sábado, outubro 18, 2008

Multiple Choice

Xa sabedes que os azares da vida blogueira deparan unha curiosa irregularidade e teoría do caos no referente á frecuencia, calidade e variedade das entradas. Hai días que o(s) autor(es/as) ten moitas cousas que dicir -o espazo compreme- e días nos que non ten gran cousa que contar, e a inercia da preguiza tampouco axuda ao respecto...

Hoxe, pola contra, sóbranme temas que tratar, mais non me dou decidido. Por iso encho unha entrada con significante baleiro e espírito ergódico, e deixo nas vosas mans a escolla do tema da próxima entrada. As posibilidades son:

1) Lecturas actuais e libros recibidos por parte do Mantedor

2) Stelarc, e a súa famosa 'Terceira Man'

3) Qué é iso do 'espírito ergódico'?

4) Anecdotario: Máster de Teoría da Literatura, recitais, vídeos e debates varios

5) Íntimo e indiscreto: a serie 'V' e a líbido incipiente de Fra Vernero

6) Gracián, xenio barroco e incomprendido: fragmentos

7) Oniromancia: soños recentes (antonte, con Chus Pato)

8) Elexía: Ramiro Fonte

9) Contra o Pensamento Único (post-estructuralista)

10) Reseña de libros (posibilidades: Scott Bukatman, 'Terminal Identity', Neal Stephenson 'Snow Crash', William Gibson, 'Burning Chrome', William J. Mitchell, 'City of Bits', David Porter (ed.), 'Internet Culture')

11) Problemas da literatura galega: Steiner, Paco Rodríguez, Caneiro, Fernán Vello, Franco Grande e outros bichos

12) O 'Instituto Walter Benjamin de Estudos Sociais', e outras fantasías frustradas

13) Buzón do lector (propoñede algo!)

7 comentários:

SurOeste disse...

zo por lerlle as súas disertacións íntimas e indiscretas sobre o que descubriu vendo a serie V. Todo o demais, para sermos francos/as dáme igual.

SurOeste disse...

Por que o sistema comeu "Adoe-..." ?

Anónimo disse...

ningunha ocasión é mala para divagar sobre "intelectuais" con nomes tan chuscos coma "Franco Grande", redactor de glosarios e opinador imprudente...

Moncho Pais disse...

Hostia, o de V. O da libido de FraVernero con V. Xa o podo imaxinar, mais gostaría de o ouvir XD Tamén me raia o de Chus Pato... aínda que o mundo dos soños é pra tratar á parte porque eu tamén teño algúns que me arrepían!

Saúdos!

Raposo disse...

Despois das pertinentes deliberacións mesturadas (todo hai que dicilo) cuns grolos de alcohol, voto polo "espírito ergódico (tema interesante onde os haxa) e pola líbido da serie V (moi apropiado para as horas intempestivas nas que acostumo a fedellar polos blogues.

Nébeda Piñeiro Barros disse...

eres tan culto que me mareo.

FraVernero disse...

Vale. Se non hai novidade, iso suma 3 votos para V e 1 respectivo para o ergódico, o onírico e as nosas letras. Tentarei compracervos cunha entrada entre hoxe e mañán.