terça-feira, outubro 27, 2009

Volare, oh oh

Por máis que lle gorente a Dean Martin, o certo é que dar voltas polo globo partindo da Gallaecia é un considerábel quebradeiro de cabeza, agás que pretendas viaxar tan só a cidades españolas ou aos aeroportos máis terceiromundistas de Europa (si, isto vai por ti, Bologna-Forlì, ou a exemplificación de como se pode montar un galpón pequeno de cemento, vendelo como aeródromo e usurpar de paso o nome de Bologna, a moitos kilómetros de distancia).

Sen entrarmos na absurdidez minifundista do país, con tres campos de aviación en diferentes gradacións e matices do pior ao lamentábel, o caso é que incluso o presuntamente mellor deles, na Lavacolla, adoece de falta de conexión con calquera aeroporto internacional digno de tal nome. Por suposto, o sucursalismo con Madrid ou Barcelona suple moitas, pero non todas, as necesidades.

Agora mesmo o Mantedor está a romper os cornos na pescuda (non urxente nen inmediata, iso si) dun billete para Osaka, en Xapón, que non o leve en ameno percorrido de 7 días por tódalas aeroliñas do continente, outros mundos e parte de Portugal. Dado que a península ibérica carece de voos directos co País do Sol Nacente (P.S. e como farán os xaponeses para chegar a Compostela ou a Barcelona?) ata o momento fun incapaz de tecer un encaixe de Camariñas ou cubo de rúbik que implique menos de 3 cambios de avión e outros tantos días perdidos tan só nos diferentes transbordos. Se a alguén se lle ocorre algunha suxerencia ou solución para semellante nú gordián, son todo ouvidos a aperto por anticipado ao meu Alexandre Magno...

4 comentários:

Mr Tichborne disse...

Coido que Iberia mantivo unha liña directa con Tokio durante un ano e tivo que pechala polas perdas. Eu xa me conformaba con poder voar da Alemaña, onde vivo, a calquera aeroporto galego (que tampouco estamos falando de soles nacentes e poñentes, está relativamente perto) sen rebotar en Madrid, BCN ou calquera outro sitio exótico. É o que hai.

FraVernero disse...

E non tes 1, Tichbone? Creo que Cutre-air (a empresa irlandesa) ten un voo Frankfurt Hahn-Compostela (anque imaxino que o o tal Frankurt Hahn ha ficar seguramente máis perto de Moscovia que de calquer territorio alemán...

Raposo disse...

O Capitan Trueno (afoutado español e impertérrito viaxante) foi quen de chegar ata Xapón, dunha tirada e en pouco tempo, viaxando en globo, grazas os planos que lle deu un tal Mago Morgano e os ventos favorables que lle ayudaron.
Suxerencia que che deixo aquí por si as outras opcións non te convencen.

Anónimo disse...

Manolo, eu para vir a USA adoito ir a Frankfurt (pero non a Hahn, senón ó máis grande) Mirei en Govolo e tes (coido) un vo directo, ou polo menos que chega ó día seguinte, por menos de 500 euros ida e volta (eu mirei por mirar para Xaneiro, indo o 7 e voltando o 25) Pónoche o link pero non sei se funcionará-

E vai, home, vai sen pensalo que é preciso, con urxencia extrema, mesturar a raza para atopar a orixe. Eu teño unha alerxia tremebunda, e como me costa leer estou aquí, nun café (é Halloween, e isto está cheo de cabazos andantes) a planificar viaxes.



http://flight.govolo.com/etape2.cfm?ref=2008022801&destination=462&Provenance=354&Date_Depart=7/1/2010&Date_Retour=25/1/2010&AllerRetour=1&Adultes=1&ENFANTS=0&BEBES=0&dated=070110&dater=250110&TypeClasse=0&langue=us