Hoxe pola mañán animeime a ir correr. O noso clima galaico non é que acompañase moito, e máis ben ameazaba a cada intre con darme unha ducha de auga fría coma preludio da de auga quente para despois do deporte. Non é que me apetecese moito, mais o tempo escampara algo, e a tarde presaxiaba celebrar unha interminábel catarata de música acuática. A ameaza -alomenos no que tocou á mañá- ficou nunhas cantas pingas, e o percorrido ilustrou as belezas paisaxísticas da Serra de Outes, cuxo telón de fondo natural descola nun escenario de chuvias e brumas. A néboa difusa agochaba ao fondo os eucaliptos e creaba un non-sei-qué de pintura chinesa en tinta e pano de seda: a vida coma servil imitadora da arte. Cando chegaba ao final do percorrido, trotando á beira do río Tines, desconcertoume a visión dunha ánade de plumas de acibeche que corría/voaba por enriba das augas, nunha especie de velocísimo eskí a uns centímetros por riba do cristal fluído, e que me adiantou con facilidade. O episodio fíxome pensar, e lembroume un poema de Shiki:
E certamente vexo coma un incidente afortunado este pequeno satori, un de tantos que a natureza produce e que as máis das veces carecen (nen botan en falla) da presenza humana que neste caso experimenta "Correndo pola ribeira / a incríbel velocidade / dun parrulo que me adianta!"
"Sen esta viaxe / e sen a primavera / teríame perdido este mencer"
E certamente vexo coma un incidente afortunado este pequeno satori, un de tantos que a natureza produce e que as máis das veces carecen (nen botan en falla) da presenza humana que neste caso experimenta "Correndo pola ribeira / a incríbel velocidade / dun parrulo que me adianta!"
4 comentários:
Moi boa!
xddddd ai ai ai O parrulo e mais o Conde!!
Magnífico. Dáslle mil volta a Murakami (Do que estou a falar cando falo de correr).
Ramón
Em... non o creo. A miña habilidade poética deixa moito que desexar, e o haiku conta cunha indicación estacional (Kigo, 季語) incorrecta, xa que os parrulos indican o inverno. Mais sen que serva de excusa, que a sinceridade verdadeira do momento suplan as carencias da arte... :P
Enviar um comentário