Fai moitos anos adicáralle a un dos meus mellores amigos un estraño cumprido: 'es unha mistura de libro e muller'. Anque poida soar extravagante, a formulación consegue xuntar as dúas cousas que máis pracer me dan e que máis desexo, respectivamente.
Dado que na miña outra casa xa fixen unha entrada sobre libros de historia que tiña que mercar e ler urxentemente, hoxe vai tocar aquí unha lista doble de libros -non de historia- a mercar e ler a medio prazo (alomenos, despois dos da lista anterior), e de mitos eróticos do mantedor. Nalgúns casos, unha cousa solápase coa outra, como veredes...
5 Libros
-'O bosque dos raposos aforcados', de Arto Paasilinna; este home é, ao parecer, un novelista de culto no seu país, Finlandia. A obra foi vertida ao galego polo meu amigo Tomás González Ahola, polo que alén do interés meramente literario entran en xogo factores sentimentais. É tamén o primeiro proxecto, creo (xunto con 'Seda', de Baricco), dunha nova e valente editora adicada á traducción de textos ao galego: Rinoceronte Editora.
-"Vida y visiones de Hildegard von Bingen", publicado por Siruela, con cd de música e pinturas da propia autora. Hildegarda é unha ben coñecida mística, visionaria, escritora, compositora... e abadesa de mosteiro. Neste caso confésovos que o seu espectro persegue as miñas pulsións libidinosas, anque ao contrario de Patti Smith, non me masturbe coas imaxes de escritoras mortas
-"O Anti-Edipo. Capitalismo e Esquizofrenia"
-"Heike Monogatari": incríblemente, este clásico da literatura xaponesa acaba de ser traducido e publicado por Gredos (unha famosa colección de tapas gris e marrón que habedes coñecer, e que saca libros carísimos e interesantes).
-e last, not least, o primeiro tomo de "Mito y Epopeya", de Dumézil, un clásico da mitoloxía comparada que está editado por Seix Barral.
5 Mulleres
-Sophie Scholl: a loitadora antifeixista e membra da 'Rosa Branca' está agora de nova actualidade polo estreo na carteleira dunha producción alemana, nominada aos Óscar e dirixida por Marc Rothemund. Nalgunha ocasión ideara un texto cursi sobre ela e outras víctimas do Totalitarismo, incluíndo a metamorfose en raposa amarela de sete colas, que afortunadamente non cheguei a escribir...
-Rosa Luxemburg: ben lembramos aquilo de que 'a liberdade é sempre liberdade para disentir'. A demasiado lúcida revolucionaria e teórica alemá (ou polaca, ou xudea...) foi asasinada o día anterior á miña onomástica, e arrebolada con Liebknecht a unha canle que visitei cando estiven en Berlin.
-Virginia Woolf é para min a grande escritora modernista, e a novela 'Ao faro' ('To the Lighthouse'), unha das lecturas máis pracenteiras das que teño memoria (anque nos comezos atascárame algo na primeira parte; a central ('Time passes') é unha auténtica delicia, trala cal xa estás enganchado á novela). Coñézolle dúas fotos, nunha das cales sae moi avellentada, pero na outra, de nova, está estupenda e lixeiramente espectral.
-Ingerborg Bachmann é unha das miñas poetas favoritas. A nativa dunha Carintia rural e reaccionaria seguiu os pasos de Goethe e de Zacarías Werner na pescuda do limoeiro florecido; publicou poucos pero selectos títulos (recoméndovos dous en Hiperión: 'Invocación á Osa Maior' e 'Non sei doutro mundo mellor').
-Para rematar, acabo coa xa citada Patti Smith, musa rockeira, e a única que segue viva destas particulares mitoloxías que dibuxei hoxe para vós ('Pandoroloxías' sería máis axeitado). É unha das poucas mulleres á que son capaz de perdoarlle estéticamente a poboada mata que coroa os seus sobacos (anque creo que iso xa é cousa do pasado, cando cultivaba aquel look andróxino de Raíña-Poeta do Punk; tralo matrimonio con Fred Smith pasou a tocar o clarinete e a voltar a encaixar nun imaxinario feminino máis clásico).
