terça-feira, abril 17, 2007

A fin de Isaac Babel

(...) Tralo pacto de Ribbentrop, Stalin liquidou os casos de Yezhov que se estiveran a acumular, entre eles o do propio 'Morita', que confesou ser un espía dos ingleses, dos xaponeses e dos polacos. Tamén denunciou aos amantes literarios da súa muller, e deste xeito, a marca indelébel dos bicos de Yevgenia resultaría fatal moito despois de que ela mesma desaparecera da escea. Sholojov foi protexido pola sombra do propio Stalin, pero Isaac Babel foi detido, e as derradeiras palabras que lle dirixiu á súa muller foron as seguintes:
-Por favor, encárgate de que a nosa filla medre feliz.
O 16 de Xaneiro de 1940 Stalin asinou 346 condeas a morte, unha lista cos tráxicos restos do naufraxio do Gran Terror, na que se misturaban nomes de auténticos monstros cos de persoas inocentes; entre eles estaban algúns dos talentos máis sobresaíntes do mundo das artes, coma por exemplo o de Babel, o do director teatral Meyerhold, e o dun amante de Yezhova, o xornalista Koltsov (no que se inspirara Hemingway para a personaxe de Karpov na súa obra For whom the bell tolls), pero tamén o propio Yezhov, o seu irmán e os seus sobriños -que non eran culpábeis de ren-,a súa célebre amante, Glinkina, e un xerarca caído en desgracia, Eije. A maioría (anque non Yezhov) foron torturados sen piedade -coa fruición que poñían Beria e Kobulov no seu traballo- na prisión de Sujanov, o reino especial de Beria que, ironías do destino, fora noutrora o convento de relixiosas de Santa Catalina.
"Os interrogadores comezaron a empregar a forza comigo, un pobre home enfermo de sesenta e cinco anos -escribiulle Meyerhold a Molotov-. Obrigáronme a que me tumbase boca abaixo e logo mallaronme na planta dos pés e na columna vertebral cunha correa de goma. Sentáronme nunha cadeira e mallaron na parte superior dos pés... Durante os días seguintes, nos que aquelas partes do meu corpo se cubriron de grandes hemorraxias internas, volveron a mallar sobor daquela morea de contusións vermellas, azuis e amarelas, e a dor fíxose tan intensa que parecía que estiveran botándome auga fervendo por enriba... Ouveaba e choraba da dor. Malláronme o lombo... malláronme a cara, deixando caé-los seus puños con forza dende unha distancia considerábel... Aquela irresistíbel dor, emocional e física, fíxome verquer infinitas bágoas..."




Nos días sucesivos, Ulrij, o xuíz de Stalin tan amigo das sentenzas de morte, condeou a tódolos reos á pena capital nunha serie de xuízos rápidos e precipitados levados a cabo no cárcere de Lefortovo, antes de acudir a unha gala no Kremlin na que actuaron o tenor Kozlovski e a bailarina Lepeshinskaya. Babel foi condeado baixo a acusación de ser "un axente dos servizos segredos de Francia e Austria... e de estar vencellado á muller do inimigo do pobo, Yezhov". Foi fusilado á unha e media da mañá do 27 de Xaneiro de 1940, e o seu cadavre incinerado.

7 comentários:

Mario disse...

Como era este Iosif, relaxábase con cada cousa...

Anónimo disse...

Querido Fra (se me permite este arranque meloso, hai un par de anos pasáronme un libro de Rubem Fonseca, un romance (parece ser que os brasileiros diferencian entre romance e novela, pero eu non fun máis aló deso) no que o motivo nuclear de todo o texto xira en torno á búsqueda dunha suposta obra inédita de Isaac Babel que tería escapado á desfeita stalinista e circulaba polo mercado negro para que o mellor postor a levara. Aproveitando que o Pisuerga pasa por Moscú Rubem Fonseca vai metendo no seu (logo) romance moitos datos da vida e obra de Babel dun xeito moi natural e moi ben traído. A novela (para nós) levaba o título de "Vastas emoçoes e pensamentos imperfeitos".
Best wishes (dialectal Serra de Outes, deduzo).

Anónimo disse...

Cavaleria rústica:

Magris adicou algunhas bonitas e intrascendentes palabras a Babel.

Non lin o romance de Fonseca, pero diría que a distinción entre romance e novela calca a distinción entre "romance" e "novel", que é novamente unha aportación da grande tradición do Centro para a Innovación en Teoría Literaria da Serra de Outes que contou nos últimos anos con ilustres convidados como Stanley Fish e con Rappel que convocou nunha sesión de espiritismo a mesmísima pantasma de Paul de Man.

Alguén coñece o fermoso videoclip da fermosísima canción "Isobel"? (Non digo de quen a canción porque o mantenedor cabréase.)

Bicos

SurOeste disse...

Nota antierudita:
Se alguén ten antollo no libro de Ruben de Fonseca téñoo eu e préstoo.

FraVernero disse...

Por certo (que sempre está ben citar as fontes...), este era o segundo anaco que vos tiña reservado da miña lectura da biografía de Sebag Montefiore...

Uncle Joe seguirá por anos fustigando o meu estraño acento outense. Teremos que ler ese libro do Fonseca lo... Quizais llo pidamos entón á Suroeste, república (bananeira) que nolo ofrece, xenerosa.

Mylord Gauvain, fazedes mal en mentar nesta casa, anque sexa indirectamente, a esa Björk que, por motivos asociativos persoais, detesto cordialmente. Nembargantes, os teus pecados serán perdoados, previo cilicio e música de cadeas e azotes.

Claudina Domingo disse...

Hello, my anme is Claudina Domingo. I am mexican writer who also writes a column for a newspaper. Manzana Podrida (Rotten Apple) treats about some kind of obscure fact abaut the life or death of some writers. It was a good surprise found yor blog; indeed i was looking for some information for my next article; and was also a surprise because some months ago I wrote abaut Babel. I know a lot of writers who are not interested in Babel (¡!) wich is very strange taking in acaunt that each of his stories worth a Nobel Prize. I don´t speak a word in portuguese, but since it´s a very familiar idiom to spanish i can understand what you write. Do you understand spanish? I will post for you my article in caballitodetroya.blogspot.com

un gran abrazo desde la ciudad de México

FraVernero disse...

Apreciada Claudina:

si, la verdad es que entiendo el español sin problemas. Como ciudadano del Estado Español, su conocimiento resulta imprescindible e inevitable. El idioma del blog, que muy acertadamente adivinaste como cercano al portugués, es el gallego.
Tienes un inglés estupendo, por cierto.

Espero con impaciencia tu artículo, y vuelo, como la aurora, para tu bitácora.

Un saludo.

Manuel