terça-feira, março 21, 2006

Kitsch Socialista

O primeiro que nos ven á mente, en arquitectura, son as 'Sete Irmás', os sete rañaceos da Moscova de Stalin que fusionaban heteróclitamente as torres barrocas do Kremlin coas góticas catedrais da europa medieval e coas ascendentes torres norteamericanas dos anos 30.
Tamén o 'agasallo' do líder soviético ao pobo de Varsovia: o Pazo da Cultura e a Ciencia, que aparece de fondo no debuxo de Marzo dese calendario rancio e sovietista que me mandou David dende Polonia.
Contaban os nativos que o Pazo era o lugar coas mellores vistas de Varsovia: era o único lugar da cidade dende onde o edificio mesmo non era visíbel...
Só en extremo oriente, nembargantes, segue florecendo o estilo. Concretamente, en Pyongyang, onde os escasos visitantes occidentais poderán disfrutar da Torre da Idea Juche; da Gran Casa de Estudo do Pobo; do Arco do Triunfo, na rúa Kaeson; do Gran Monumento de Mansudae...
E sobre todo, o máis coñecido: o Monumento á Fundación do Partido:




Alén das clásicas fouce e martelo, o que parece unha lanza é, en realidade, unha brocha, símbolo dos intelectuais.
A mesma imaxe poderédela topar na novela gráfica 'Pyongyang', de Guy Delisle, que agardo ler en breve...

10 comentários:

eue disse...

Que pasada, cando o militante se torna posmoderno.

Anónimo disse...

Tratase dunha mensaxe retorica relativamente simple...

N.

FraVernero disse...

Aínda así, querido, non deixa de ter o seu encanto... xD E iso que eu en xeral son impermeábel ao Realismo Socialista. Quizaves onde menos sufra ese aborrecível corsé de mal gusto, estupidez e mestura neoclásica de estilos (que tanto podemos louvar ás veces no pastiche e collage postmoderno) é na arquitectura...

FraVernero disse...

Serás toxo... xD
Xa che mandei algo ao correo, o. Resposta nel canto antes, musgallo furioso...

xD

Dirò d'Orlando in un medesmo tratto
cosa non detta in prosa mai, né in rima:
che per amor venne in furore e matto,
d'uom che sì saggio era stimato prima;
se da colei che tal quasi m'ha fatto,
che 'l poco ingegno ad or ad or mi lima,
me ne sarà però tanto concesso,
che mi basti a finir quanto ho promesso

Anónimo disse...

doppiamente cavalleresco...

Ah, Manolo,

cavalleresco estas

es que no comes?

Xa sei que che divirte moito o kitsch socialista. Es un vicioso, que diria Lou Reed. Falando de non kitsch domani iremos a ver "Chelovek s kino-apparatom" de Vertov...

Bicos,

N.

SurOeste disse...

Que feo, que feo, que feo!

Anónimo disse...

