segunda-feira, abril 17, 2006

Albert Soboul - Comprender a Revolución Francesa

A herdanza xacobina que a Revolución Francesa legou ao século XIX encarnouse finalmente en dúas figuras cuxo valor de exemplo afírmase contradictorio: Robespierre e Marat (...).
Robespierre fora exaltado nos anos trinta polos republicans. Así, por exemplo, Laponneraye, que en 1832 publicaba un volume titulado Oeuvres choisies de Maximilien Robespierre e en 1840 unha Notice historique, na que definía a Robespierre como "unha das individualidades máis poderosas da Revolución Francesa, o xefe militante do partido xacobino, cuxo teórico fora Rousseau, e Xesús o seu iniciador". Lembremos tamén o robespierrismo de Buchez e da súa Histoire parlamentaire de la Révolution française (1834-1838). A exaltación do xacobinismo na persoa de Robespierre non sobreviviu ao ano 1848. Michelet non ocultaba as súas preferencias por Danton, ao que os sostedores do positivismo reabilitaban ao mesmo tempo. Pero sobor de todo, Robespierre veuse envolto no descrédito que, para os revolucionarios, ligábase aos homes do 48 e en particular ao "ex-predicador do Luxembourg", segundo expresión de Tridon.
O blanquismo afirmouse furiosamente antirrobespierrista. Son significativas ao respeito as notas de Blanqui sobre Robespierre redactadas en agosto de 1850 cando foi detido no castelo de Doullens, despois da súa condea por participación no motín do 15 de maio de 1848:

Robespierre era un Napoleón prematuro. Os mesmos proxectos por diferentes medios, pero coas mesmas paixóns, o mesmo odio ao espírito revolucionario e a incredulidade, a mesma antipatía polos homes de letras e sobre todo a mesma sede de poder. Nen falar da insensiblidade do corazón: nen un nen outro pertencían á especia humana. Ámbolos dous querían edificar a sociedade sobre a vella metafísica.

E máis adiante: "O 9 de termidor xa non había pobo. Robespierre desmoralizárao e embrutecido cos seus proxectos de dictadura reaccionaria e de reconstrucción relixiosa". Éste parece ser o argumento principar, pois Blanqui, anticlerical e ateo, non lle perdoaba a Robespierre o culto ao Ser Supremo.
O certo é que mentras Robespierre fora o ídolo dos revolucionarios ate 1848, Blanqui ensináballes a detestalo. A Histoire de Robespierre de Ernest Hamle, que apareceu en tres volumes entre 1865 e 1867, haxiográfica e algo lenificante, non era quen de remontar a corrente. A partir de entón, os hébertistas idealizados, dos cales en 1864 Tridon, discípulo de Blanqui, tornou apoloxista, foron os modelos a seguir para estes revolucionarios. Pero se ben é verdade que Blanqui guindaba a Robespierre ao inferno da contrarrevolución, a súa propia práctica revolucionaria, centralista, elitista, amosase inscrita na filiación directa do xacobinismo.
Máis precisa foi a persistencia da influencia xacobina nesa forma elemental que constituiu o maratismo. Un ano despois da reabilitación de Hébert por Tridon, Alfred Bougeart exaltaba a Marat nunha obra moi sólida, que reclaba a "cesación dun xuízo inicuo". Bougeart preguntábase, na noite do asasinato do Amigo do pobo: "¿Non se pregunta un involuntariamente, ao pensar nos acontecementos que habían de seguir, qué barreira podería opoñer Marat a Robespierre, a esa autoridade dictatorial ao parecer moito máis preocupada pola necesidade de desfacerse dos seus inimigos persoais que polo deber de rematar cos inimigos da liberdade pública?". Retomando un xuízo de Camille Desmoulins no número 2 do Vieux Cordelier (10 de decembro de 1793), Bougeart resposta: "Marat era o único que podía salvar á República, á Liberdade e á Revolución, porque era o único que se detivera no punto máis alá de onde só hai extravagancia e máis acolá só hai reacción". Posición centrista por excelencia, entre a esaxeración e a moderación, que foi precisamente ao do xacobinismo. Pero, ¿non é iso dar demasiado a Marat?

2 comentários:

SurOeste disse...

Síntoo, este post non é apto para min.

FraVernero disse...

Ams... xD
Quizaves estes días estoume poñendo espeso de máis ('non te poñas estupendo, Max', que diría don Latino de Hispalis), polo que terei que entoar o mea culpa e democratizar algo as entradas (quizaves algo de producción propia).
A maioría destas entradas son fragmentiños dos libros que estou a ler. Neste caso, pareceume oportuno lanzarlle un pequeno reto-divertiento a Sir Gawain, xa que habitualmente discutimos arredor de cal é a gran figura da Revolución Francesa -eu inclinándome por Robespierre, el por Danton. Se me facedes caso, creredes comigo que o boloñés está fascinado demais co cabezón, probablemente extrapolando a Trotsky na súa oronda figura...
Tamén agardo que o pai de Javier Rodríguez (alias 'panero') topara ao marxista rancio do seu gusto. Unha figura (o pai paneril) pola que teño certo aprezo e que me consta visita esta bitácora; e iso malia que o considere no fondo un sociata vendido, e el a min aquilo que na vella URSS chamaban un 'parásito social'...
xD