quarta-feira, maio 31, 2006

A Biblioteca de Stalin

Cando Stalin morreu, deixou tras de sí miles de libros no seu apartamento do Kremlin e na súa dacha de Kuntsevo. Había literatura dos emigrados, dos Gardas Brancos, e libros dos vellos coñecidos que fixera asasinar: Trotsky, Zinoviev, Kamenev, Bukharin. Os seus libros, confiscados en tódolos lugares do país, vivían na súa biblioteca. No periodo de Khrushchev a colección foi repartida, e só ficaron os libros anotados por Stalin. O lacónico Koba deixara un gran número de notas nas marxes dos seus libros, e estas anotacións ofrécennos un camiño curioso cara os pensamentos privados do Gran Conspirador. No Arquivo do Partido boteille unha ollada a dous destes libros, ámbolos dous sobre o terror. O primeiro era 'Terrorismo e Comunismo' de Trotsky (1920). En calquera lugar onde Trotsky apelaba ao terror e á violencia revolucionarias Koba anotaba entusiásticamente: 'Exacto', '¡Ben dito!', '¡Sí!'.

O segundo libro era 'Terrorismo e Comunismo' do socialdemócrata alemán Karl Kautsky (1919). 'Os líderes do proletariado' dicía o autor 'comezaron a empregar medidas extremas, medidas sanguinarias, o terror'. Koba suliñara estas palabras, e escribira 'ha-ha' nas marxes.

Edvard Radzinsky, Stalin.

5 comentários:

Sir Gawain disse...

Vexo que o mantenedor do blog segue a pasear polo gume da navalla. Mellor para el...

Vexo que segue a non contar nada da sua experiencia italiana que non o debeu impactar moito polo que se ve...

Recoméndolle un fragmento interesante ainda que non me fara nin puto caso, coma sempre...

http://www.elpais.es/articulo/arte/dolor/pensando/Susan/S/elpbabart/20060603elpbabart_6/Tes/

Bicos para todos...

Direi so para despedirme que xa que punto vital pertence sempre a unha constelacion privada e relativa todos a esa afirmacion temos dereito, pero non quero entrar en absurdas polémicas... nin menos tampouco... recollome...

Funesto...

Alucina, vecina... disse...

http://www.elpais.es/articulo/espana/Aguirre/Zapatero/ha/pedido/perdon/Gulag/elpporesp/20060605elpepunac_6/Tes/

Don Pachon disse...

Vueno, haber si me he henterado don sir gavvain: No tienes ni idea.
El enlace que pones NO me mola nada y por lo qe veo en las demas respuestas de los demas usuarios tanpoco le molan a nadie. Solo tienes ke lerlas para darte de cuenta de qe ni tu mismo entiendes tus palabras qe dices. Asi ke es mejor qe no te inventes cosas de las qe no saves nada.

PS: No qiero tus bicos.
PS2: Haver si offtopiqeamos menos ke te vas por las ramas
PS3: Haces vien en recollerte y espero no volver a tener qe leer tal sarta de tonterias.

Atntamente
Don Pachon

FraVernero disse...

Ams, creo que che dan algo de guerra, sir gawaino...
Es un toxo. A próxima entrada que meterei será o comezo das crónicas bolognesas (este fin de semana). Xa sabes que ese tipo de textos hai que redactalos e pulilos...
Doutra banda, os traballos, os exames (e porqué mentir: as partiducas de Pendragon nas que o mantedor encarna a Sir Hordak o Morcego, intertextualidade he-maniana...) fan que pase pouco polos teclados...

Laurindinha disse...

Aínda que se trate de humor negro, teño que confesar que me fixo graza...