Senhor Vernero, qué ledicia atopar "A corte de Camelot". Non sabìa que a sùa maxestade renovase a pàxina. Onte estiven a investigar por eses doces mares (coma dicìa certo poeta de gran intuiciòn) e atopei màis dun comentario que me fixo saltar as arterias todas do corpo. Como que non hai ninguen en Galicia que iguale CONTRA MAQUIEIRO, malia que ti mesmo reconhezas que non é un libro afortunado? Ai, pouco vilipendiado fravernero, tremelucente espirito de Savonarola polas terras nunca finalmente castradas de Galicia, non se trata xa de buscar en autores novos, por certo amigos teus... Onde metes a Pexegueiro? Paréceme un poeta de mais altura que Ferrin, màis no seu tempo e no seu pais, como dirian as novas e vellas "mentes pensantes" de Galicia. Ademais Pexegueiro é un poeta; hai unha aventura estética, ideolòxica que se xesta a caron dun feito moi importante: ser un poeta verdadeiraente (quizais o unico en Galicia) de periferia. Pexegueiro non ten a necesidade de levantar a naciòn, pero si de normalizala e deixar como un latexo tras o texto un conflicto cultural que acada proporcions universais mantendo a consciencia do ser fragmentario. En fin, os rastros dunha situacion non harmonica. MAR E NAUFRAXIO, O PAVILLON DAS HORTENSIAS AZUIS, A ILLA DAS MULLERES LOUCAS, HIPATIA...CIRCULOS DE AUGA (?)... Ademais é unha persoa intelixente, que veu que cumpria fuxir de Galicia e fuxiu. Pero en fin Del Rio, non se trata de propor un canon. Pero pensa tamen en certos libros de Chus Pato... (e nisto coincido con sir Gawain, ollo con A PONTE DAS POLDRAS ou incluso en M-TALA, malia as obxeccions que poderiamos facer a este, por outra banda, necesario libro que xa de por si darian para un amplo debate). Non esquezas tan pouco a escritores coma Fonte ou como Baixeras, que xunto a Pexegueiro parèceme o mellor da poesia galega. Estes ultimos parécenme discursos cincuentamil veces mais perigosos, màis nutrido de autonomìa a dia de hoxe que o de Ferrin. Mal que nos pese hoxe en dia é como unha momia, e son Baixeras ou Pexegueiro quen en realidade producen desalienacion e non a figura do vello intelectual acomodado que recorda as liortas de decadas pasadas e xoga con Foucellas e demais sombras mediante un artificio textual que non deixa de ser docil, docilisimo para o inimigo co que pretende loitar. Sorprendenme as tuas afirmacions. O sistema literario galego ten unha calidade en xeral lamentable, pero non acaba en Yolanda Castanho. E paréceme que hai moitos, pero moitos libros en Galicia mellores que o ultimo de Ferrin (cousa non dificil, como é obvio). Ademais ningùn libro deste autor paréceme non cuestionable, incluso dentro da nosa cultura. O que che pasa a ti, meu admirado seneskal, é que tes a sombra do tio Harold detras das costas. Ha, ha, ha... Mais canònico imposible... Sen embargo, non non creo que esta sexa unha postura para nada boa con respecto à nosa cultura, e sobre todo con respecto ò seu futuro. O dos froitos que iràn madurando pareceume moi entenrecedor, pareces un deses profesores de filoloxia ou de historia que agardan coa luva e o caxato ò sucesor... Ai, Del Rio, a lòxica cultural... a explosion... En fin, deixo xa de vilipendiar a tua honorable figura... pero gustariame que nos explicases con detalle o misterio que esconde ese texto ferriniano e por ende os demais, que o fai tan inalcanzable. A min non me deixan de parecer versions mais ou menos afortunadas e as veces desfortunadisimas de modas literarias a priori para publicos selectos (nos ultimos anos moi relacionadas coa poscolonialidade e sobre todo cun poeta que creo ti liches mais que ninguen). Desta si, que che deixo. Unirme tamen à opinion de Patinho sobre a traduccion inglesa de Petrarca, e recriminar a sir Gawain o uso de adxectivos tales como "simpatico" e esixir unha explicacion como Deus manda. Loitemos contra as ideas recibidas... A traducciòn paréceme moi boa (non digo que isto non estea relacionado co feito de entender perfectamente o poema en ingles, o que xa é para min unha satisfaccion). A Shakespeare, os sonetos, consuminos en traducion, polo que non tenho nada claro o que pensar. Unha aperta. Espero que nos vexamos pronto, sentados nas escadas da Dogana agardando o sol. Tenho unha purga preparada para ti.

FraVernero disse...

Malvado Panza-Souto:
moi interesante a túa filípica, e digna de resposta. Nembargantes, recrímínoche: deberías ter aprendido xa que o formato blogueiro atura moi mal textos tan longos. Ninguén, alén de min mesmo e algún bolognés, seguirá o teu fiar ata o final. Preguntas desta clase encaixan mellor polo correo electrónico ou -en todo caso- na vella bitácora que resucitei a medias e que en esencia é hoxe un patio de chismes para os comparatistas.
Xa falaremos... incluso das purgas. Mellor, sen aceite de ricino.

Laurindinha disse...

Esta fin de semana estiven no Marco en Vigo e vin na exposición Urbanitas (son mozos que proveñen da escola de Belas Artes de Pontevedra) unha obra que me impresiou moito e que se baseaba nun mítico edificio do Berlín oriental...

24rotuladores disse...

Pyongyang, gran novela gráfica (o cómic, o como usted lo quiera llamar).