sábado, setembro 24, 2005

Eusebio Lorenzo Baleirón

Now cracks a noble heart. Good night, sweet prince,
And flights of angels sing thee to thy rest.
Shakespeare - Hamlet
Queríamos hoxe dende esta bitácora facerlle unha pequena homenaxe á voz ferida de Eusebio, tráxicamente truncada no final dunha singradura de tres libros e unha vida intensa. A mellor poesía dos oitenta que, de ter seguido, tería dado lugar ao discutíbelmente mellor poeta da literatura galega.
Non che esquencemos.
FINAL
"E poi ch´a riguardare oltre mi diedi,
vidi genti alla riva d´un gran fiume"
Inferno. III, 70-71

Ao entregar os anos a esa treva
deterei-me na ourela deste rio
por onde as barcas pasan cara á morte.
Anos que son palabras advertindo
a estraña condición que me acompaña.
Por este corazón anugallado
que me fala da morte eu son apenas.
A sombra deixará ver sobre a folla
morta que quede morta no meu paso
outra sombra que son e agora teño.



11 comentários:

Anónimo disse...

Vexo que a calidade dos poetas que vas escolmando vai in crescendo. Tamén eu penso que Lorenzo Baleirón é o mellor poeta dos oitenta, e tiña todos os números para ser o mellor poeta actual.

Ramón

Nicomedes disse...

"Ouhhh, musas do Caurel, emancipade a Baco na literatura galega", coma dicìa en dialecto inglés o xenial John O'Fearney. Eu tamén penso que Baleiron é do mellor do seu tempo e da sua xeracion. Sen embargo non son tan optimista coma vos, pois paréeceme un epìgono moi epìigono dunha das correntes mais asentadas e coma se ve neste caso, fosilizadas, da literatura occidental. Quizais de ter seguido escribindo chegase a dar productos verdadeiramente interesantes. Malia todo non son amigo das hipòoteses e o mellor poeta dos oitenta a dìa de hoxe, nada despreciable e con algun libro màis que iluminador que reactualiza a tradicion na que se insire é Baixeras, incluso por riba, sò un pouquinho por riba, de Ramiro Fonte. Un saudo para todos en especial para o can, o gardian do pazo de Trasalba que moi liado debe andar tomando cafe con galegas emigradas a Inglaterra (por ponher un caso) cando non actualiza este blog.

Sir Gawain disse...

Concordo palabra por palabra co dito por monsieur Nicomedes. E me sumo a sua pregunta: onde esta o dono do pazo que nin actualiza o blog nin contesta os correos? (Esta cobrando as suas substanciosas rentas quizais?)

Anónimo disse...

menuda comedura de pirola

Sir Gawain disse...

Message Personnel:

Querido Seneschal, so espero que a tua continuada incomparecencia non se deba a nada grave. Espero novas polo correo ou polo blog.


Un saudo,

N.

FraVernero disse...

Ams...
estimado público e amigos: estou vivo. O caso é que coa adaptación ao novo curso, a falta de internet, a matrícula, a actividade lectora e deportiva... Deixei isto de man uns días.
Prometo respostas e actualización inmediatas.
Bicos mil.

nicomedes disse...

Por certo, en caso de facer hipoteses ocòrreseme que o tristemente defunto ilustre que optaria a ser o mellor poeta en lingua galega desta xeracion é o perigosamente reclamado por todos e non lido case por ningun cun chisco de decencia, Lois Pereiro.

Sir Gawain disse...

