"Agora, o arconte, que é feble, ten tres nomes. O seu primeiro nome é Yaltabaoth, o segundo é Saklas ("necio"), e o terceiro é Samael. É impío na súa arrogancia, que está nel. Porque el dixo 'Eu son Deus e non hai outro Deus alén de min', xa que é ignorante da súa forza, e do lugar de donde viu."
domingo, junho 11, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
Ah, demiurgo malvadérrimo...
Mandoche un bico (ou varios)... espero que lamentes coma min e como ese melomano insaciable de altura que é tio Pepin a morte do grande Ligeti...
Falaremos diso...
Non te preocupes...
N.
Meu benquerido Manoel, que diría o noso Danieliño... déchesme envexa da insana, porque isto non é nada san, de modo que, fusilando ao benquerido Jorge Luis, parín un libro de area. Se queres, ven tomar o café, prométoche unha maqueta do xardín.
http://librodearea.blogspot.com/
Vaia, o...! Alédame inmenso verche por aquí, Prisiña-Androida...
Ou sexa que arrastrei outra persoa á blogosfera... Xa me tarda botar un ollo nas túas meditacións, e na triple voltereta dende Philip K. Dick aos xogos arcade de anos pasados (lembras o Gauntlet?).
Eime pasar polas dúas moradas -a virtual e a real-, contando con non perderme no mar de infinitos granos. Por se acaso, lembro unha historia de Soño dos Eternos -cifrada no último volume da saga canónica-, onde un gato salva ao cortesán perdido no deserto.
Bico
M.
Enviar um comentário