sexta-feira, maio 05, 2006

Dende o Palazzo Paleotti

Só unhas breves liñas para lembrarlle aos escasos lectores desta bitácora que estou por Italia de vacacións, polo que o meu acceso a internet (e tempo libre) son escasos. Acabo de colarme no famoso 'Palazzo Paleotti' da Universidade bolognesa (famoso porque é dende onde os comparatistas me envían os seus comentarios) para fedellar un chisco pola rede e botarvos unha botella con mensaxe, agardando que teñades paciencia por uns días.

A recompensa, se vos prace, tomará a forma dalgunhas crónicas das miñas experiencias locais, xunto con imaxes das cousas que vín. Podemos comezar con algunha vista da capela dos Scrovegni, decorada por Giotto e que visitei hoxe en Padua.

1 comentário:

FraVernero disse...

Hehehehe...
Fotos non é que haxa moitas -fai moito tempo que viaxo sen cámaras-, anque os meus bologneses sacaron algunha e han mandarme o material ao correo, ou sexa que algunha imaxe aparecerá.
Para Sir Gawain, de novo separado de min por brazadas de mar e auga, deixo un pequeno agasallo na miña vella casa.
E para os demais, a máis cálida das apertas e a impaciente espera do reencontro...