domingo, julho 10, 2005

Revista das Letras

Eis o exemplar do que falaba na entrada anterior. Aqueles que non teñades acceso ao texto impreso podédelo consultar aquí na rede.
Unha aperta.

25 comentários:

la signora senza camelie disse...

OS AUTORES DO ESPECIAL DA REVISTA DAS LETRAS SON OS MESMOS QUE METERON A ENTRADA DE FALANGE NO FORO DE POESÍA NOVA DE VIEIROS.
RESULTA OBVIO QUE TANTO O GRUPO DE POETAS NOVOS COMO OS FALANXISTAS ESTÁN FINANCIADOS POLO MESMO FUNCIONARIO DO DEPARTAMENTO DE ESTADO QUE LLE PAGOU (cheques e sobres con dólares en rúas neblinosas entre parágrafo e parágrafo da redacción da Philosophie der neuen Musik) A ADORNO POR ESCRIBIR OS Minima Moralia.

Rafael Viñó disse...

Veñño de ler a Revista das Letras. A verdede é que ten máis pó enriba todo isto que a saia de Rosalia de Castro.... En fin, coma sempre a selección de poemas é breve, asi que destaca a súa precariedade: ideas difusas, tatexos prosódicos, vago culturalismo - moi por debaixo do que pregoa o manifesto, que fica nun peidiño inflamado coa chama dun chisqueiro. Non pretendo ser irónico, nen crítico. Haberá que agardar a ver como maduran os froitos... A min chámame a atención que os olvidedes de dous grandes poetas - moi na vosa liña- dos 80 ( olvido xeralizado): Eusebio Lorenzo Baleiron, finado ós 25 anos e cun bo fardo de poemas; e Paulino Vázquez Vázquez... Na nosa literatura, como reza o manifesto, non se fai xustiza xos bos escritores, nunca. E vos, semella que seguides a mesma liña. ¿Pexegueiro? ¿Ferrín? . A criba é paupérrima.

Iso, eu seguireivos por ver como remata isto dos comparatistas. Douvos moitos folgos, e desexovos bos poemas.

E predicar co exemplo.

Law is the wisdom of the old,
the impotent grandfathers feebly scold;
the grandchildern put out a treble tongue,
law is the sensas of the young.

seneschalkay disse...

Estimado Señor dos Chocos:
Vexo felizmente a túa afición por Auden, cousa que compartirás, nolens volens, con Mourelle. Eis unha ponte en común (mellor erguer pontes que queimar naves, anque o segundo sempre queda máis bonito).
Faime gracia o teu inconfundíbel estilo, que sempre consegue mesturar o máis elevado co máis choqueiro. ¿Peidos incendiados? Certamente venme á mente a banda deseñada de 'Ortega & Pacheco' (a miña favorita do 'Jueves', mais eu recoñezo o meu sentido do humor procaz), e sospeito que fan malas migas co poeta inglés.
Canto aos dous poetas que mencionas, no creo que sexan ignorados por estos rapaces que publican. Certamente eu gardo o que teño de Eusebio como ouro en pano. 'A experiencia inglesa' tampouco está mal (máis aínda no contexto das nosas letras). Nembargantes, querido, permite denunciar a túa lixeirísima hipocresía (ou curioso e alternante gusto, que todo pode ser). Teño entendido que facías antes defensas 'bravado' das poetas dos noventa. E quitando algunhas que nunca nos cansamos de repetir...
Anque quizaves o problema sexa noso. No especial da 'Revista das Letras' que acaba de saír temos un monográfico 'Lupe Gomez'. E parece que o meu sacrosanto Outeiriño tamén fala ben desa autora. Pois que me asen se son capaz de verlle o arte e o métier ás súas propostas...
Agradécense os bos desexos. Como ben saberás, 'as nosas maletas xa están embarcadas' (pronunciar coa cabeza gacha e botando a man por riba da calva).
Unha aperta

Sir Gawain disse...

Querido Seneschal,

non sabía o do especial desta semana. Non todo pode ser intelixencia e talento, hai que variar non sexa que nos vaia mal ós que pretendemos ler algo digno. A criba será paupérrima aínda que se agradece o paternalismo das valoracións finais, non esperaba que a proposta da RL cundise entre admiradores de Paulino Vázquez (lamento discrepar, bravo seneschal, da túa valoración con respecto do volume ó que aludes que a min me parece só un pouco menos malo que os anteriores e obvios pastiches ferrinianos). Compártese o amor por Auden aínda que seguramente as nosas razóns diverxen. (No meu caso trátase dunha posibilidade de dicción, da última posibilidade de dicción anterior á dislocación estructural que abríu Stevens. Gustaríame saber que opina monsieur Viñó do poeta oxoniano...)

