segunda-feira, janeiro 16, 2006

Encantada Indignación

É a que me produce a lectura do libro de Zygmunt Bauman "Lexisladores e Intérpretes", unha serie de lúcidas reflexións sobor da modernidade, postmodernidade e as funcións dos intelectuais.
O libro está marabillosamente ben escrito. Agradécese no traballo deste sociólogo a claridade expositiva, a gran calidade da súa prosa, a fermosura das metáforas e símbolos expositivos. En contra do que soe suceder cos teóricos do postmodernismo, o retorcimento e a escuridade deliberadas brillan pola súa ausencia.
Nembargantes, a tese é a clásica na liña foucaultiana de saber/poder. Para os profanos, un pequerrecho resumo:

Coa chegada do Renacemento e os seus cambios (explosión demográfica, crise dos modelos tradicionais de control social, ruptura da unidade relixiosa e dos discursos medievais de verdade), as élites dirixentes atópanse en dificultades. A saída virá da man dun proxecto de reordenación e control da realidade moito máis metódico do que se estilaba antes, a través de figuras de control e de saber: os gobernantes pasan de coidadores de reservas naturais ('gamekeepers') a xardineiros (´gardeners').
Sobretodo no século XVIII é cando se produce a fusión entre uns discursos de verdade e razón creados polos filósofos en Francia e un poder político que pretende disciplinar e racionalizar aos cidadáns. É a ecuación poder/saber, e o modelo panóptico de encadramento: escola, exército, cárcere. Os intelectuais pretenden actuar como 'lexisladores' da realidade.
Nembargantes, a consolidación dos gobernantes no poder rápido aílla aos intelectuais, e a evolución histórica acentuará isto, ata a chegada da postmodernidade: coa crise dos discursos de verdade da Modernidade, os intelectuais xa non son requeridos como ´lexisladores', anque a eles lles custe abandoar aquilo para o que foron preparados. Nunha era que desconfía das verdades absolutas, só lles queda o reducido papel de Intérpretes entre as súas comunidades histórico-culturais e as demais.


Por suposto, cada parágrafo do libro implica para min unha cómica discusión en voz alta co autor -discusión bastante indignada, amais. Tento evitar que me persuadan os cantos de serea de Zygmunt (premio Adorno no 98, por certo).


Terei que botar man das ferramentas de sempre: Terry (un repasiño na biblioteca a 'The Illusions of Postmodernism'), e agora Christopher Norris, un dos maiores especialistas en Derrida e filosofía da ciencia, e ácedamente crítico co pensamento 'feble'.

¿Rescataranme da Seducción? Agardemos que sí...

12 comentários:

eue disse...

Eu avogo por un posmodernismo revolucionario. É dicir, posmodernos na forma pero revolucionario no fondo. Saúdos ;-)

Anónimo disse...

Ah, Manolo, vexo que tenho so que darme a volta para que ti xa te me escapes polo caminho da amargura. (O de Norris xa non é que me guste moito, pero o de meter un post sobre o sociologo de cabeceira di quel papa indimenticabile che fu Giovanni Paolo II... ah, isto degenera por momentos.)

Estas traducindo o poema de Walcott? Espero que si, capullo.

Hoxe envio un agasallo por correo.

Anónimo disse...

Ano novo... vida vella!

Onde esta o capullo que se supon que deberia soster este blog coa sua presenza? Facendo flexions, quizais?

SurOeste disse...

Facendo re-flexións, que aínda son máis custosas cás flexións.
É lóxico, un blog destes non se mantén con palla.
¿Concorda vostede, sir?

FraVernero disse...

Ams...
pareces un neno estragado, Sir Gawain... xD
A verdade, levo xa un mes sen conexión de internet na casa (avariada...), polo que me resulta moitísimo máis difícil pasar por aquí e actualizar as cousas.
Todo ao seu tempo...
Suroeste, agradécese a máis que benévola confianza.
Aproveitarei para vingarme de Sir Gawain expoñendo, máis unha vez, os seus dobres raseiros de medir. Ou sexa que Bauman queda descalificado pot gustarlle á finada Santidade, ¿eh? ¿Qué opinarías de ese tipo de argumentos ad hominem se fose outra persoa as que os aplicase, máis ás túas vacas sagradas? (v.g. Nietzsche un elitista antidemócrata e proto-fascista; De Man, escritor de artigos de prensa nada recomendábeis; Adorno, non intervencionista en política, por ser benévolos, e un longo etc...).
A verdade, topei o libro deste home desacougadoramente certeiro. E doutra banda, só está a voltas co mesmísimo discurso dos posmodernos (sería perfeitamente adscribíbel a Foucault, a Lyotard ou a Baudrillard, de non ser pola claridade expositiva).
O poema de Walcott vaise traducindo, castrón... xD
Para eue e ma très chère Fleur de Lys, o posmodernismo revolucionario soa estupendamente, pero temo que (ate o de agora) non se plasma en nada interesante na praxe. ¿É a política nas marxes a constatación (e consentimento implícito) no carácter intocábel do mercado, ergo, do Capitalismo?
Agardemos que non...