Probablemente Nicomedes tenha razon pese a que Lois Pereiro non era un poeta perfecto (nin probablemente pretendese selo). Explico que non me refiro a cousa vivencial pola que a todo o mundo lle encanta subirse o carro do mausoleo de Lois Pereiro (quen polo demais foi o mais culturalista de todos os poetas culturalistas que houbo nesa cousa sen aire non denso e fatal sequera para o ollo dunha agulla que alguns chaman sistema literario galego). Non me valen Mandelstam, Brodski ou Celan. Os problemas de lectura de Pereiro esixirian falar non da palabra latexante, da contracultura e todas esas parvadas que a alguns lles fan pensar que son menos carcas (por exemplo os grandes poetas da resistencia e a quen lle gusta vestirse de cousas raras ser epatante cando a sua modernidade era xa antiga, creo que xa dixen isto noutra ocasion, cando Los Bravos rodaron Los chicos con las chicas). O unico que me separa de Pereiro son autoindulxencias de escritura que non venhen pola via do autobiografismo (que polo demais tampouco me preocupa excesivamente, polo menos non o suficiente para comentalo aqui, onde non corresponde, porque o corazon de cada un de nos e o seu, parafrasando e dandolle a volta a tan trillada e topica cita do Werther) nin exactamente da tecnica sempre mais elaborada do que parece, senon das suas filiacions bernhardianas. Non e o mesmo que Eliot mesture fabas con patacas en The Waste Land... non univocidade do artefacto senon orientacion cara a dinamitacion de toda fin e concepto de significado univoco (voz/suxeito non plurais)...

Quen podia entender xa entendeu, se alguen recolle esta luva estarei mais que satisfeito de ampliar os meus comentarios.

O libro mais revolucionario e mais arriscado da chamada xeracion dos oitenta e, penso, "Eclipse" de Xavier Rodriguez Baixeras. Se alguen inquire tamen podo ampliar informacion (ainda que non creo que puidera facelo mellor do que o faria Nicomedes).

Sobre Baleiron non digo mais porque xa estaba todo dito na primeira mensaxe de Nicomedes.


Apertas e bicos...

FraVernero disse...

Boas, parroquians.
Teño que confesar un lixeiro desconcerto que supoño que dará para debatir, dada a abertura que tanto Nicómedes como o cabaleiro verde deixaron abertas arredor de Baixeras. Quizaves teña que lerlle máis cousas, pero a min dende logo non me parece o mellor poeta dos 80 nen de lonxe. A liña está moito máis nos citados Eusebio, Ramiro e Lois. Inquirimos sobre o 'Eclipse' e o sonetista con interese: ¿cales son os elementos que lle otorgan tan alto aprezo no voso gusto?
Certamente, hai moito apropiación pouco seria de Pereiro (alomenos, dende o meu ponto de vista; é moi doado quedarse coa estampa maldita e existencial, en efecto), pero aí están os textos para quen queira lelos con algo de rigor, intelecto e decencia (as tres cualidades escasísimas no patético -the wasteland- panorama dos lectores e escritores en galego, novos e vellos (dende a moralla 'progre' aos mandaríns de instituto). Pero os misreadings son unah constante sempre, e contra iso non se pode loitar...
Dúas vías, paréceme, quédannos abertas para discutir. Pereiro e Baixeras...

Nicasia Arrabada disse...