-Rosa Luxemburg: ben lembramos aquilo de que 'a liberdade é sempre liberdade para disentir'. A demasiado lúcida revolucionaria e teórica alemá (ou polaca, ou xudea...) foi asasinada o día anterior á miña onomástica, e arrebolada con Liebknecht a unha canle que visitei cando estiven en Berlin.
-Virginia Woolf é para min a grande escritora modernista, e a novela 'Ao faro' ('To the Lighthouse'), unha das lecturas máis pracenteiras das que teño memoria (anque nos comezos atascárame algo na primeira parte; a central ('Time passes') é unha auténtica delicia, trala cal xa estás enganchado á novela). Coñézolle dúas fotos, nunha das cales sae moi avellentada, pero na outra, de nova, está estupenda e lixeiramente espectral.
-Ingerborg Bachmann é unha das miñas poetas favoritas. A nativa dunha Carintia rural e reaccionaria seguiu os pasos de Goethe e de Zacarías Werner na pescuda do limoeiro florecido; publicou poucos pero selectos títulos (recoméndovos dous en Hiperión: 'Invocación á Osa Maior' e 'Non sei doutro mundo mellor').
-Para rematar, acabo coa xa citada Patti Smith, musa rockeira, e a única que segue viva destas particulares mitoloxías que dibuxei hoxe para vós ('Pandoroloxías' sería máis axeitado). É unha das poucas mulleres á que son capaz de perdoarlle estéticamente a poboada mata que coroa os seus sobacos (anque creo que iso xa é cousa do pasado, cando cultivaba aquel look andróxino de Raíña-Poeta do Punk; tralo matrimonio con Fred Smith pasou a tocar o clarinete e a voltar a encaixar nun imaxinario feminino máis clásico).
22 comentários:
Pois se me permite unha suxerencia, na lista de mulleres engada a Unica Zürn.
Tódalas suxerencias e perversión estarán permitidas nesta entrada lasciva e saturnálica que me saiu hoxe e que ten por verdadeiro protagonista ese desexo diferido (a differance), tanto en libros como en mulleres, no que tanto se regodean os posmodernos...
Non coñecía á artista que mencionaba, señor pepín, anque a wikipedia e as fotos de google fan marabillas. Moi curriña, sí (terei que me informar algo máis).
Agarda en calquera momento a chegada de Mourellus Wallace turrándome das orellas por non mencionar a algunha actriz da Nouvelle Vague... 'Estás equivocado, Manolo...'
Eu voume atrever a suxerirvos á admirable Christine de Pizan e a súa obra A cidade das mulleres.
Manolo, como dixo o grande poeta en tres sabias palabras: Manolo, estas equivocado...
Primeiro: non mesturemos fabas con patacas. Unha cousa é un mito erotico e outra moi distinta un referente artistico ou politico (que é a fin de contas e sempre un referente intelectual). Polo tanto se Patti Smith e Hidegarde son mitos eroticos pois... Que non, Manolo.
Manolo, un mito erotico de verdade é Monica Vitti en "L'avventura" ou "Il deserto rosso", Adriana Asti en "Prima della rivoluzione", Anouk Aimée en "Lola", Anna Karina en "Une femme est une femme"... ou se queres ser un pouco menos sublime tes sempre os escotes de Antonella Lualdi, as poses contorsionistas de Jane Fonda, B.B. e Jane Birkin nalgunhas peliculas de Vadim das que quizais ningunha das tres prefira acordarse, Barbara Bouchet en "La tarantola del ventre nero" de Paolo Cavara... ou quizais no teu caso Patty Shepard en "Altrimenti ci arrabbiamo" [trad.: "Y si no nos enfadamos"]...
En canto a personaxes literarios nunca houbo unha muller mais fascinante en toda a historia da literatura (a cal me lega un fortisimo e ambivalente sentimento) como a Gina de "La chartreuse de Parme"...
[Recordo o detective de "Giulietta degli spiriti" que definia o home de Giulietta Massina, actriz infravalorada onde as haxa, como home con "grande bisogno della mamma: beh, ma chi non c'è l'ha il bisogno della mamma?"]
Segundo: bicos e xa sabes que como hai comercio entre nos pois falo do que debo falar.
N.
P.S.: O libro de Deleuze e Guattari é un libro extraordinario. Ci tengo, pero ainda mais "Mille plateaux", que atoparias facilmente.
