Antes de atacar a Méditerranée (fican arredor de 150 páxinas), o Mantedor tivo tempo de asaltar á abordaxe algún outro volume dos que soe pedir por correo aos territorios transatlánticos. Como o tema elegante dende a estadía en París revira arredor dos que levan a etiqueta 'ciber', un dos que me atraeu (o debuxo da portada tamén axudou moito) foi o de Larry Mc Caffery (ed.) 'Storming the reality studio', baixo sub-titulo 'un libro ilustrativo (casebook) da ficción Cyberpunk e Postmoderna'.
O volume resulta ser unha antoloxía de textos e fragmentos en dous bloques (o literario e o teórico) cos que o editor/escolledor, o señor Mc Caffery, pretende representar a tese que da senso ao libro e que resume o título e a introducción, a saber: que indo cada un pola súa conta e sen contacto co outro, xurdiron liñas comúns e inquedanzas semellantes entre o subxénero da Ciencia Ficción que é o Cyberpunk (e nas artes afíns que se apropiaron tamén desta etiqueta) por unha parte, e no pensamento e a literatura 'Postmodernos' pola outra. É unha tese coa que non podería senón estar máis dacordo. E nembargantes, o libro, malia a innegábel calidade e interese dalgunhas das súas escollas, remata por dar unha impresión lixeiramente contraria á que é a súa liña principal.
Quizaves isto resulta inevitábel do seu carácter como escolma de textos. Unha estratexia que ten elementos positivos, sen dúbida (visión xeral do tema, ampla bibliografía, pequenas mostras literarias e teóricas que abren o apetito para continuar lecturas por aí), pero que tamén evita artellar unha sólida perspectiva global que lle dea algo de carne ao esquelete das ideas unificadoras. Lendo a antoloxía sen consultar os nomes dos autores, un ten a impresión de que resulta moi doado, marcadísimo, demasiado doado, distinguir aqueles textos 'posmodernos' (anacos de Pynchon ou de DeLillo) dos cyberpunkarras (Gibson, Rucker, Sterling...). O mesmo pasa cos ensaios teóricos, onde o estilo máis directo e ao tema duns desentona claramente coa alta teoría ximnosofista dos Derrida, Lyotard, Jameson ou Baudrillard. Ao mesmo tempo, o 'ton' e a calidade de cada anaco (como non pode menos que acontecer nunha escolma) é moi irregular. Temos intervencións lúcidas e clarificatorias sobre o tema, anque ben poucas (os propios artigos de Mc Caffery, de Bruce Sterling, de Mc Hale), 'clasicos da teoría', e logo artigos totalmente descolocados. Notoriamente, hai un dese profeta desnortado que é Timothy Leary e que non pinta nada neste volume, malia agocharse sob o título de 'The Cyberpunk: The individual as reality pilot'; as súas liñas redúcese a lugares comúns fóra do tema -o seu mesmo concepto de Cyberpunk non ten nada que ver co significado habitual da palabra, caendo nos tópicos gastadísimos das 'drogas, o pensamento independente á marxe do poder' e outras hippiadas lisérxicas propias dos anos 60, e non dos 80 (a década do Cyber).
Globalmente, o libro merece o aprobado (sobretodo, como visión panorámica xeral e polo descubrimento dalgúns autores curiosos), mais quen busque unha maior solidez argumental terá que recorrer a outros volumes, unha mostra dos cales podería ser 'Cyberpunk and Cyberculture' de Dani Cavallaro, ou 'Terminal Identity', de Scott Bukatman.

6 comentários:
Semella interesante, mágoa que o meu mal inglés só me permita ler literatura (?) científica. Resúltame fascinante o concepto de cyberpunk, aínda que recoñezo que, igual que outras palabras, como postmoderno, non nunca remato de estar segura de que significan para min o mesmo que para os demais.
E que, como foron as oposicións?
Guía para perplexos...
Sen ser un experto nos dous termos, raíña, aventuraríame polo momento a unha definición 'para andar pola casa' do cyberpunk, e suxeita a tódolos ataques que queirades:
Cyberpunk: subxénero da Ciencia Ficción que xurde a mediados dos 80 nos EEUU. Entre os seus elementos característicos están:
-reflexa un futuro 'cercano' (pouco de extraterrestres, naves espaciais e outros planetas), o futuro de mañá mesmo.
-Forte preocupación por unha escrita formalista, densa, descriptiva, 'superficial'.
-Interese por tecnoloxías 'actuais': electrónica, redes virtuais, biotecnoloxía, clonación, cyborgs
-Forte ton distópico e pesimista. Futuro inmediato de capitalismo 'feudal', corporativo, transnacional.
-Figura resistente e habitual protagonista: o hacker. Tamén o/a mercenario urbán.
-'Alta tecnoloxía, baixa comercialización': seguindo a estela da divulgación en productos tecnolóxicos de consumo de masas xa dende os 80 (Pc, walkman...), reflexo ambivalente do boom tecnolóxico e o seu consumo a nivel popular e 'suxo'.
A lista queda algo longa. Amais, pasa o que pasa sempre: na súa totalidade, estes elementos só deixarían ao fundador, Gibson, como cyberpunkarra. Neste senso, compre distinguirmos tamén o Cyberpunk como 'etiqueta xeracional' e 'comercial' pola que unha grea de escritores sci-fi dos 80, insatisfeitos co que había, deron en unirse e autopromocionarse baixo este paraugas amplo.
Ao anónimo, e como non me gusta repetirme, coma o caldo (máis coa calor estival), remitoo á miña fotobitácora.
nesa descrición encaixa, máis ou menos, o gran J.G. Ballard, non é?
pódenos ofrecer máis nomes de escritores cyberpunk -preferibelmente traducidos a portugués ou castelán-?
Sí, maís ou menos. Ballard é frecuentemente citado coma o 'Xoán o Bautista' do movemento, anque non o consideren membro del.
Outras figuras destacadas da xenealoxía son Burroughs (sobretodo a triloxía 'Nova') ou algúns escritores 'mainstream' que tocaron a ciencia-ficción (sobretodo Pynchon e Vonnegut). En cine, a imaxe plásmase en 'Blade Runner' de Ridley Scott (malia o paradoxo de que o texto que inspira á peli é de K. Dick; a estética é de certo cyberpunkarra: futuro 'suxo', electrónica popular, 'detective'/investigador ao servizo (e á contra) das grandes corporacións, etc...
Non estou (moi egoístamente, confeso, xa que lidio coas obras en Inglés) ao tanto das traduccións, anque unha ollada someira permíteme ver que en español temos, por exemplo, 'Mirrorshades' (unha antoloxía do xénero editada por Bruce Sterling, que publicou Siruela no 86), anque nunha edición dos 80 que debe ser dificil de topar hoxendía. Da triloxía do Sprawl, the William Gibson -as obras máis representativas do xénero- foron verquidas ao español pola editorial Minotauro 'Neuromante' e 'Conde Zero' (esta última no ano en curso).
De Bruce Sterling podes topar 'El chico artificial (EDAF, 1991), 'Cismatrix' (Bibliopolis, 2005), 'Islas en la red' (Destino, 1990) ou 'La máquina diferencial (anque esta última é xa outro xénero, o Steampunk, do que xa falaremos outra volta). Outra bitacoreira virtual, Pris, habíache poder informar algo mellor ca min, de seguro (xa lle deixarei nota no blog).
A nivel de anécdota, tes tamén 'La primera calle de la soledad', de Gerardo Horacio Porcayo, que inaugurou o xénero en México alá polo ano 93.
tomo nota. muito obrigado
Enviar um comentário