Para un discutible canon dos oitenta: Nadador/Eclipse (X. Rodríguez Baixeras), Poesía última de amor e enfermidade (Lois Pereiro) e Luz do mediodía (Ramiro Fonte). (Enténdase que Chus Pato, Helena de Carlos e Arturo Casas - tres poetas extraordinarios, cadaquén cos seus valores - son desclasados desde o punto de vista xeracional, polo menos para quen escribe.)

¿Por que non un canon da literatura galega en forma de enquisa nesta páxina como divertimento do verán?

Bacci.

P. S.: Seneschal, o do humor ortegaypachequil, están pasando un filme de Louis de Funes pola TVG, espero que o esteas vendo!!!

P. P. S.: NON SEXAMOS NOSTÁLXICOS, MEU QUERIDO SENESCHAL: Bless what there is for being.

riseiro disse...

Seneschal: polo que me tenho enteirado; coido que estás trabucado no referente à autoría do comentario dous desta túa entrada!! Seino da propia pessoa a quem coido que acusas!

Rafael Viñó disse...

Logo, quen veño sendo, señor Oráculo?

Non sei, creo que algo de fachenda tedes. E non me gusta moito, a verdade. Pero ben, unha cousa é a obra e outra ben distinta o carácter.

Rafael Viñó disse...

Acabo de recordar un poema:

I advocate a semi-revolution.
The trouble with a total revolution
(ASk any reputable Rosicrucian)
Is that it brings the same class up on top.
Executives of skillfull execution
Will therefore plan to go halfway and top.
Yes, revolutions are the only salves,
BUt they are one thing that should be done by halves.

O camiño é moi longo, e a borrada só se usa cos inimigos perigosos.
Un augusto saúdo de téntaculos, miña ameixa.

seneschalkay disse...

Ams... anque guste de Robert Frost, non podería estar máis lonxe das súas posturas... Aqueles poemas para conmemorar a entrada de Kennedy... ¡vaia por deus! Anque sexa peor poeta, quédome mellor no outro lado do mar, con Nicolás Guillén e o Comandante.
(buffff..., sei que os meus compañeiros me van a asasinar, e con razón, por isto.. xD Ten piedade, Sir Gawain, pero o reverso tenebroso pode sobre mín ás veces. Esa estética chequista, esa ola de camaradaxe...).
Porque eu só creo na revolución radical (radix- atacar os problemas na raiceira)en todo: no político e no literario. Posto a escoller poeta aúlico que cante as virtudes do poder, que sexa Maiakovsky (anque é ben sabido que despois teremos que pegarnos un tiro na sen ou rematar en Siberia con billete de ida; a escoller). Parafraseando ao de Avon, a nosa literatura 'is out of joint. O cursed spite, That ever was I born to set it right'. Anque a min a tarefa me sente algo grande, confío nos compañeiros e nas 'escollas radicais'.

silvia disse...

Con relación a ese grupo de poetas da facultade de filoloxía de Compostela, cuxa figura máis salientada é ese tal Noel Blanco, pareceme especiamente desafortunado e perigoso esa defensa subrepticia da mesoxinia e a exaltación dun elitismo culturalista que non supera o atomismo, propio de adolescentes con serios problemas dixestivos e afogados nun narcisismo e soberbia que teñen moi pouco que ver co respeito a outridade, o non-colonizábel, o non-controlábel. Con estas lacras non sei moi ben cómo pretenden modificar as estructuras socio-económicas, se realmente existe esa pretensión. A pesar de todo isto, resúltame toda esa chulería e mesianismo de 21 anos moi simpático, case cómico, incluso diría que enternecedor. Simplemente espero que debaixo de todo ese fume algún día poidamos ver algo máis que leña verde.
Por outra banda, concordo plenamente polo seu gusto por Chus Pato e Alfonso Pexegueiro, xunto coa admiración por Celan e tamén me sumo á crítica dos premios literarios debido á endogamia que normalmente encerran e paralizan o sistema literario, non quedándolle outra opción a/os poetas nova/os que empregar os blogs. Hai pouco descubrín un no que aparecen propostas poéticas máis interesantes e que merece a pena visitalo. É o seguinte: http://radicalismo-gz.blogspot.com/

Rafael Viñó disse...

