sexta-feira, fevereiro 23, 2007

O Amor - Jüri Talvet

é mandamento, así pensaba
Kierkegaard. Mellor será
-penso eu- amar, sen facer
caso dese mandamento.
Recoñecéndose
a alma coa alma,
respostando
o sangue ó sangue,
sen saber, en pleno
voo -cara arriba
ou cara abaixo-,
cal será
o lugar de destino.

7 comentários:

A Raíña Vermella disse...

Amar sen facer caso de NINGUN mandamento. Que fermoso:)

Pris disse...

Non coñecía eu esta faceta poética do Jüri mais... é boa é!! Sorpréndeme isto dalguén a quen imaxino como un sesudo pensador sumido nun mundo fernandocabense. Dicía un amigo meu que agora está lonxe... "amar non é mirar un cara outro coma pámpanos, senón mirar os dous cara o mesmo lado". Penso que, salvando as distancias, andan os dous nunha liña de pensamento similar...

tío Pepin disse...

Fra, é que hoxe vou de blog en blog dicindo o que me parece; que hoxe teño o día tonto.
Recoñezo que debería quedar quietiño, en realidade eu non sei nada de poesía letona nin lituana nin de ningunha ex república soviética e, ergo, Jüri Talvet cáeme simpático polo diérese no u e porque se pode parodiar tontamente o nome dun meu grupo de referencia (falo de música) e dicir The Talvet Underground. Polo demais, a pesar de los pesares (un Goytisolo), o poemiña, se retiramos a sacrosanta referencia a Kierkegard lémbrame as letras desgarradas dos boleros aqueles que emitían no "Batallón de modistillas". Eso si, insisto, eu xa sei que teño o día tonto e que, por enriba, carezo de refinamento lírico e, ademais, cada un entende o amor como cada un entende o amor, incluído o amor letón.
Un abrazo.

p.d.: aí lle vai unha estrofiña de mostra, ¿lembra?

No, detengas el momento
por las indecisiones.
Para unir alma con alma
corazón con corazón.
Reir contigo ante cualquier dolor,
llorar contigo,
llorar contigo será mi salvación.

Laurindinha disse...

A min paréceme precioso amar sen atender á convención (ou mandamento)de ter que amar e ter que ser amado; Precioso poema... Saúdos Fra, que xa hai que non o vemos... eu diría que este ano vou pouco por filoloxía, pero vostede ten que animarse a saír algún mércores ou xoves a tomar unha por aí. Un Gin-tonic, non é?

O Raposo disse...

Si, fermoso poema.

FraVernero disse...

Ben, alédome de que gustase...

E ben di L. precisa coma un reloxo de Cesio. Gin-Tonic, ou o nectar e ambrosía dos deuses. Habémonos ver o xoves, espero.

Uncle Joe fustígame, asociando a Jüri tal os grupos pop que beben o ámbar derretido a beiras do Báltico... Quizaves o poeta montado en moto e gafas Lorenzo Lamas 'Easy Rider'? Non me pega coa foto... he, he
Pois sí, pris. O crítico tamén devén poeta (e a miñoca, bolboreta). Casas é o noso exemplo local...
Amar sen mandamentos faise difícil nunha sociedade como a nosa que converteu o código do amor-paixón en fetiche do que tirar... Longa sombra do Rousseau e herdeiros románticos, mais que lamento leva nas súas convencións por camiños lixeiramente malsáns...

Arale Norimaki disse...

É o primeiro contacto que teño con poesía estonia e de feito con poesía báltica, mais é ben prometedor. Concondo niso do uso dogmático-fetichista que acotío se fai dos conceptos amor-paixón, pero quero pensar que de cando en cando aínda é posible fuxir del...