Certamente, o aparato conta con tódalas miñas beizóns. E as posíbeis ventaxas son moi seductoras: posibilidade de carrexar nun formato confortábel centos ou incluso miles de libros, emprego de procedementos mecánicos de pescuda, marca-páxinas e navegacións hipertextuais, acceso doado a volumes doutra maneira difíciles de atopar... E nembargantes, o que parece un terreo prometedor está estancado, e non ten visos de mellorar no curto ou medio prazo.
Algúns dos problemas teñen que ver coa tecnoloxía en sí: o e-book require unha versión careira nunha carcasa (o e-reader), tanto máis dispendiosa debido ao espectro de obsolescencia tecnolóxica que acompaña sempre aos aparellos electrónicos, alén dos perigos da Bruxa Avería. O aparato necesita recargar baterías e enchufes cercanos, e o cabalo de bataia segue sendo unha resolución absolutamente non-cansina da vista, comparado co papel. Relacionado coa autonomía enerxética, as imaxes a cor de alta resolución (que son as que máis problemas dan) tamén requiren de axustes e de melloras.
Mais o problema maior ven dado ao meu ver pola torpeza e timidez das empresas do ramo, xunto coas súas arcaicas estratexias de control e de dereitos. Os e-books dispoñibles presentan unha variedade incompatíbel de formatos, e unha obsesión enfermiza por evitar os perigos da piratería que concretiza en menos dereitos para o comprador de e-books (por exemplo, non podes facer copias, e incluso a compañía pode hipotéticamente retirarche acceso ao libro que xa mercaches). Se a isto lle unimos uns prezos absurdamente caros (actualmente, moitos dos e-books custan case tanto coma os equivalentes en papel), enténdese a irrelevancia dos nichos de mercado que acadaron. Non quixera xogar a Casandra, mais temo que as limitacións dos empresarios e a ausencia dunha forte inversión improductiva e anterior ata que o sector poida manexarse por si só (que foi o que pasou con Internet) parecen condenar ao sector ao marasmo ata dentro dunhas cantas décadas, é unha situación que lamento. O fetichismo propio polo libro de papel non exclúe as utilidades innegábeis do novo (por exemplo, e como dicía, para libros 'raros' que agora teño que pillar por correo, carísimos e de segunda man), e incluso é posíbel imaxinar unha convivencia harmónica onde o libro tradicional ocupe un nicho de 'mercadoría de luxo', con mellores edicións en papeis de calidade. Mais polo momento, as posibilidades non cristalizan máis alá de soños calderonianos, 'y los sueños... sueños son'.

3 comentários:
Joder, Conde, cada vez é máis interesante o teu blog.
Se me dás permiso, levarei o texto para comentalo cos meus alumnos. Tamén me molou a entrada dos haitianos.
Ramón
Sabes que Haití é unha afinidade común, que inspirou case simultáneamente textos meus ('Libre vivía Calibán...') e teus ('no lombo da moza, carne de carbón').
Tes indulxencia plenaria para piratear e exemplificar co texto. Iso sí: corrixe as grallas, se se colou algunha...
Pois eu estouno agardando como o maná, por varios motivos que van dende o espazo ao meu gusto polos aparatuquis tecnolóxicos (a pesar, si, da súa obsolescencia). O problema vai ser que o papel é difícil de imitar en canto a comodidade. Falaremos outra vez dentro de cinco anos :)
Enviar um comentário