Ben, arturiño, ficarei a espreita. A ver que sae de todo isto. Non practiquedes a inmolación, nen.

Lemonos.

Florisea disse...

Oh, Silvia, Silvia... rimembri ancora? Estou completamente en sintonía coa opinión que expresas con respecto a ese absurdo e infame poeta que é Noel Blanco (no dos problemas dixestivos xa non che podo dicir, aínda que quizais poidan adiviñarse trastornos parellos ós de Ignatius Reilly, he, he). Coido tamén que a súa posición de adolescente de fatuo elitarismo resulta imbécil... pero, ¿por que perigosa? ¿Que pretende máis ca un obxecto?

Sir Gawain disse...

Ah, meu querido seneschal, xa sabes que non me importan as túas pequenas saídas pola tanxente do metarrelato. As acepto como pequenas infidelidades, mellor iso que as "apertas nocturnas" (perdoa, perdoa, xa sei que prometín que nunca ía voltar con iso pero non o puíden evitar , a próxima vez que nos vexamos en Compostela, pago unha).

Non considero inimigo perigoso a ninguén, bicos para todos.

A misoxinia é, por certo, un lugar común productivo (Baudelaire, D'Annunzio... ¡Lacan!) como a descriptio puellae (o exemplo é aposta, claro) ou o resto que se poden mirar en manuais de retórica, no Curtius, etc. A súa lectura pode ser tan transversal como a que fai Baudrillard da dialéctica de xénero na historia da civilización occidental previa á revolución sexual (sexa o que sexa tal cousa na discurso sociolóxico). (O valor da provocación pode responder á lóxica da inversión: ¿non si?)

Aínda así, poden compartirse algunhas cousas.

(Supoño que o de citar a Baudrillard será de antigos ou de traidores, son un heterodoxo/vendido e podo facer da miña capa "un sayo", é o único privilexio que teño. Hèlas!)

P. S.: Aviso para todos os interesados polo carnavalesco bakhtiniano: acaba de saír unha colección de deuvedés de Bud Spencer e Terence Hill (primeira entrega: "...Y en Nochebuena se armó el Belén" e "Le llamaban Trinidad"/11.95 euros; próxima entrega: "Le seguían llamando Trinidad"; as grandes oportunidades non deben perderse).

seneschalkay disse...

Imos a ver...
Tomo nota das pelis de Terence e Bud, anque xa me baixou case 'En Nochebuena, se armó el belén'. A ver se ao rematar o verán teño algo adiantado no tema...
Canto aos comentarios de Silvia, é música xa anticuada que ten tocado frecuentemente nos meus oídos. Acudimos a argumentos 'morais' para xulgar a escritores (¿porqué non cos médicos, os abogados ou os albaneis?). O argumento da 'criada de Marx' soe dar moitísimo xogo entre os que se cren bos e xenerosos...
Polo ton insufriblemente paternalista da entrada, ¿debemos supoñer que terás xa uns trinta e moitos anos, ou que a túa precoz madurez che sitúa alén dos dardos e frechas da altraxante fortuna?
Canto ás estructuras socio-económicas, creo ter repetido ata a saciedade (non sei se aquí ou noutros foros) que iso sería patrimonio da política, non da literatura. Aquel que crea o contrario ou é un inxenuo que se autoengana (coma o Brecht que cría que facían enormes contribucións ao antifeixismo cos seus textos) ou é simplemente tonto. A min, como individuo e militante de organizacións políticas, sí pode interesarme superar certas eivas socio-económicas. Mais iso non ven ao caso do que estamos a falar...
Contodo, son persoa que sempre procura tender pontes antes que queimar naves. Alédome de ver que outras persoas, aparte de nós (un atópase con tales cousas que xa ata non sabe qué crer) tamén respeta a certas figuras e recela da endogamia sectaria e autocompracente dos premios do noso sistema literario.
Saúdos para todos.

P.S.: ese blog que se recomendaba leva moito tempo sen actualizarse. Polo que vexo, xa me imaxino quenes poden ser os que o montaron. Saúdos para Mario, rapaz ao que estimo moito e que xa ten colaborado na nosa (case extinta) caramuxa (de feito, creo que hai un texto del no número que leva meses no prelo).

Anônimo disse...

A miña opinión ven dada simplemente polo 'manifesto' que saiu publicado, xunto cunha leitura dos escasos poemas que aparecen a seguir, non sei quen sodes, agora xa si polas fotos e pola actitude que tendes nos foros, mais non frecuento Compostela, ainda que siga con interese as novas e vellas propostas. Tamén pode ser que por ser muller non vos entenda. A estas alturas da historia quén sabe.

