Xa sei que vou con certo retraso en dúas das seccións fixas prometidas. Esta xa a tedes eiquí. A de filosofía terá que agardar a ben entrado este mes, xa que o estudo, a traducción e outras lecturas deixáronme parado ás portas da República de Platón...
Os fusileiros letóns (Latviešu strēlnieki) foron un dos corpos militares, inicialmente composto de voluntarios, que o goberno tsarista reclutou na Letonia, daquela unha provincia rusa, co gallo da Primeira Guerra Mundial. Cando en 1917 estoura a Revolución de Outubro, moitos deles pasan a apoiar ao novo goberno; receben o alcume de 'fusileiros letóns vermellos' (Latviešu sarkanie strēlnieki), e nos primeiros momentos constitúen, xunto cos mariñeiros de Kronstadt, os gardacostas e garda pretoriana dos bolcheviques, e un dos poucos corpos disciplinados e efectivos dos que dispñen nos comezos da revolución. Destácanse ao longo da Guerra Civil, suprimindo revoltas en Moscova e Yaroslav e loitando contra os líderes contrarrevolucionarios Denikin, Yudenich e Wragnel. En 1919 receben a máxima condecoración da época, a Honorábel Bandeira Vermella da VTsIK, e un dos seus oficiais -Jukum Vacietis- convértese no primeiro comandante en xefe do Exército Vermello.
Tiveron menos sorte no seu país natal, que aproveitou o dereito de autodeterminación outorgado polos bolcheviques para fundar unha república independente nas costas do Báltico. Coa firma do tratado de paz, en 1920, entre Letonia e a Rusia bolchevique, moitos dos fusileiros retornan á súa patria.
Os que ficaron en Rusia pasaron a ocupar altos cargos no Exército Vermello, na Cheka e no Partido Comunista. Nembargantes, coa chegada dos anos 30, a maioría foron fusilados e deportados ao Gulag, compartindo o destino dos 'vellos bolcheviques' e dos intelectuais.
Moito máis adiante, trala reocupación de Letonia pola URSS e a morte de Stalin, os fusileiros serían rehabilitados, e construíuselles un museo e un fermoso monumento en Riga. A caída do réxime comunista volveu a colocalos na picota, xa que moitos letóns desprézanos como colaboradores da odiada gran potencia veciña. O seu museo foi reconvertido no 'Latvijas Okupacijas Muzejs' ('Museo da ocupación de Letonia', que mete no mesmo saco aos Nazis e aos Soviéticos) e moitas voces reclaman a voadura da rosada pedra esculpida que os representa...

Sem comentários:
Enviar um comentário