O Potop (máis concretamente: Potop Szwedzki) é unha palabriña polaca que significa 'dioivo' e que se refire a unha catástrofe nacional sen precendentes: unha serie de guerras de finais do século XVII que arrasaron á Rzeczpospolita, deixando o país en ruinas e listo para os sucesivos repartos e a desaparición da nación dos mapas durante máis dun cento de anos, ao punto de que cando un socarrón estudante francés chamado Alfred Jarry quixo ambientar a súa famosa e escatolóxica fábula nun non-lugar, escolleu Polonia "que é como dicir, en calquera parte", ou ningures.
Perdido o vezo ata para a metáfora, terei que esixirlles aos lectores que enchan os ocos e peguen o chimpo á inesperada e catastrófica derrota electoral do pasado domingo, que xa ten sido obxeto de análises máis sisudos que os meus (anque non todo o duros co nacionalismo que deberan ser) por exemplo eiquí, eiquí, eiquí ou tamén eiquí, e de dispersas reflexións no blogomillo. Agora toca, de certo, apandar, recoller os cristais rotos e ir poñendo un reloxo nuclear de rubidio, cesio e francio á espera. A travesía polo deserto promete ser longa (20 anos, Barreiro Rivas dixit, é un home que sabe ben do que fala), anque na opinión do Mantedor, demasiado leviá para os incompetentes e inutiles responsábeis desta desfeita.
'Autocrítica' é un termo legado do antigo 'socialismo real' e que lle acae perfectamente a esas persoas e estructuras do Bloque que só conservaron os tics máis detestábeis da experiencia do leste, anque en Galiza somos moi civilizados e non chegaremos ás purgas ou os campos de traballo. Esas persoas e estructuras que levantaron do pó ao pequeno Espartaco, apenas Spartaculus de romería, eterno forxador de derrotas á pescuda (tal o noso Sísifo posmoderno e barbudo) do evanescente centro galeguista, perdido -engadiría Ferrín- sen que nunca fose noso.
Da autocrítica, digo, é do que necesita en grandes doses un BNG que fixo unha xestión verdadeiramente decepcionante destes 3 anos e medio dende a arrogancia, a soberbia, a traizón aos seus principios e movementos sociais, o continuísmo e, en definitiva, dende a falacia -nociva e autocompracente- de rematar por crer os discursos demagóxicos sobre o país e as súas xentes, presuntos escravos servís e irracionais dun poder faraónico no que chegaba entrar para termos a poltrona asegurada durante alomenos unhas cantas décadas. Na orde do día está o pranto e o rinchar de dentes, e a remota esperanza de tornar (espectro de Milton e os teólogos máis líricos a visitar as terras galaicas) a caída nunha victoria futura co retorno ás bases e as ideas, e coa longamente demorada limpeza interna dun Bloque en caída libre (corenta mil votantes por elección) dende a marcha do Beiras idealizado que consumara -brevemente, alas!- o soño do sorpasso. Última variación, metáfora, cita co Stalin alporizado da invasión do exército feixista, espetando: "Lenin (digamos, Beiras) fundou o noso estado, e nós (os inadaptados, Quintana e os Coroneis) acabamos de fodelo".

2 comentários:
Prezado FraVernero:
A frustración de ver entrar o feiximos nas casas galegas foi moi dura. Eu quedei sen verbas cando vin o resultado e concluín que o pobo galego é un suicida. Por que escoller un partido que a priori xa tiña corruptos nas súas listaxes electorais (Luís de Ourense)? É iso mellor có bipartito?
De todos xeitos levo estes días cavilando sobre o tema e coido que tes moita razón. Eu opino exactamente o mesmo. É unha boa oportunidade para reflexionar e remexer ben remexido o BNG. Precisa dun cambio total e absoluto e deixárense de caralladas e de sinalar co dedo. Hai que mover as bases.O BNG ten que se presentar á sociedade como unha alternativa real e non como un "refrito" semellante ao PSOE con lembranzas do fraguismo. Que hostia é o BNG? Non fixeron nada! O que tiñan que facer non o fixeron. Preferiron o continuísmo e manter unha liña moi conservadora, case inactiva. O pobo tamén castigou esa posición "cómoda" do bipartito. Hai que espabilar, carallo!
O problema é que moit@s votamos ao "mal menor" sen pizca de ilusión nin de confianza, só pensando en que non gañaran os outros, o mal maior. O BNG debería pensar, non xa nos que deixaron de votarlles, senón en cómo votaron os que lles votaron. En fin. A loita está na rúa.
Enviar um comentário