Serei moi breve, pois coma lle dicia "Davis" a Maria del Bazan; "tenho que marchar". Efectivamente tamen eu creo, coma xa dixen, que Baixeras è o mellor poeta da xeracion dos oitenta, o que equivale a dicir que por desgraza è un dos mellores da literatura galega. Por que?, nos pregunta o desaparecido fray vernero. Direi que as pistas ofrècenolas sir gawain cando fala dos inconvintes de Lois Pereiro. A diferencia de case todos os poetas dos oitenta (exceptuamndo a Fonte e quizais a Valcarcel, quen tecnicamente xa queda moi afastado destes dous a nivel cualitativo)Baixeiras ten boas lentes de contacto e vai moito màis alà nas suas propostas, malia partir do mesmo lugar que os seus companheiros de xeracion. O biografismo de Pereiro è substituìdo por un sutil xogo de ironias con respecto à propia vida e à relacion da vida coa literatura acadando unha das maximas cotas en Eclipse. Este libro, do mesmo xeito que Pereiro pero a traves dunha escolla non tan distinta do que parece, esta atravesado por unha serie de polas canonizadas dunha tradicion xa canonizada que Baixeras volve a tecer. Isto è, si en Baleiron atopamos moito Petrarca baixo os versos en Baixeras atopamos a un poeta que se serve de Petrarca e doutras figuras para elaborar un producto propio, que cuestiona e revaloriza as suas fontes a traves de lizgairos xogos de ironìa que operan a moitos niveis, un deles o do propio autobiografismo que tamèn se ve reinventado. A proposito disto non desmerecen gran parte das prosas de Eclipse ou partes de Nadador. Por outra banda temos na prosa poètica outra pista, no màis lìrico e pretendidamente autobiogràafico dos subxeneros poèticos occidentais. De feito, que o texto que abra esta tradicion entre nòs sexa un das caracteristicas de Le Spleen de Paris permìtenos comprender moitas cousas con respecto a como evoluciona o xènero e polo tanto a valorar mais uns productos que outros. (Quen estea pensando onde atopar un exemplo do que non se debe facer no eido das prosas poèticas pode acudir a calqueira das moitas que infestan sobre todo os primeiros libros de Fernàn Vello; lirismo gratuito, sobreabundancia..., mnoi pouca reflexion acerca da propia significacion e valor da prosa poètica.... Pero volvendo a Baixeras debemos dicir que o defendemos pola experimentacion formal que agochan os seus textos que, quizais sin parecelo, agrupan varias das mais recentes tendencias da nosa tradicion (as mais canonizadas, è certo); intertextualidade case sempre implìcita, biografismo e autobiografismo, corrente de conciencia, experimentacion rìtmica... e così via. Non estou a dicir, evidentemente, que Baixeras sexa un xenio pero por moi mal que soe isto estamos en Galicia... e xa se sabe...De todos os xeitos o autor de Eclipse serìa un poeta notable (coa ùltima parte da sùa produccion)en calqueira sistema literario. O de Lois Pereiro xa è outro tema, comparto as obxecions de sir Gawain. Malia compartir os mesmo intereses que todos os dos oitenta o seu caminho era diverso e si que podo afirmar que no seu tempo, cos seus primeiros libros era o mellor con diferencia dos 80, grupo que por outra banda (e menos mal!) foi aprendendo algo coas anos. Un saùdo,

Nicasia Arrabada

P. D. Por certo, xa que falamos de mellores e peores (e si, xa me sei todas as teses de Bourdieu acerca da nociòn de calidade... simplemente me refiro a autores esteticamente màis ou menos arriscados)creo que deberiamos inciar un debate acerca da existencia ou non de grandes figuras en Galicia. Coido que serìa moi interesante porque intùo que sairìa unha listinha de dous ou tres nomes que quizais a alguen se lle ocurrise cuestionar. Polo demais, desculpas por esta ortografia sen tildes e sen a enhe patria (?) que me imponhen os teclados da Peninsula Italica

Sir Gawain disse...

Prometo na minha proxima entrada sumarme dun xeito contundente para secundar a linha de madmoiselle arrabada: hoxe so unha reflexion. Teria sido distinta (mais lucida, mais informada?) a vision de Ramon Pinheiro (a ortografia coa que me vexo obrigado a escribir o nome ten moito chiste, dito sexa todo) dun filosofo tan capital como Heidegger despois do seu paso polas aulas de Heidelberg? Non sera que as pequenas intrigas da supremacia (as palabras da palloza) entretenhen a pequenos lectores da aldea que impediran asi o desenvolvemento dun verdadeiro pensamento? A maquinaria de estupidez e alienacion institucional que se chama poesia galega contemporanea poderia ser un bo exemplo do que sinalo. Kant pensou desde onde pensou e quen pinta a mona seguira pintando a mona (ou imitando a Cortazar) por moito opio que chupe no Barrio Latino ou se interese pola praxe do terrorismo nos setenta (a quen lle facian moitas veces o xogo como demostra o lucido Marco Bellocchio no seu filme Buongiorno, notte?).

Isto e, que, como probablemente quere dicir madmoiselle arrabada (corrixame se me equivoco), hai primeiro que descolonizarse e deixar de pensar en base a esquemas embrutecidos de xerarquia que dificilmente poden confundirse coa creacion dunha cultura para o pobo pero sen o pobo (sexa por parte de xefes que alimentan a roda que os alimenta; sexa por pequenos aprendices de botarate e outros membros das SS do espirito que, paradoxalmente, inundan a gloriosa resistencia e os seus organos de expresion: v. gr.: Pravda/ANT; sexa por quen deplora pero actua imbuido por algo tan vago e revellido como o patriotismo alimentando, ahimè, a xerarquia que lamenta).

Pensar? Ben, quizais sexa pedir demasiado...