terça-feira, setembro 20, 2005

POLITIKÊ

"¡Menudo Vilán Ilustrado! / Dádelle para que lea / a Política de Aristóteles"
Lope de Vega, 'Fuenteovejuna'


Fai moitos anos (nos primeiros exemplares da nosa 'caramuxa') adicábame a escribir sen ton nen son sobre calquera tema que me interesase. Era, amais, bastante prepotente daquela, e iso que non sabía moito dos eidos que comentaba.
Dende unha postura máis modesta, o formato blogueiro vaime permitir recuperar o pouco bo que podían ter aqueles artigos abertos. Nestas liñas, unha breve reflexión sobre a ideoloxía e os partidos políticos que os politólogos (se algún visita esta bitácora) poderán corrixir a pracer.
Imos aló.
O tema que traio a colación é o conflicto que todo partido político experimenta entre dous sectores estructurais da súa militancia e filiación: poderíamos chamalos o sector empírico-pragmático e o sector ideolóxico-idealista.
En teoría, todo partido político se constitúe arredor dunha determinada visión da realidade e dunha serie de obxetivos que pretende acadar por diversos medios. Este conxunto de teorías unifícanse nun corpus ideolóxico que, a priori, asúmese que todo membro do partido (incluídas incorporacións) aceptan con matices como 'a verdade'.
¿Pero qué pasa cando o conxunto teórico (como se dou o caso, por exemplo, nos partidos social-demócratas de finais do XIX) plantexa un modelo (neste caso, revolución social; destrucción da división clasista da sociedade) que está moi afastado da praxe cotiá á que esa organización se vé sometida?
Os partidos e as ideas non viven nun espazo sideral, senón nun mundo real con loitas e desequilibrios de poder. Rara vez contan cos medios para impoñer total e absolutamente as súas ideas. Este contacto coa realidade pode plantexar (e plantexa) oposicións con respecto ás ideas iniciais e ao 'programa ideolóxico'. Un programa que por natureza é difícil de modificar: é o motor inicial do partido e asúmese como un repertorio de 'verdades' non doadamente renunciábeis.
Un partido que conte cun desfase notable entre a súa teoría e a súa praxe política pode pasar por periodos máis ou menos longos de equilibrio inestábel (por exemplo, mantendo o discurso 'revolucionario' cara a galería ou cara un futuro considerado polo momento moi lonxano, namentras leva a cabo unha política 'real' de presencia nas institucións e de micropolítica -en concellos, asociacións veciñais, culturais, etc...); nembargantes, é previsíbel que a partir de certo momento, as novas inercias creadas, o peso cada vez maior de sectores 'empírico-pragmáticos' no partido (burócratas, novos afiliados) vaia desprazando os esquemas ideolóxicos, ata chegar á renuncia oficial e/ou adecuación ao marco político imperante (léase o revisionismo, Suresnes e os progresivos aggiornamentos polos que pasa o BNG). Unha tendencia que o desempeño de 'política real' (a chegada a cargos de poder) acelera aínda máis.
¿É acaso unha tendencia inevitábel?
Doutra banda, temos o exacto contrario. Neste caso, trátase dos pequenos partidos do extremo político. Carentes totalmente de poder político real, dos medios para transformar a sociedade segundo os seus desexos, tampouco necesitan adaptar os seus esquemas ideolóxicos á realidade. Poden sentirse 'xustos' e 'puros', e captan á súa militancia polo método inverso que os grandes partidos: neste caso, os sectores ideolóxico-idealistas son os que pesan no partido.
Mais iso ten pinta, claro, dun autoengano sectario, un consolo que se plasma na imposibilidade de facer algo máis que 'xogar a revolucionarios'.
¿Qué vos parece?

12 comentários:

Anónimo disse...

bravo

FraVernero disse...