Creo que é interesante e ma´si honesta a aportación de Samuel Solleiro -que por certo tamén ten 20 anos- nun dos seus artigos do cartafol e co que concordo plenamente:

En realidade a creación artística non é nada tan especial para esixirlles aos artistas a (tan necesaria) militancia na estrema esquerda que non lles esiximos aos técnicos que nos arranxan a lavadora. E é tan doado escreber. Hai unha alegoría entre os científicos sociais que explica a diferenza entre intelectuais comprometidos e implicados mediante os ovos fritidos con chourizo: a galiña comprométese. O porco implícase.

En realidade o odio que sinto polo panfleto síntoo tamén polo esteticismo formalista que comeza a imperar unha vez máis entre nós. Non se pode obviar a importancia da militancia política na vida, nas vidas. Joseba Sarrionandia non escrebeu só poemas sobre a viaxe. Gañáronse guerras que non se soñaban. Se a alguén lle molesta que a poesía galega hoxe cheire a menstruación é o seu problema. Bendita sexa.

Porque a estética non é máis ca unha morea de valores etnocéntricos e música clásica. A única fermosura que recoñezo é a que achega a sensibilidade, veña de onde veña. Esta é a consigna.

aqui aparece o artigo enteiro, non ten desperdicio:

http://www.vieiros.com/publicacions/opinion.php?id=43180&Ed=38

seneschalkay disse...

Psche...
Non sei se tiveches oportunidade de ler os textos de Samuel. Eu teño lido un libriño de relatos que publicou en 'Xerais' (Elexias a Deus e ao Demo) que tiña moitas irregularidades na calidade deses contos, anque estaba ben para un rapaz tan novo. Certa xente en filoloxía exaltábame ata os ceos a súa calidade e sensibilidade poética; do que lle lín deste (algúns poemas que me pasaron e o que publicou nunha das caramuxas), pois máis do mesmo. Non está mal, pero non cumpre as expectativas que che venden. Se ao que te refires é á súa reflexión teórica nese artigo de Vieiros, pois creo que é moi superable, anque concorde con algunhas das ideas que plantexa. No seu contexto (artigo electrónico) e para o seu público receptor, non está mal.

Anônimo disse...

E esa concepción da sensibilidade que propugnas non é un valor etnocéntrico? é máis, non é un valor pseudoromántico exportado ata o insufrible alén do seu espectro de irradiación?

seneschalkay disse...

¿Cal é esa concepción de sensibilidade dis que propugno? Creo que liches e respostaches rápido de máis o post anterior. De sensibilidade e da calidade de Samuel téñenme falado persoas de filoloxía (o que non quere dicir que eu comparta eses conceptos).
Canto ao que é ou deixa de ser un valor etnocéntrico, poderíamos falar moito. En todo caso, son algo escéptico cos universais.
Dubido moito que se poida adscribir a calquera dos meus conceptos un valor pseudorromántico, pero discutímolo cando queiras. 'Cosas veredes, Sancho...'.

polonius disse...

pero senescal, a miña resposta ía dirixida ó usuario anónimo da entrada anterior á túa... pensei que era obvio porque tal como dis non encaixa co que ti escribiches. Un saúdo e sinto non ter aclarado o destinatario da miña réplica

seneschalkay disse...

Ams...... xD
Pois a verdade, non me tiña moito sentido esa crítica, certo; e non encaixa, tes razón. Pero o título de anónimo fai pensar na continuación...
Fun eu o que lin de menos. Mea culpa...
xD

polonius disse...

Jeje... e en fin, se anónimo di que somos música clásica, esa sensibilidade de baratillo elevada a deusa idolátrica tamén o é, pero xa de ser música clásica prefiro ser Debussy ou Ravel e non Lizst ou Bruckner.

Sir Gawain disse...

Polonius, o que pasa é que ti non entendes a sensibilidá... (Seguir dicindo a estas alturas que os fundamentos da lectura deben ser as circunstancias productivas e a dialéctica de mercado específica do producto catalogado como poético pola institución semella case explicarlle as bondades de Bartók a unha fan de Ricky Martin.) É o que che ten ser un misóxino e reaccionario. Xa sabes que hai máis cousas no ceo e na terra das que a nosa filosofía... bah, todos nos sabemos o resto.

(Estou escoitando as Goldberg, definitivamente non teño salvación.)

