Goréntame moito certo graffiti, do que Banksy é un representante ideal. Este anaco esta pintado no muro da vergoña (non, non o de Berlín, que xa é tan só unha reliquia arqueolóxica e unha metáfora incompleta do fracaso de certo tipo de socialismo, senón o outro, en Cisxordania).
Para outra volta deixamos unha reseña de Snow Crash, conmemorar o aniversario da República de Gilán ou comentar o apoio crítico do Mantedor á considerazón europea de Turquía. Acaban de chegarme dous libros por correo, e agardan impacientes que me bote sobre eles...

2 comentários:
Bótese, bótese sobre eles, que un libro case sempre é unha boa compaña.
Ánimo cos libros!!
No referente ao Grafitti, gustanme sempre e cando estean de "xeito ordenado", o cal coido que é contrario á cultura do Grafittismo en sí.
Estes días por Ferrolterra teñen a polémica servida por este tipo de detalles.
Un saúdo e a ver cando quedamos tio!!
Enviar um comentário