En efecto, hoxe é a 'Noite de Epifanía, ou o que gustedes', unha das mellores comedias de William Shakespeare e o último día das festividades tradicionais do Nadal na Inglaterra Isabelina. Doce días que facían as veces do noso carnaval -abondosa comida e copas cheas, roles sociais postos patas para arriba, e o goberno do 'Señor da Desorde', contra o que tanto berraban os teólogos, católicos e protestantes.
A obriña de Shakespeare (como tantas de época) foi no seu día parte das celebracións (concretamente, na noite de epifanía de 1612 ten lugar a súa primeira posta en escea, no Middle Temple Hall de Londres).
Nada mellor para festexá-lo aniversario e o remate das vacacións que o visionado da adaptación cinematográfica de Trevor Nunn. E quizaves, tamén (xa que a película non a podo compartir convosco) unha imaxe e unhas liñas. A imaxe é a de Laurence Olivier facendo o papel de Malvolio na montaxe da Royal Shakespeare Company de 1955:
"My masters, are you mad? Or what are you? Have you no wit, manners, nor honesty, but to gabble like tinkers at this time of night? Do you make an alehouse of my lady's house, that ye squeak out your coziers' catches without any mitigation or remorse of voice? Is there no respect of place, persons, nor time in you?"
II.iii.83-89
(Meus señores, sodes uns tolos? Ou qué sodes? Non tedes acaso sentido, modais ou honestidade máis que para apostar coma compoñedores a estas horas da noite? Facedes unha taberna da casa da miña señora, berrando as vosas cancións de borrachos sen remorso ou mitigación da voz? Non tedes respecto ningún por sitio, persoas ou hora?)
E non deixaremos de facernos eco da resposta de Sir Toby, que igual vale para tódolos esmorgantes de tódalas épocas e lugares fronte aos aburridos puritanos:
"Dost thou think because thou art virtuous there shall be no more cakes and ale?"
(Ou pensas que porque es virtuoso non debería haber festa para ninguén?)
Só unha última recomendación: non deixedes de escoitar, se cae nas vosas mans, un Cd de cancións isabelinas do que xa teño falado nesta bitácora. Unha das máis bonitas é 'Oh mistress mine', que pertence a esta peziña de teatro.
3 comentários:
Pois entráronme ganas de oír unha desas pezas musicais como peche de tan entrañables datas... E o filme... pois que xa me entraron ganas de velo. Bicos Fra Vernero!
Mellor unha foto pequena de Olivier, que á grande dalle por cargar cando lle dá...
Canta ledicia verche/vervos por aquí, lauridinha(s)! A ver se nos vemos algo por Compos neste novo ano (algo máis que o derradeiro). Canto á peziña, a ver se dou (re)descuberto o xeito de colgar cancións no blog...
Feliz Ano!
E dicía cando cantaba: "Oh! stay and hear, your true love's coming,/That can sing both high and low."
Si, señor, Zacharias, chegachesme á alma de mozo de catorce anos vendo unha montaxe da RSC na illa de Wight...
Polo transfuguismo inocente, a esmorga e a melancólica memoria de todos as noites de epifanía.
Bks,
P.S.: ¿Son eu ou no blog das laurindinhas andaban a voltas coa nouvelle vague?
Enviar um comentário