FraVernero disse...

Duplo ams... xD
Creo que me debín de explicar mal, flor de lis. Nesta ocasión (só nesta) non estaba a censurar moralmente nen a Nietzsche nen aos posmodernos, senón amosándolle a Sir Gawain as consecuencias do emprego dese tipo de argumentos, que el denosta habitualmente pero que non se cortou de empregar para descalificar a Zigmunt Bauman.
Canto á suma de abaixo-arriba, as liñas de pensamento interesantes e o anti-estructuralismo, parécenme moi ben; interesantes, incluso. Mais non podo evitar a sensación de que son formas de contestación e resistencia limitadas aos privilexiados e hastiados consumidores de ideas do Occidente privilexiado. ¿ou acaso as narrativas emancipatorias, e as estructuras analizadoras da realidade non son necesarias para que os oprimidos de verdade artellen un contradiscurso de transformación social? Os praceres e liberdades do mercado son notables, pero mundialmente restrinxidos...

Laurindinha disse...

Moi orixinal o de gardiáns de reservas naturais e xardineiros...

Anónimo disse...

... ou Sir Gawain encadeado...

Querido Manolo,

agradezo que aparezas. Aviso para navegantes sen acritude nin moito menos pero a canha que meto o mantenedor (como si de una puesta de largo se tratase) deste blog debese a que hai unha serie de amigos que ten exiliados e espallados polo mundo e os que polo menos podia enviar algun correo de cando en vez (na casa non, pero na facultade tes interné a non ser que caese abaixo a Compostela que ainda recordo, que todo pode ser). Polo demais envieille un material per posta electronica polo que ainda espero resposta, por iso considero que tenho dereito a meterme un pouco con el.

Por iso digo o das flexions (o da reflexion o dou por descontado e sei o que me digo porque o suxeito do que falo é un dos meus mellores amigos e un dos cerebros mais lucidos do pais - do pais que sexa, do que escolla el, eu ou quenqueira)...

Se non metes mais entradas é por preguiza, que nos conhecemos. (A non ser que certa senhorita que ti e mais eu sabemos, dado que vexo que no ultimo post, emocionante como poucos, andas a voltas coas confidencias, che levase polo caminho dos estupacientes.)

Polo demais sorpréndeme que te tomes tan seriamente as minhas declaracions sobre Bauman. O que dixen pretendia ser ironico por dous motivos: a) porque cada vez que vexo unha nova entrada do canon de poesia patria do teu querido amigo empanada aberta resolvo que a vida debe ser tomada con humor; b) e porque precisamente es ti o que de cando en vez decides esquecer o malvado eclecticismo dos posmodernos para defendelos outras veces (case como aquel escritor galego que falaba da fin do metarrelato para denostar o estado espanhol, o que non me parece mal xa que eu son o maior dos detestadores oficiais de (H)Espanha, para proclamar cinco minutos despois a grandeza de don Garcia, Pardo de Cela, o cura de Friume, Pintos e quen os fundou - Murguia?, Risco?).

Resolvo que acho moi positivo e ainda diria mais (que dirian Hernandez e Fernandez), acho moi positivo que leas a Bauman e a todos os malvados posmodernos fillos de sete lobas. Acharia mais positivo ainda que tirases do biografismo para crear con eles esa doble medida (medida por medida, ricordi?) coa que distingues que poden escribir ben ainda que non sirvan a causa (a de Terry? a de que Terry? a do que ti les? a do que eu leo? a do que len os oficiais teoricos da sertao cos seus condicionantes entre as que estan o mesma tua: que non relativizas e creas, as veces e scusami, espectros de lectura que se prolongan inconscientemente ainda que se avergonhen da sua textura institucional?)...

Como ves eu non escribo tan ben e acabo sempre enredado no meu periodo antes muerto que sencillo... (algunha vez temos que falar do que é estilo e do que se duplica: de certa escolastica oxoniana do comentario que sinceramente non sempre comparto, moi à la Gibbon e tal como se o mundo se acabase na elocuencia dezaoitesca que leva o que xa alguns tenhen chamado resistencia a teoria).