Aprezado verdeirolo:
'A Caramuxa' era unha revista que, 'Fai moito tempo, nunha galaxia moi, moi lonxana' sacaban máis ou menos cada tres meses os membros do Colectivo Sacou (asociación literaria á que pertenzo). A revista agora levará un ano polo menos estancada no prelo... cousas da editora.
Anque ben adiviñaches a miña resposta pesimista a estas preguntas, non concordo na imposibilidade da unión entre praxe política e vida cotiá.
O caso que nos ocupa é emblemático: para un marxista ou para un independentista, as perspectivas de 'política real' nestes intres son absolutamente nulas. Unha análise do futuro non parece abrir (a medio-curto prazo) saídas no occidental liberal, aburguesado e capitalista. Tamén sabemos que as utopías, os programas de máximos quizaves non son acadables xamais na súa prístina pureza (tamén ter en conta que cando se vai camiñando cara eles, xorden novos conflictos e problemáticas, polo que a Utopía, como os límites matemáticos, tende cara o Infinito. Ou castigo de Tántalo: sempre ao alcance da man, pero sempre escapa o ser collida.
E nembargantes, os discursos reformistas (alomenos, non todos) se basean simplemente no engano mercantil e electoral. Anque de tódolos xeitos, é un camiño que trae máis mal que ben. Sobretodo pola insidiosa tendencia que amosa a autoenganarse, a misturar cunha versión 'simplona' e estúpida de positivismo e de crenza no progreso: sempre adiantamos para mellor, hai que ir facendo pequenas conquistas, o mundo é cada vez mellor e máis noso. Niso remítome aos visionarios Walter Benjamin, Adorno e escola de Frankfurt e incluso á crítica posmoderna: o home racional e ilustrado é o mesmo que creo Auschwitz, o Gulag e o totalitarismo colonizador do Terceiro Mundo. O siglo XX fainos escépticos coas ensoñacións de progreso moral (e o material, para moi poucos).
E nembargantes, o Proxecto Ilustrado é o que nos permite facer a crítica. As súas categorías son as que nos permiten criticar os fracasos do Proxecto como 'deturpado', 'manipulado' e 'desvirtuado'. E buscar aquel espazo que nos permite facer xuízos sobre 'inxustiza', 'liberdade', 'explotación', 'mentira', etc...

Anónimo disse...

Manolo,

botaseche mais de menos que os tiles nos teclados italianos. Esperamos impacientes a tua visita. Por agora non podo facer entrada porque estou nun ciber no que me cobra un paston.

Como volvas a citar a Lope en galego volvo a Galiza e che meto unha paliza!!!


Bicos

Anónimo disse...

"e CHE METO(!!) unha paliza"

mellor en castelán, si.

FraVernero disse...

Cara Moureyus e demais troupe de comparatistas desterrados na antiquissima universitas:
tamén se vos bota de menos dende eiquí. A ver cando me podo pasar a visitarvos...
Polo momento, podédesvos pasar algo máis por esta nosa Casa Común.
Estráñame que non continuaras o debate arredor de Terry, ou que non dixeras nada arredor de Cunqueiro, pero supoño que non tiveches tempo, e que os prezos do ciber son abusivos.
Unha aperta.

Vicente disse...

Noraboa pola reflexión. Totalmente de acordo con vostede. O problema é que cando un partido toca poder a praxis devora e esnaquiza a ideoloxía. Mágoa que non poidan conxugarse ámbalas dúas vertentes.

Anónimo disse...

... ou Sir Gawain transmutado como Tiresias polo poder da musica (notre musique)...

Os caminhos da realidade e o desexo son complicados, querido seneschal (a.k.a. Zacharias Werner, Baco arrepentido, o converso ou...). Io per me preferisco... Isto non importa, ti xa sabes da minha incompetencia como militante e etcetera. O que cadaquen deixe de ser por temperamento ou preguiza non ten moita importancia.

Que e importante? A praxe revolucionaria. Isto e, en determinados momentos de enfervescencia o proletariado ten levado adiante empresas impensables unha decada antes. Non obstante a teleoloxia da revolucion (que e un artefacto posible ainda que os modos seran distintos) e ser traizoada. Non se trata do traidor e do heroe senon das formas da dialectica. Noutros lugares temos discutido se a natureza da receita vale igual agora que antes (dialectica>/teleoloxia). Eu penso que debemos renunciar a un lugar de bondade infinita conquistado en base a determinadas premisas. Isto e, menos optimismo (o que logo sucede o derrotismo incapaz de comprender que os movementos de masas experimentan momentos de impasse e accion) e mais revolucion permanente (concepto que os norteamericanos hoxe pensan que proven de Mao, cando ti e mais eu e mais a xente informada sabe que non proven doutra persoa que dun xudeu traidor e mefistofelico asasinado en Mexico). Equivocome?

