quarta-feira, setembro 27, 2006

Interludio, Entr'acte, Verwandlungsmusik

Despois dunhas longas vacacións, e case dous meses de silencio, FraVernero volta aos teclados e promete reanudar o ciclo de emisións regulares.
Neste tempo de cortinas pechadas non tivéchedes máis que unha orquesta de silencios. Mais ben sei que non sodes dos públicos alborotadores, e John Cage xa reivindicou o baleiro co seu 4′33″.



Facendo tamén da necesidade virtude, lembro/homenaxeo co interludio unha estraña peliculiña de 1924 baseada nun libro de Francis Picabia. Este "Entr'acte" foi un curioso espectáculo dadaísta, con música de Satie e (des)dirixido por René Clair. Grazas ás novas tecnoloxías, xa podedes disfrutar en rede deste pequeno divertimento.
Disfrutada da peza. Se non vos chega con ela, xa irei meditando algunha penitencia coa que compensarvos polo tempo que vergoñosamente desperdiciei, como tódolos veráns, nos meus vicios segredos...
Noutra orde de cousas, quizaves vos interese saber que o (máis ou menos) finado Colectivo Sacou acaba de sacar unha nova bitácora á blogosfera na que Fravernero e outros membros irán tecendo textos, historias e anecdotario variado do que foron as nosas accións. Podedes topar un vínculo aquí mesmo, a carón dos outros blogs galegos que se publicitan en Trasalba.

3 comentários:

Anónimo disse...

Noraboa polo teu regreso !!!

Botabamos de menos os teus artigos. Graciñas polo filme de René Clair, botarémoslle unha ollada.


Saúdos desde Brión!


Moncho Pais
http://www.cousas.tk

Anónimo disse...

É como se falases de Picabia sen entendelo... pero a edición do libro do colectivo gústame moito. Os poemas son o de menos, coma sempre: debiades coidar máis os músicos residentes. O único inadmisible é un efecto: non digas "Fravernero" no blog de Fravernero. Autoironía quen a viu...

Arale Norimaki disse...

Graciñas por esta larpeirada dadaista, un achado ben gorentoso para este androide :)