O cadelo piloto vai para aquel(es/as) que poida descubrir algún dos libros da miña habitación nesta imaxe difuminada (ou, por defecto, a imaxe dalgunha das estampas aínda máis esluídas...).
terça-feira, abril 22, 2008
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
8 comentários:
Pois eu non vou levar o can, pero agardo que vaias enchendo os andeis con novas pistas, que anda a cousa un tanto depoboada. Unha aperta e alégrome moito (con certo retraso) do retorno.
Vaia pro loft que se gasta o Fra! En breve tocarame comenzar a procura dun recuncho no que recargar as baterias, mais sospeito que non ha de ter unha estanteria tan xeitosa (concordo con Mario en que hai que engordala ;). Eu tamén hei quedar sen cadelo, éche o que ten a miopía.
Alégrame saber do seu retorno (e aliviame saber que non fun a única desaparecida).
O mellor é a radio do andel de abaixo. Debe ter reprodutor de CD e todo... manda carallo! O meu ficou co de cassette e bo é!
Moncho Pais
O can será o cambote, que desapareceu sen deixar rastro... (se segues por aí, deixa aviso, oh...).
Mario pide pistas (que non sexan como as da parcelaria) polo que direi que
1) 3 das estampas e 1 dos libros contan con variacións da mesma cara. Coñecendo os meus gustos...
2) O estante do dormitorio contén, como vedes, poucos libros -case todos están abaixo-. Este é o refuxio para os que estou lendo neste intre, e para os libros máis 'frikis'.
Arale, bo ver os teus circuitos de novo a circular. Canto ao de engordar a estantería, créme, é algo ao que me adico con maior ansia que a adelgazar ao seu dono.
Moncho, ese radio debe ser a inversión máis parva da que teño lembranza (eiquí a música a escoito no computador, anque me serviu de moito no piso compostelán, sobretodo nas etapas depresivas...).
aí aínda hai espazo para moitos libros máis ;)
Cóidese, un bico.
A min paréceme o prototipo de cuarto-despacho de opositor.
Distingo varios de Tolkien (os Contos Inconclusos, aventuro) e penso que varios de Lovecraft da nova liña de Alianza, así coma varios de Pratchet de Mundo Disco... Hai un amarelo que podería ser Gáidil, pero non sei, non sei...
Un saúdo, maese Fra.
Por certo, ten un radiocasé igual que o noso!
Bingo, Breogán! Non fallaches ningún!
A ver se vos fago algo de publicidade, que vou meter 'As Crónicas de Gaidil' con Casco Vello como exemplos de comunidades virtuais relacionadas coas Cibercidades... xa contarei, xa...
Enviar um comentário