sábado, março 25, 2006

Jean Rhys - Sorría, por favor

Libros

Antes de que puidese ler, sendo case un bebé, imaxinaba que Deus, esa estraña cousa ou persoa da que escoitaba falar, era un libro. Algunhas veces era un libro grande que se erguía de pé, medio aberto, e podía albiscar os caracteres impresos no interior, mais carecían de sentido para min. Noutras ocasións o libro era máis pequeno, e dentro había cousas afiadas e brillantes. O máis pequeno era -agora estou segura- o libro de coser de miña nai, e as cousas brillantes e afiadas as súas agullas co sol a bater nelas.
Tardei tanto en comezar a ler que os meus pais comezaban a preocuparse. Entón, de súpeto, coma se cun brinco, podía lidiar con palabras bastante longas. Non pasou moito tempo e xa era quen de entender os contos de fadas que me enviaba a miña avoa irlandesa -o vermello, o azul, o verde e o amarelo-. Despois envioume Os heroes, As Aventuras de Ulises, Perseo e Andrómeda. Lía todo o que chegaba ás miñas mans. Contábamos co habitual estante de libros con cuberta de cristal no fondo da sala de estar, mais a chave perdérase e nunca estaba pechado. A única advertencia era que había que mantelo arrimado, xa que había que protexer aos libros dos insectos.
Aínda podo ver os volumes da Enciclopedia Británica -que nunca tocaba-, unha Biblia grande, varios libros de historia, novelas de lombo amarelo e no alto da estantería unha curiosa colección de poetas: Milton, Byron, despois Crabbe, Cowper, Mrs. Hemans, tamén Robinson Crusoe, A Illa do Tesouro, As viaxes de Gulliver, O camiñar do peregrino.
Á miña coidadora, que se chamaba Meta, non é que lle gustase moito, e armada cun libro xa era demasiado. Un día topoume envurullada na escaleira e lendo unha versión expurgada das Mil e Unha Noites e de minúscula letra.
Dicíame: 'Se todo ti les tanto, sabes o que che vai pasar? Vanche caer os ollos, e vanche fitar despois dende a páxina'.
'Se me caesen os ollos, non podería ver', retrucaba.
Ela reafirmouse: 'Caen, menos os pequenos puntiños negros cos que ves'.
Crina a medias, e imaxinei as miñas pupilas como cabezas negras de alfiler, o resto desaparecido. Pero seguín lendo.

8 comentários:

eue disse...

Cando empecei esta teima lectora e logo filolóxica de xuntar libros, había na miña casa dous: Confieso que he vivido, de Neruda, e Antología Poética, de Miguel Hernández.

Ambos agasallo dos libreiros a través da "Caja de Ahorros de Vigo".

Anónimo disse...

TELEGRAMA OMNIVORO SO PARA ADEPTOS OFERTA EXCLUSIVA VICIO

Petrarca e Leopardi: os aniversarios: as pastillas: os recordos: a casa, o utero e a morte (nein-dopo?): in my beginning is my end: Deus é un libro: é obvio: a las pruebas me remito (Nel suo profondo vidi che s'interna/legato con amore in un volume,/ciò che per l'universo si squaderna:/sustanze e accidenti e lor costume,/quasi conflati insieme, per tal modo/che ciò ch'i' dico è un semplice lume. Par. XXXIII, 85-90): hoxe (27/III/1984) en Cracovia morreu Stanislav Lem: a las pruebas me remito(http://www.lavozdegalicia.es/inicio/noticia.jsp?CAT=126&TEXTO=100000090665): Solyaris: a disolucion das cores no territorio da inconsciencia no que o poeta debe moverse como peixe na auga: como pequeno peixe de cores confundido co espectador: espectador de movementos: LA FEMMME DE TRENTE ANS: eles nunca son dignos do amor de Julie: pero ela tampouco o é do meu: asi que quedamos empatados: o espectro da virxinal esposa e os seus oceanicos cabelos: un pouco lirio e un pouco puta agochada detras do poster de Isaiah Berlin: a conta a paga a CIA, claro: Psicanalisi del genio (che sono sempre io!): alguén recorda que existes ou que naciches nun martes tempestuoso tanto tempo atras fillo dunha xeracion que perdera toda traza de narracion do esterco nos xenes: todo lugar pertence a unha traxedia: esa non é a nosa historia: reserva para ti como boxeador ferido ou outro homenaxe timido e novelesco: la lluvia en Luna Park y el frío de la Morgue y los recuerdos:

Sir Gawain (27/III/2006)

Laurindinha disse...

Cando aprendín a ler descubrín que se abría o mundo para min... e preguntábame como antes andaba pola rúa sen saber ler... Lémbrome do preciso momento no que aprendín a ler e dixen: xa está, xa sei ler, que fácil!! De tódolos xeitos, ó principio era un pouco ridículo o meu modo de ler, facendo os xestos que acompañaban a cada letra (cada letra era un xesto dentro dunha historia).

torredebabel disse...

gustaríame moito recordar cando foi que aprendín a ler, pero ainda que non o lembre sei que foi (e é ainda hoxe) un dos placeres máis fermosos que ten esta vida. Moitas veces teño medo da morte. Pero sálvame dese terror a certeza de que nacín e vivín para (entre outras cousas lindas) leer e coñecer eses mundos, outros mundo, novos mundos, vellos mundos, alleos mundos que veñen nos libros.
PD: e que tamén veñen nos blogs ;-)

Anónimo disse...

Desculpa a brutalidade do meu ultimo correo, ainda asi creo que era un pouco necesaria. Lamento que estiveses mal. Estas mellor? Espero que asi sexa. Ewa manda bicos para ti. A tes moi enganada, pero nos estamoslle a contar toda a horrible e espida verdade sobre ti e as tuas noites de mal vivir en Compostela, a Serra e outros lugares pouco recomendables.

N.

SurOeste disse...

Eu tampouco me lembro. Pasei toda a vida na escola. Cando me poñía pelma, miña nai botábame e mirábaos polas ventás. As letras pegáronseme de tal maneira que non hai maneira de desfacerme do vicio.
Porque é un vicio, admitámolo.
Eh, Sir Gawain?

FraVernero disse...

Tódalas cousas pracenteiras na vida poden considerarse 'vicio' (de feito, soe ser o calificativo que lle poñen os demais que non as comparten, ou só en menor medida).
Ahh. malvado anchluss mourellolóxico, así que me andades a desprestixiar diante da moza de David... Así me gusta, ou... Amigos para isto...
xD

leco disse...

Non lembro cando nin como aprendín a ler. Mais lembro moitas das cousas que foron caendo nas miñas mans de cativa. Unha das últimas foi que os Phoskitos contaban co coñac entre os seus ingredientes. Algo impensábel hoxe en día.