Direi que recordando as veces todo o que dis de Nietzsche e todos eses pensadores os que acusas de servir a causas escuras (seran ceniza...) venhen a minha memoria certas palabras incluidas nunha cara de Lenin a non recordo quen (quizais Kamenev) nas que instaba a tomar posicion tras un estudo frio e metodico de todos os documentos disponhibles ou abranguibles e de todas as partes.
Non é que ninguén tenha a Razon completa e as cousas sexan matices. E' que non hai tal Razon (nin razon): interroga o seu espectro e non te deixes levar pola comodidade das estradas de direccion unica.

Esa seria a minha derradeira vontade.

Feliz cumpreanos, por certo.

FraVernero disse...

Carísimo...
Ben sabes que sempre tes carta branca para dicirme cousas... xD
Agardo que non andes xa co tema de derradeiras vontades. Despois de todo, se morres antes do marzal, onde me vou hospedar cando visite Bologna?
Quizaves che interese saber que no soño do que falaba no seguinte post tamén saías tí. A pre-historia incluía unha viaxe polas alcantarillas a un Ourense irreal, onde por algunha razón acudíamos a unha misa. Ao crego compracíalle a túa presencia, anque afirmaba que non estabas bautizado. Despois a igrexa transformouse prácidamente nunha librería-revisteiro (como a San Pablo compostelá), para voltar acto seguido ás alcantarillas, onde che perdín e xa só quedei coa Dama dos Tempos Pasados...
xD
Podemos seguir debatindo sobor destes temas, pero temo que nos facemos algo espesos e monótonos para os demais... xD
Apertas a todos

FraVernero disse...

Certamente. Temos un suxo legado de Colonialismo, explotación e demais monstros no armario e debaixo da cama.
Máis razón aínda para preguntarnos se os discursos que exportamos non lle soarán lixeiramente inútiles e lixeiramente decandente-autocompracentes ao resto do mundo. As feministas non acaban de cadrar co Baudrillard, e lembro certa polémica Aijaz Ahmad-Fredric Jameson arredor do concepto do 'Terceiro Mundo' e da exportación dos modelos de posmodernidade...
¿Querelles Byzantines? Quizaves...

Anónimo disse...

... ollo!!!...

ando ultimamente moi a voltas con este tema: toda investigacion arredor do outro e os seus lugares de discursos ten que ir parella a unha descolonizacion metodoloxica; que os seus loci non se convirtan nunha excusa para as maletas do filantropo decimononico:

FALAREMOS DA FRAGMENTACION DO PROPIO E DO OUTRO COMO APREHENSIBILIDADE SEMPRE FUTURA DO DICIR SUBALTERNO (recordese a inevitable Spivak)

Oh tempora, oh moros! (Juan Goytisolo)

Anónimo disse...

Querida fleur,

lamentablemente eu non me adico a teoria en senso tan lato como poida parecer. (Se é que o parece, que seguramente tampouco.) O meu é a literatura e o resto, parafrasando un Verlaine de manual, non é literatura. Dame medo referirme a planos como conciencia que delatan unha fenda na subxectividade para a que non estou preparado intelectualmente, por unha banda, e que nas minhas antigas pero sempre aproveitadas lecturas de Husserl recordo que se asociaban (psyche) a unha emanacion de actancialidade. E actancialidade é so espello de si mesma: so vai cara o seu afora no movemento de dirixirse-cara o acto, cara o referente.

Non é acto sexa idea e idea acto, senon que non me gusta simplificar os lugares da resistencia facéndoos coincidir con romanticismos que son manifestacions da dialéctica e espectros seus a vez (alen da bidereccionalidade non mecanicista de Marx).

Quizais a carencia sexa minha, non o dubido. Pero as conciencias son obxectos producidos e quen oponha a isto unha certa posicion prometeica... ben, enton estamos mais atras do que pensaba.

Mando un saudo a flor de lis e agradezo as suas apostilas sempre atentas e vixiantes (de filiacion deleuziana seguen recordo, n'est pas?)... quizais ela me poida outorgar luz e reflexions o respecto de cousas que eu non lera...

desculpade pero hoxe estou un pouco melancolico (la stagione dell'amore), por isto deixovos un fragmentinho para apreixar ou para levar a boca, tratase dun dos mais grandes poetas da historia de occidente:

"Au premier temps de la valse
Toute seule tu souris déjà
Au premier temps de la valse
Je suis seul mais je t'aperçois
Et Paris qui bat la mesure
Paris qui mesure notre émoi
Et Paris qui bat la mesure
Me murmure murmure tout bas"

(...)

(Se recordades a musica e a voz seguro que case se vos saltan as bagoas: deixoo especialmente aqui para Raul Mayo e para Zacharias Werner che così tanto mi mancano e para Uncle Joey de quen hai tempo que non tenho novas.)