O do etnocentrismo será prontamente contestado e remitimos a próximas entregas. Quizais o que sucede é que ata o de agora o que houbo no sistema literario galego foron espellos trucados. A outridade, queridos amigos e amigas, aínda chega agora.

Non lin o escrito de Solleiro e non podo entrar a opinar sobre o mesmo. Fágome eco das amistosas apertas que o padre padrone desta casa común lle envía a Mario Regueira.

bacci


P. S.: Dúas notas entre nous: a) querido polonius, martillo de herejes, sorpréndeme que non notes a vulgaridade mental que se agocha tras a categoría "honestidade" (non menor da que notabas na "sensibilidade", non nos abandoan os esencialismos do tipo criada de Marx e as cualificacións dirixidas - ideal e teleoloxicamente - cara o ensalzamento dos bos e xenerosos aínda que non sexa o interese de usuario anónimo); b) non quero deixar de recomendar ós usuari@s deste espazo único de atmosfera respirable o filme de Ingmar Bergman "Unha lección de amor" [En lektion i karlek] (1954) protagonizado polos marabillosos Gunnar Björnstrand e Eva Dahlbeck (da que levo namorado desque a vin en Sommartens Leende).

P. P. S.: Queridos polonius e seneschal, non todo o mundo pode compartir o bo gusto en música. Propoño un debate de verán sobre freakismos musicais (eu soltaría en principio para un canon o Theatre of voices de Cage, La voix humaine de Poulenc e, algo canónico, as Suites italianas de Bach).

luis disse...

Bom, sou um neófitos nestas lides, e leio pouca literatura galega (porque não moro na Galiza e é-me difícil conseguir os livros). Aliás, sou um lusista convicto, e devo reconhecer que há expressões na norma oficial que me soam mal de por si. Culpa minha, reconheço, mas é que acredito que o grau de formalização da língua em que se escreve é definitório para valorizar correctamente um texto literário. Quer isto dizer que ao que dizia o Suso de que "unha cousa é a poesía e outra un catálogo de "voces e frases enxebres" não posso estar mais dacordo (doutro ponto de vista, sem dúvida, mas estou). De facto, no meu breve percurso pelas letras galegas foi a ideia que tirei. "Poesia de dicionário" dizia um amigo meu. Sou também um admirador de Roseltz, apesar de que, por deformação ideológica, o número de castelhanismos presente que chie constantemente nos ouvidos.

luis disse...

Toda vez que se faz distinção entre erudito e popular, estabelece-se uma terrível confusão. Do ponto de vista da criatividade, não existe essa distinção. Isso não quer dizer que o intelectual deve fugir à sua responsabilidade e negar a informação que tem. Creio que nossa arquitetura atual se beneficiou e se informou com o movimento chamado moderno. Mas tem traços peculiares de uma capacidade inventiva que corresponde às necessidades de nosso País. Essas necessidades influenciam da mesma forma a arte popular. E se examinarmos a questão por um outro ângulo, verificamos que a produção erudita de certos artistas como Picasso ou Volpi, também se populariza

onanista disse...

Simplemente non podo deixar de sorprederme por tanto bombo e platillo que se fai por estes catro rapaces tanto para ben como para mal, creo que é mais ben un insulto a decencia pensar que é un problema importante o futuro da poesia galega, se alguen se considera de esquerdas e só quero lembrar que tamen existe unha esquerda non-autoritaria: igualdade, liberdade e fraternidade. Hai alguen de por aqui que recorde estas cousas e os seus futuros desenvolvimentos? Cando hai rexions en latinoamerica que gañan menos de un euro ao dia para toda unha familia e os nenos sofren de desnutrición cronica, resulta un insulto a intelixencia pensar que o suposto bo-gusto dunha minoria occidental pequeno burguesa ten algo que ver co mundo real. Vivimos nun mundo de onanistas, por iso as veces me parece que os mellores poetas deste novo seculo son as brigadas Ezzedine Al Qasam que levan mellor que ninguen a poesia a vida.

seneschalkay disse...

Estupendo, meu vello. Nese caso, recoméndoche que renuncies á escrita (se é que escrebes) e de paso aos teus privilexios de occidental, collas o fusil e lisques para lacandona.
¿Sóache Frank Delgado? Ten unha canción que che acaecería...
'A ti lo que te pasa / es que te queda chiquito / el término 'progresista'...'
Non hai nada que facer. Os ex-guerrilleiros son vacas sagradas, e preséntanse ás eleccións...