Recomendo a todos os que tenhan acceso a ela (e de paso ponho os dentes longos a alguen que me sei eu) unha nova adquisicion destes dias: a obra teatral "Trotski no exilio" de Peter Weiss e proponho que cando a universidade galega ou espanhola ou cantonesa ou de onde sexa mostre un minimo de dignidade intelectual ofreza, entre moitos posibles seminarios estimulantes, un sobre literatura e fatalismo politico (posible programa):

1. TELEOLOXIA E FABULACION: Dante e a Commedia

2. ALIENACION: Confucio

3. MODOS IRONICOS/HISTORIA CICLICA/SPENGLER E TOYNBEE: T.S. Eliot e The Waste Land

4. FATALISMO: Buchner e A morte de Danton e Peter Weiss e Marat/Sade e Trotski no exilo

Querido Manolo, ti e mais eu sabemos que para alguns e moi sinxelo ponherse a desbarrar na barra (observen a minha versatilidade retorica) do Tarasca lamentando que as masas non se alcen a sua voz e logo pretendan dirixir a LOU a touro pasado como intelectuais franceses que miran e din que ai esta o pobo e que van a agardar a ver onde vai para dirixir a a sua victoria.

Recolle a luva que deixo e non e pouco para un sabado sen comer ainda.

FraVernero disse...

Querido:
se ben é certo o que apuntas, non por iso deixan de ser necesarias (¿destiladas quizaves dun imperativo categórico? A ver se Kant se despreguiza da tumba) certas atitudes e praxes e (sempre a voltas co mesmo, seino) certo fundamento no meu tan caro Metarrelato Ilustrado como sólido chan dende o que plantexar preguntas comprometidas á realidade. Mais daí a considerarse xustificado para o mal e para entrar na grei dos 'Bos e Xenerosos' medra un abismo infranqueábel -descenso aos máis profundos círculos do Inferno dantesco, coas víctimas da bancarrota do Proxecto Ilustrado danzando apretados no Cocito Siberián.
Unha de cal, outra de area...
xD
Os cursos que propós serían do máis interesante...

Anónimo disse...

Conhecias a obra de Weiss sobre Trotski?

Creo recordar que o alto cargo nazi a quen patriotas checos daban morte no filme "Hangmen also die" de Fritz Lang (colaboracion especial de (sic) Bert Brecht) era mencionado explicitamente como ou cando menos era un trasunto de Reinhardt Heydrich, celebre organizador da conferencia de Wannsee e superior do non menos celebre (Hannah Arendt mediante) funcionario Adolf Eichmann. Equivocome? Poderias confirmarmo, ouh fonte de sapiencia infinita?

FraVernero disse...

Caro Mourelle:
en efecto, a miña limitadísima sapiencia pode confirmarche que o modelo da película é Reinhardt Heydrich, reichprotektor de Bohemia-Moravia e altísimo cargo e encargado da 'Solución Final'. Ario modélico, amais: guapo, rubio, atlético-deportista, culto, frío e sen escrúpulos.
Ouvín falar da obra de Weiss, e téñolle moitas gañas, pero xa sabes o difícil que é atopar pezas dese dramaturgo na península...
Polo momento, conformarémonos con reeler 'o profeta desarmado'...
Bacci

Anónimo disse...

Querido Manolo,

non o puiden evitar: hoxe merquei un volume que conten a correspondencia entre Martin Heidegger e Hannah Arendt. As cartas picantes e as de amantes desesperados son divertidisimas. (O amor en fuga?) Traducirei algunha (da version italiana, lamentablemente, ainda que estamos no caminho do aleman) para este blog.

Apertas



P.S.: Viva o marujeo... por certo, sorprendeme que ninguen notase que cualifiquei a H.D. de pornochacha dos modernistas. He, he... Ti faras que non o liches, pero sei que non e o caso...

FraVernero disse...

Tsk, tsk, tsk...
es máis marujo ca min, que xa é dicir, malvado mourellazo...
xD
Xa me pasarás os trapos suxos do Príncipe (dos filósofos) e da Corista (do sionismo).
H.D. Pornochacha? Es malo, ou...
xD