sexta-feira, dezembro 08, 2006

O ceo sobre Berlín

Pois sí, aprezados lectores. O voso FraVernero anda estes días (en realidade, xa leva case unha semana) por terras alemanas co gallo dun congreso sobre Literatura e Cidade. O noso centro neurálxico é Kiel, centro pesqueiro rente ao mar do Báltico (moi apropiado para Zacarías, que inscribe nas arquitecturas da cidade un imposíbel caderno de retorno ao país natal). Mais este fín de semana temos translado, e paseamos polas rúas de Berlín, 'Capital Irreal', que dicía Heiner Müller.
Unha curiosa carambola quixo que parásemos eiquí no mesmo hotel (un hostal para a xuventude no barrio vermello, a carón da Igrexa Derruída adicada a Guillerme I) e -case me atrevería a xuralo- na mesma habitación da última vez: o mesmo octógono de literas e vista ao cartel grande da rúa de enfronte... A historia, dicía Marx, repitése como traxedia e como comedia. Agardaremos un final feliz...
O tempo remata no computador do hotel... Unha manchea de crónicas prusianas agardo que enchan nuns días as páxinas desta bitácora.
Un saudo para todos, e un brinde co alcool quente con especias que tanto toman eiquí os alemáns.

4 comentários:

Anónimo disse...

Goza ben do arrecendo do Glühwein namentres os azoutes de frío che encarnan as fazulas e que o teu maxín viaxe alén do tempo ao seu lombo!

Que morriña sehnsuchtiana me dá ao ler posts así...

Anónimo disse...

Vaia, Fra,

en qué próxima parvada gastarán as universidades os cartos? Literatura e cidade... e eu que pensaba que iso o inventara Iria por "joder" naquela reunión na que decidimos que non decidiríamos ningún tema novo para as novas (e xa vellas) xornadas de "defensa" (menudo sintagma) da cultura galega!! Como dicía aquel verso "teu" dos Nibelungos en referencia aos bastardos?
Tranquilo, home, o que pasa é que me corroe a envexa, como o sal dese teu porto nos metais oxidados.

Bicos en carrilana, e non vos atoredes moito TI (e) NOEL.

Saben xa os xermanos da vosa querencia risquiana? Xa me entendes... Ghe, ghe.

Ramón

Anónimo disse...

Vaia vaia vaia... Tráime unhas Bradwurst amigo... E, se podes, algunha foto daqueles antros betleanos que fixeron famosos ao cuarteto. Bicos, saúdos ás putas e que volvades con ben ou, simplemente, volvede viciños...

FraVernero disse...

Argh! Malvados conspiradores!!

En efecto, Arale. Ese palabro alemán é o nome que lle dan alá ao viño quente con especias. Un viñiño que me viña estupendo para aliviar os síntomas do resfriado que me cazou ao pouco de chegar a Kiel...
Canto ao castrón de Cando, recibirá o seu xusto merecido en breve... ¿Que é iso da miña querencia risquiá?
O Congreso estivo moi ben. Xa irei contando, xa...
Canto a Pris -a ver se xogamos mañá- sinto que é algo tarde para o das salchichas, e canto á Ripperbaun (como se escreva iso), fica por Hamburgo máis que polo porto dos mariños revoltados de 1918... Canto ao 'puterrrío' (e cito a poetas Estonios), ao parecer suecos e noruegueses frecuentan o lugar, segundo nos dixeron porque as leis alemás son máis laxas ao respeito...