P.P.S.: Se imos polas escritoras e artistas debo confesar a total e rendida admiracion que sinto pola divina Ingeborg a quen citas, o meu interese pola Woolf, por todo o que aprendin (e o que me queda ainda) de Maria Zambrano, por algunhas narradoras intelixentes da literatura italiana do XX (Natalia Ginzburg, Elsa Morante e o seu espléndido "L'isola di Arturo"), por autoras como Mélanie Klein e Julia Kristeva... e tantas cousas que me faltan... un catalogo sempre reduce...
P.P.P.S.: Para un canon de mulleres fascinantes engado tres ultimas consideracions: apoio o dito polo sempre feliz Uncle Joey que como sempre da na diana (lera xa cando me falaras dela alguns poemas de "Anagramme" por interné e os acho fascinantes), a rebelde personalidade filmica de Ida Lupino e o nome unico de Francesco Petrarca que describia, como ben diria o meu mestre Emilio Pasquini, unha muller sen cadeiras...
Bicos,
xa sei que é longo pero lédeo todo,
N.
Non todo son cortesanas:
"[...] Hast du der Gaspara Stampa/denn genügend gedacht, daß irgend ein Mädchen,/dem der Geliebte entging, am gesteigerten Beispiel/dieser Liebenden fühlt: daß ich würde wie sie?"
Bicos para todos, bicos tamén retrasados para Gaspara Stampa e Vittoria Colonna e para Marie de France e para a Comtessa de Dia...
N.
P.S.: A cita ten trampa, claro. Unha cita sen insercion trampulleira non seria cita.
Tsk, tsk... "¡Malas ínsulas te ahoguen, Sancho maldito!"
Certamente, farei un esbozo de socioloxía individual. É que no meu caso, queridos, a distancia que media entre a admiración intelectual por unha muller e o desexo é tan estreita como folla de afeitar...
(iso sí, sempre que a suxeita non sexa terríbelmente fea ou dun carácter verdadeiramente insoportábel).
Por suposto, falamos de 'atracción', e anque se empregue a mesma palabra, non é o mesmo que nos ferve dentro (ou que me ferve dentro) na contemplación dunha rapasita de 18 anos, provocadoramente vestida e amarrada cun deses cintos grandísimos tan de moda por estes días (neste caso, o sistema límbico traballa ao cen, e pensa tan só na Palabra de Catro Letras) que cando sentimos atracción froito da sublimación que me xeran as mulleres que admiro e/ou me estimulan moito intelectualmente.
O primeiro é máis instintivo, pero un ser tan racionalista coma min ten que sentir certa simpatía a maiores pola muller intelectualeira. Iso sí: non soe ser un sentimento mutuo. A miña frustrante experiencia no eido tenme demostrado que as mulleres cultas e intelixentes son tan superficiais, tontas e carentes de gusto como as pijeiras (o que ven a ser un xeito autocompracente para subliñar que non lles impulso a líbido).
Meu querido Mourelle, xa me explicarás entón a nosa común preferencia en '8 e mezzo' por certa Annouk Aimée de atributos máis modestiños que os de Claudia Cardinale...
Querida Diaña...
a palabriña de marras refírese ao sexo; quizaves o amor sexa algo etéreo e metafísico demais confrontado co ardente sol da sexualidade pubescente das rapasitas... xD
Agardo que non te andes comparando con calquera de nós -non me imaxino con cornos, minisaia e medias de rejilla- e dubido que teñas ti a necesidade. Es amábel e modesta demais nos teus comentarios (como o demo é criatura tentadora e falsa, suporei que o fas para enganarme mellor e arrastrarme a un purgatorio persoal de coiro, cadeas e cera derretida... xD ).
Certamente, as cousas moitas veces non son o que parecen. Xa o dicía o 'honesto' Iago: ´'I am not what I am'.
Hai persoas ás que nunca nos cansaríamos de coñecer, percorrer e perdernos no frondoso souto do seu Ser. Eu persoalmente recomendaría o meu Amante Ideal Frustrado (frustrado por cuestión de xénero) que é o Sir Gawain...
¡Unha aperta, Tentadora!
Sátiro/fauno.
Flaubertiano (a vida, a vida: ereccións).
