domingo, maio 14, 2006

Details of KZ Camp Mottos

Arbeit macht frei (literalmente=O Traballo libera). ¿Orixe? A primeira referencia (como título dun libro): Lorenz Diefenbach: Wien 1872 / (impreso como libro) Bremen 1873. Coñecido como lema dunha pegatina da pro-Nazi Deutscher Schulverein (~Asociación Escolar Alemá), Wien como moi tarde de 1924 (probablemente 1922). A orixe precisa do uso como lema de campo de concentración é descoñecida. Algunhas páxinas sen nomear a fonte atribúenlle o uso do Arbeit macht frei como lema ao Ministro de Propaganda Joseph Goebbels (1897-1945). Harold Marcuse en: "Legados de Dachau. Os Usos e Abusos dun Campo de Concentración 1933–2001", Cambridge 2001, referíndose a Johannes Tuchel: "Die Inspektion der Konzentrationslager 1938-1945. Das System des Terrors. Eine Dokumentation", Berlin 1994, atribúelle o emprego do Arbeit macht frei como lema ao primeiro SS Kommandant do KL Dachau e despois xefe da SS KL inspection (IKL) Theodor Eicke (1892-1943). Véxase tamén o libro de Eric Joseph Epstein e de Philip Rosen: “Dictionary of the Holocaust. Biography, Geography, and Terminology”, Westport 1997, referíndose a Tom Segev: ”Soldiers of Evil: The Commandants of the Nazi Concentration Camps”, New York 1987. O primeiro SS Kommandant do KL Auschwitz Rudolf Höss (1900-1947) na súa autobiografía escrita na cadea mentres agardaba o seu xuízo: “Kommandant in Auschwitz”, primeira edición Warszawa 1951, dá unha interpretación persoal do uso de Arbeit macht frei como lema dun campo-KZ.

Un elemento importante para entender o lema de Arbeit macht frei como expresión drástica das presuntas intención orixinais e 'reeducativas' dos campos de concentración vese testemuñada polas chamadas 'pedras miliarias de Himmler: ”Es gibt einen Weg zur Freiheit. Seine Meilensteine heißen: Gehorsam, Fleiß, Ehrlichkeit, Ordnung, Sauberkeit, Nüchternheit, Wahrhaftigkeit, Opfersinn und Liebe zum Vaterland! ” (~“¡Hai un único camiño cara a liberdade. As súas pedras miliares chámanse: Obediencia, Dilixencia, Honestidade, Orde, Limpeza, Sobriedade, Dicí-la verdade, Espirito de Auto-Sacrificio e Patriotismo!”), que estaban pintadas con letras enormes no KL Dachau (no tellado do edificio da cociña/lavandería/almacén), no KL Sachsenhausen (as palabras distribuídas nas portas dos barracóns), no KL Neuengamme (sobre o tellados dos barrancóns-cantinas) e probábelmente nos KL Buchenwald and KL Auschwitz (I). Ningunha destas decoracións Miliares sobreviviu ata hoxe, pero existen fotos excepto para o KL Buchenwald e o KL Auschwitz (I).

3 comentários:

Anónimo disse...

Atencion...

Interesarache porque del nada liches ainda que si tes lido a quen del fala...

http://www.elpais.es/articulo/portada/E/L/DOCTOROW/guerra/continua/elpbabpor/20060513elpbabese_1/Tes/

Anónimo disse...

"Labor omnia vincit" decía Virgilio; curiosa traslación tempo-espacial; sen embargo...o influxo do Gymnasium na educación alemana deixou a súa pegada -unhas veces para ben, e parece que otras...para non tanto- Saudos, e por certo, enhoraboa polo blog.

FraVernero disse...

Boas, meu querido estudador de Burckhardt. Alédame toparche por aquí. Recibín as túas propostas -estaría ben que a semana que ven quedásemos para parolar sobre o tema. Parécenme moi interesantes, sobretodo añadíndolle un sesgo foucaultián (poder/saber). Xa falaremos...
Canto aos lemas nazis, queda outra entrada co segundo, 'a cada quén, o seu', no que verás brillar sinistramenta á sisudez filolóxica da escola alemá...