciudad / cata las aguas de Duero / do van a dar en la mar / cata palacios del rey', seguro que podes arrincar de cando en vez un chisco do teu tempo para teletransportarte, negramanta, -voce na néboa- ata estas pedras vellas. Despois de todo, a Fada Morgana ten poderes especiais...
E despois de todo, é a que ilumina o episodio de Gawain e o Cabaleiro Verde.
Ben Gay,
imos, un desastre.
Creo que con tipos coma ti pulando polo libros é mellor cambiar de país. O, meu deus. Creo que aínda che queda moito que ler, ou polo menos que entender.
Saúde, e que che sexa leve.
Que lle imos facer, haberá que buscar a poesia por outros blogs.
Sorte, home. Poesía como a que ti queres de seguro que a encontrarás a mancheas.
Non dubido que me queda moitísimo por ler. ¿A alguén non?
Canto ao de cambiar de país, seguro que tes moito entre o que escoller. Sorte con iso tamén.
Simplemente non podo deixar de sorprederme por tanto bombo e platillo que se fai por estes catro rapaces tanto para ben como para mal, creo que é mais ben un insulto a decencia pensar que é un problema importante o futuro da poesia galega, se alguen se considera de esquerdas e só quero lembrar que tamen existe unha esquerda non-autoritaria: igualdade, liberdade e fraternidade. Hai alguen de por aqui que recorde estas cousas e os seus futuros desenvolvimentos? Cando hai rexions en latinoamerica que gañan menos de un euro ao dia para toda unha familia e os nenos sofren de desnutrición cronica, resulta un insulto a intelixencia pensar que o suposto bo-gusto dunha minoria occidental pequeno burguesa ten algo que ver co mundo real. Vivimos nun mundo de onanistas, por iso as veces me parece que os mellores poetas deste novo seculo son as brigadas Ezzedine Al Qasam que levan mellor que ninguen a poesia a vida.
Enviar um comentário