¡Ai, Fra Venéreo, Fra Venéreo!
REFLEXIONS PARA UN LUXURIOSO SABATO SERA:
a) leo todos os xornais italianos de esquerdas e a unica persoa que escribe cun minimo de sentido comun é unha apacible muller de idade que responde a un antigo nome da esquerda chic que ceaba con Adorno: Rossana Rossanda (el que tuvo retuvo);
b) querido Manolo, es sabio, intelixente, tes un humor que contrasta inimitablemente co meu, es leal, xeneoroso, encantador, amable, fas un curry delicioso e tantas cousas mais (Oh, quanto è corto'l dir e come fioco/al mio concetto[...])... se foses unha muller serias a muller ideal...
c) a fenomenoloxia do amor é sempre algo complexo: amor/sexo ou sexo/amor... eu creo que o amor emerxe do sexo en multiples formas como unha violencia animal que non posuimos certas criaturas benevolas, amables e sublimes... polo demais a admiracion intelectual pode levar o amor pero so como expresion do previamente enunciado...
d) que a divina Anouk posua menos atributos dos que a Cardinale en "Otto e mezzo" non é affatto detto... ben, non mesturemos fabas con patacas... por unha banda esta Claudia que non responde a un arquetipo dunha peza: como todas as actrices italianas (excepto Monica Vitti por razons que podo explicar se alguén esta interesado) a Claudia non pode ser unha musa intelectual de verdade xa que arrastra o pasado da actriz pizpireta que busca o seu sitio e mentres é un pouco de todo (un pouco soubrette, un pouco cantante, un pouco bailarina, un pouco putita... un pouco de todo)... este papel bordarao na sua mellor interpretacion en "La ragazza della valigia" de Zurlini... a sublimacion da Cardinale non deixa de ser un tanto falsa... mentres que Anouk é sempre chic, marabillosa e extraordinaria ainda que interprete a unha lagarta ("La dolce vita") ou a unha perdida ("Lola")... non é o mesmo ter sido amante de Jacques Prévert que andar por ai... non é que a Cardinale sexa unha mala actriz, nin que non sexa fermosa, sen embargo raramente os intelectuais seguen a via do que se manifesta claramente os sentidos, o obvio é sempre enganoso e non é o mesmo ser que parecer...
e) o regreso do tio Pepin os ambitos interneteriles é sempre un alivio e mais se chegan con "agudeza"...
Bicos para todos,
N.
O problema de Fravernero é que ten que atopar unha muller que lle levante o "ánimo" e que ó mesmo tempo lle poida dar conversación ó seu querido amigo Sir Gawain. Absterse putitas, e damas sen glamour.
Consello de Vella Dama se glamour: o mundo é bonito fóra do cine. Á vosa idade tódalas mulleres son guapas, e con moitas delas dá gusto falar. Estades blindados polas vosas fantasías literarias e cinematográficas (que vos impiden ver o resto) e todo iso, non vos esquezades, é ficción.
Bicos na testa.
Aprezada brisa suroestil, agradecido polos consellos, anque creo que estás equivocada na apreciación.
A beleza do mundo é un tema moi debatíbel, incluso para privilexiados coma nós -tampouco é que eu sexa especialmente pesimista; deixómolo en que é un mundo interesante-.
Tampouco tódalas mulleres da miña idade son guapas (¡ogallá!), alén de que amosan o persistente vicio da parella estábel; as solteiras de 26 son animal raro (e case imposíbel se á solteiría lle suman algún tipo de atractivo físico, intelixencia e cordura mental).
Non me considero un 'quixote' (enténdase, alienado con respecto á percepción da realidade polo Arte), anque daría para un debate curioso cal é a 'realidade' na nosa fragmentada sociedade posmoderna de espectros e simulacros...
¡Un sáudo!
Moi boa a selección de mulleres -mito... Aínda que confeso que me fixo gracia o de imaxinario feminino clásico...
Acabo de ler os comentarios e podo ver un certo machismo subxacente fluctuando entre os comentarios... Por que separar atracción erótica de atracción intelectual? Albert Camus, por exemplo, é unha persoa intelectual e eroticamente moi atraente, e o primeiro axuda no segundo...
