Un dos primeiros sitios que visito cando estou nunha capital estranxeira son os seus cemiterios. Nada de morboso ou de filias estrañas, non pensedes mal. O meu legado católico actívase no inconsciente e lévame polo camiño común do culto ás reliquias. Neste caso, a peregrinaxe soe incluír a grandes escritores, artistas, filósofos e algún dos escasos políticos que respeto.
Cando estiven en Berlín, a visita obrigada tería sido, quizaves, o Friedrichsfeld, que é onde repousan os meus admirados Karl Liebknecht e Rosa Luxemburg alén doutros revolucionarios asasinados. Pero non: na guía coa que contaba, o único de interese que aparecía era o Dorotheen, a carón da Oraniemburger Strasse. Neste caso, tocaban dous dramaturgos xeniais como son Bertold Brecht e Heiner Müller e dous filósofos (nada menos que Hegel e Fichte, ámbolos dous soterrados un a carón do outro).
Igual ca hoxe, era un calurosísimo día de verán; o sol batía como unha capa de chumbo, o que se xuntaba en conspiración coas bochas dos pés para ralentizar o meu percorrido. Na mesma rúa de Orianemburg parei un chisco para visitar a Gran Sinagoga da capital, unha curiosa mestura de influencias neo-bizantinas e mouriscas coroada cunha enorme cúpula dourada. Estrañoume a esaxerada presencia policial arredor e dentro dela.
O Dorotheen resultou ser un cemiterio exemplar, moi estético: tumbas neoclásicas e vexetación exhuberante, un bo lugar polo que pasear un pouco e darlle algo de respiro ao corpo lonxe do sol de xustiza berlinés. Algunhas das tumbas que buscaba atopeinas con facilidade: Brecht estaba a carón da entrada, e o dúo Hegel-Fichte un pouco máis adiante.
E foi a carón destes dous cando sucedeu: como aparecido da nada, un home de mediana idade estaba sentado nun banco de pedra, detrás miña, garabateando cousas nunha libreta. O alemán, moi amábel, dirixiume unha pregunta en inglés, e durantes uns minutos intercambiamos unha amena conversación sobre a cidade e os filósofos enterrados aí.
O caso era que a face do alemán timbrábame algún tipo de corda interior. Eses lentes, ese cabelo, ... tiña a impresión de telos visto nalgures. Lembrei unha revista teatral co texto de Hamletmachine, e para o meu desacougo, o meu conversador resultábame estremadamente parecido á foto que viña co texto.
Algún truco mental, pensei. Unha suxestión, froito do ambiente especial, da mala memoria e da activación deses neurotransmisores (como a acetilcolina) que se activan cando estamos soñando. Ou quizaves o interlocutor meu podía ser o fillo da personaxe da foto. Non me atrevín a preguntarllo, e ao máis que ousei foi a preguntarlle polo que o meu subconsciente me berraba que era a súa propia tumba:

"Do you know where Heiner Müller´s grave is, sir?"
O alemán sorriu enigmáticamente. Fixo un xesto vago indicando descoñecemento, ao tempo que me indicaba un lugar cara á esquerda onde, segundo el, estaban soterrados os persoeiros da extinta DDR.
Saín noutra dirección, e despois dun tempo de pescuda, atopei a tumba de Heiner Müller. No lugar erguíase unha columna de ferro oxidado con algúns pitillos na parte superior.
Pouco despois saía do cemiterio. Da zona onde estaba o alemán coa libreta flotaba unha pequena nube de fumo de cigarrillo. Pouco acostumado a este tipo de enfeitizamentos, preferín non mirar atrás e gardar como un tesouro o máis parecido a unha experiencia sobrenatural que un ateo confeso coma mín é capaz de recoñecer.
Agardo toparmo se algunha vez volto a Berlín. Desta volta xa teño máis cousas lidas del, polo que serei menos tímido nas preguntas. Terei que levarlle tamén algúns cigarrillos turcos, xa que sospeito que este morto os apreciará mellor que a sangue animal...

"A sheep to Tiresias only, black, and a bell sheep.
Dark blood flowed in the fosse,
Souls of Erebus, cadaverous dead, of brides (...)
I sat to keep off the impetuous impotent dead,
Till I should hear Tiresias".
Dark blood flowed in the fosse,
Souls of Erebus, cadaverous dead, of brides (...)
I sat to keep off the impetuous impotent dead,
Till I should hear Tiresias".
6 comentários:
cando veñas de visita á Arxentina, penso que gustarache moito o cemiterio da Recoleta que ten historias dabondo. A escritora galego-arxentina María Rosa Lojo escribiu fai tempo un libro no que conta historias dalguns deses mortos, mais ou menos célebres... é realmente un paseo interesantísimo!
Ía dicir algo sobre as necrópolis, cousas sobre certos ritos en torno á morte (ós mortos, que non é o mesmo pero é igual), dos mexicanos pasando a noite sobre as tumbas para compartir cos seus defuntos viandas, ou os rusos brindando co morto cun grolo de vodka, ou a nosa Compostela nacida sobre o enigma dun cadáver (e o affaire do Panteón dos Galegos Ilustres, peculiar cemiterio), etc. Non vou dicir nada. Vou desexarlle boa viaxe a esa súa "Nube en pantalóns" que botou a andar LEFT LEFT LEFT.
O dito.
p.s.: esa historia do cemiterio berlinés xa lla lera nalgún outro lado (?), xa nos falou dela, seguro.
Ben, tereino en conta cando visite Arxentina, Torre Babélica, en cuxo caso tentaría secuestrarche como guía cementeril. O que me soaba a min de Bos Aires era o de Chacarita, no que (creo) estivera soterrado Castelao...
Tio Pepín enguedéllanos na retórica do dicr-non dicir, mais agradecémoslle os seus bos desexos. A historia do cemiterio berlinés non me consta que a teña escrita (quizaves moi sucintamente nalgún comentario a entradas, nun blog meu ou alleo), pero son preguiceiro máis para buscar...
Un saúdo!
Fascinante, fai màis posts coma este...!
Na sinagoga tamén mirabas ben para as pequenas xudías pervertido.
ARGH!! Condenación!!
Certo é que o Nadador (cousa que non aparece na entrada) era o meu compañeiro de percudas berlinesas.
Agora que o menciona, sí que lembro que arriba de todo, xusto debaixo da cúpula, estaba unha rapaza xudía moi guapa (tampouco era tan pequena, nadador!).
Enviar um comentário