quarta-feira, maio 30, 2007

Ecfrase Inversa

Só quedaba un dos poetas comparatistas por poñer na miña bitácora. Despois de moitos meses de insistencia conseguín por fin tomar a praza forte da resistencia de don Adriano de Armado, mote Shakesperián que esconde ao amigo e poeta Adrián Álvarez Meilán e o tapiz de versos que esbaran da súa pluma e do seu maxín.
Últimamente estaba ollando as ecfrases de González Garcés nun dos seus libros, e que colleron categoría de exemplo (como tal aparecen no diccionario de termos literarios do equipo Glifo). Neste caso, pensei facer o camiño inverso, e buscar unha peza artística (pintura ou escultura) que servise de ilustración/explicación ao texto. Do maior ou menor éxito de FraVernero opinaredes os lectores-fitadores. Canto ao poema, que antepón o pórtico aéreo das súas verbas ao engado espectral das imaxes, velaiquí o tedes:


Como penetra o sol na aura da xente!

Recuperando a distancia

que se esquece co tempo

somos seducidos pola plenitude dos extremos

axeonllados da noite.

As oposicións destrúense nunha loita

sen corpos nin mentes

e os amenceres filtran as cores

da luz e os solpores beben e bícanse

no romance enfermizo

da unidade.

– Non sairán máis coches dos aparcadoiros,

son demasiados os transeúntes.

As direccións estreitábanse nos retornos.

Tecidas as vidas non quedan futuros

que nos agarden nin pasados que neguen

a nosa habilidade. “Recoñecerse en cada

instante”. O sangue escorrega

polas molduras metálicas dos espellos.

Aquela frialdade do ilimitado

percorre tódolos camiños de asfalto

derretíndose baixo os teus pes feridos.

A humidade é mortal para os peixes,

deténse a consciencia e abrimos

os nosos úteros de escamas.

Xamáis o saberemos, que importa?

Xa terá pasada a quenda

e as preguntas empuxarán ó home

ó abismo.

7 comentários:

Anónimo disse...

Gran poema, si señor.

Anónimo disse...

Para un exercicio de ecfrase inversa eu case me decantaría por un Baselitz acompñando o texto e non por un Pollock.

FraVernero disse...

Por se non ficou claro no texto, dado o meu frecuente esbaramento cara o barroco, o poema presentado foi escrito por Adrian, non Gonzalez Garces, do que namais que tomei a idea da ecfrase -inversa no meu caso-...

Lucía disse...

Me ha gustado bastante el poema. Me gusta eso de que los coches no podrán salir de los aparcamientos porque habrá demasiados transeúntes. Intersante.

Anónimo disse...

Como eu habitei baixo o mesmo teito que ese poeta, visitei con el a casa de Peggy Guggenheim deseñada por Aalto sobre o mesmiño fondo do mar e comín con el canastillos de zabaione no límite da chaira (me genuit, claro, pro non da pedra súa)... pois non podo ser imparcial...

Unicamente direi que este post merece un comentario en clave de Bachelard: materialización do espazo imaxinado...

"Aquí es donde acaba la ley y empiezo yo." (Tío Pepín/Cobra)

"Vas cobrar." (Miña señora nai)

Mario disse...

Eu tiña que contactar con vostede, aver se me pode enviar un correo, porque non atopo o seu.

FraVernero disse...

Cal correo necesitas, Mario? O meu ou o de Sir Gawain?

Un saúdo.

M.