Poida que sexa eu moi rara pero nunca me atraeu un mozo que obxectivamente sexa guapo pero sen ningunha gracia interior... Sinceiramente, non me poría nada. Rarezas miñas, supoño ;)
¡¡Argh!! Laurindinha, últimamente estás convertida na Fustigadora e Perseguidora Oficial dos meus Pecados... xD
¿Porqué separar atracción erótica da intelectual? Pois porque (alomenos no meu caso, e atreveríame a extrapolalo aos meus compañeiros de xénero) son cousas diferentes. E as sensacións que producen tamén son distintas, anque poidan converxer en fronteira nalgunhas ocasións.
Querse dicir, teño moitos amigos que me atraen intelectualmente, mais a miña heterosexualidade recalcitrante non me estimula a pensar estrañas posturas con eles.
Non creo que sexa machista trazar fronteiras claras entre o que atrae física e sensualmente (dun xeito 'natural', diríase) e a atracción sublimada pola admiración e o respeto. Quizais sí sexa moi masculino, e a mente feminina artella mecanismos distintos -tanto biolóxicos como culturais- para mapear as realidades do desexo...
Nin tan vella dama, nin tan no certo.
Veras, querida e xa desenmascarada suroeste, o que di un esteta é sempre o que di un esteta que pode agocharse detras do que pensa e mentres fara o que faga...
a) que votemos a Prodi ou a Zapatero non quere dicir que non creamos na revolucion;
b) que non nos fixemos nas mozas que nos rodean e que non fagamos con elas o que xentilmente nos permitan tampouco è detto... (Quien no tuvo dichas heroicas/que entre si no diga[...]?);
c) o que quere dicir que somos posibilistas en canto o sexo;
d) que a nosa idade todas as mulleres sexan guapas é conmovedoramente optimista...;
e) diria a querida e ritrovata (habia tempo que non se che via) que non creo que atraccion fisico-amorosa (emerxencia) e intelectual estean necesariamente ligadas nin desligadas: ambas son mise-en-image e practicas de subordinacion: moraleja: o amor admirable mata (Paul Eluard, que do tema sabia un rato)...;
f) ah, Southwestern girl, eu non dixen que as "putitas" (sabia que a expresion traeria cola, podeme a provocacion) non estivesen dotadas de encantos, no da clase estou pola paridade pero a realidade na que vivo, e concordo con Woody Allen en que as nubes estan ben pero nelas non te comes un filete, reduceme novamente o posibilismo...
Bicos onde queirades (escollede vos)...
N.
P.S.: Xa che pillei, custoume, ainda asi.
Ohhh! Monsieur Gawain, por fin! Meses e meses petando nas robustas portas desa súa alta torre e...(¡o que vos contaba! Se unha non se fai a visible non se ve).
Confío na súa discreción e poidamos seguir intercambiando descargas neuronais.
Espero que non se escandalice polo tema hormonal que últimamente vimos tratando co anfitrión.
Un abrazo e lembre que me debe un baile (ou dous).
Vaya, atracción sexual y atracción intelectual...sí, la verdad es que es difícil de encontrar, sobre todo en los hombres...lo siento chicos, sentis que ataco vuestro ego?
Sin embargo tengo varias amigas con mucho éxito entre vosotros y, sin embargo, os acongoja tanta sapiencia...
En mi caso, me hago la tonta...es más sencillo para echar un polvo...
No me creeis?
"Povres"
Eu como non che son un intelectual non podo estar de acordo con esa elecciòn...
Mandeiche un correo, strega do suroeste...
é terriblemente escaso pero Petrarca tenme consumido.
Bicos.
N.
¡Arrecarallo! Douta cousa non, pero cando tocamos o sexo, parece que se abre a caixa dos tronos... xD
Entendereino como unha 'indirecta' de por onde se desexa que dirixa as miñas entradas (os debates do postmodernismo xa deben raiar máis que os debates normativos do 'captain, my captain' ou as entradas de fútbol do 'nadador'...
E' o que ten o sexo, malvado Monostratos...
Ah... eu non fixen un comentario comme il faut porque estou con Petrarca a morte, non porque me aburran as tuas entradas, que lo sepas...
Bicos,
N.
Ums...
xa sei, o. Mais iso non muda nada: probábelmente es o único interesado no interminábel debate...
xD
Enviar um comentário