quarta-feira, julho 12, 2006

Máis kitch socialista





Hai cousas máis interesantes no arquivo de propaganda de Alemaña do Leste. Sobretodo, ide dentro da sección de Posters a "Wall newspaper material" para ver o cartel número 15 (7. November 1917 Beginn einer neuen Epoche), onde poderedes contemplar o debuxo da camiseta que mercarei en breve, e que o computador non me deixaba colgar aquí...

5 comentários:

Laurindinha disse...

A min tamén me atrae moito o kitsch socialista...
Viches no Marco, na exposición Urbanitas, unha instalación dun artista galego sobre un edificio emblemático da Alemaña do Leste? Era moi curiosa...

Anónimo disse...

Enfim machinho, estás mais enfermo ca mim, o que já e dizer de mais. Molava fazer em Casco Vello algumha propaganda desse estilo, já que nos acusam de criptofascistas, de ter ánsias de poder e querer dominar o mundo mediante as nossas disciplinas vampíricas.
Em outra ordem de cousas, a ver se te apontas à ceia deste venres, que eu para entom rematarei o puto TIT (só me queda a conclusom e suponho que entre esta tarde e amanhá estará liquidada), assim poderemos friquear todo o que nos pete, beber coma porcos e conspirar para a dominaçom mundial...
Umha aperta e noraboa por rematar os exames

FraVernero disse...

Ta ben, ta ben...
Non vin as obras do Marco, lauridinha (se tes un enlace por aí agradécesa), anque xa che imaxino coquetamente vestida de oficiala soviética, cun deses gorros de viseira interminábel e estrela vermella no centro...

Para o Antediluvián xa houbo correo electrónico. A ver se nos vemos o venres...

Laurindinha disse...

Agora vai demasiada calor para un traxe soviético, Fravernero... E síntoo, fun á exposición, pero non sei se aparece en Internet...
Lord Malkav, outro blogueiro rompendo a cabeza co TIT... Eu defendino hoxe, e asunto acabado! Que ben me sinto agora... :)

Anónimo disse...

Ola manolo son eu o Alexandre agardo que dera ben ca páxina.Bon vou ver que máis tes por aí