En xeral, teño unha memoria relativamente boa. De tódolos xeitos, a miña preguiza para tomar notas fai que o que no seu día era unha serie de imaxes e argumentos bastante claros vaia esvaecendo co tempo nunha sorte de néboa difusa de xeralidades. Lembro que o libro de Alex Callinicos 'Contra o Postmodernismo' me resultara bastante convincente nos seus argumentos, anque agora mesmo non me veñan á mente cales eran estes. É por iso que decidín facer unha rápida relectura do volume ir ir pendurando algunhas notas para futuras e rápidas revisións...
INTRODUCCIÓN
Xa dende as primeiras páxinas, Callinicos bota toda a carne no asador e deixa sentados os principios axiomáticos da súa crítica, que despois desnovelará en detalle. Os seus puntos principais son:
-O 'Posmodernismo' como etiqueta conceptual, teórica e explicativa é popurrí mal mesturado de tres tendencias diferentes en diferentes eidos, a saber: a) un novo movemento na arquitectura, preconizado por xentes como Robert Venturi ou Charles Jenks, que rexeitaba o modelo dominante desde a posguerra do 'Estilo Internacional' (Bauhaus, Le Corbusier, Mies van der Rohe), coas súas edificacións anti-ornamentais, xeométricas, racionalistas e utópicas. Eiquí a etiqueta 'Posmodernismo' propón unha arquitectura alternativa máis lúdica, que homenaxea e rescata elementos de estilos históricos anteriores e locais, e que tamén é receptivo aos gustos da cultura de masas ('Learning from Las Vegas'); b) unha serie de evolucións na filosofía continental que se deu en alcumar 'Postestructuralismo', protagonizadas por pensadores franceses coma Foucault, Derrida, Deleuze ou Lacan, e que teñen en común o rexeitamento da Ilustración e dos criterios de verdade, e as visións e teorías totalizadoras e homoxéneas da sociedade, dos suxeitos e dos discursos; e c) os discursos de certos sociólogos sobre unha presunta sociedade 'Postindustrial', caracterizada por cambios no modelo de consumo, descentramento, novas tecnoloxías, que terían acontecido dende os anos da posguerra e ata hoxe.
-Nos anos 80, este conxunto tería sido soldado e posto en conxunto como unha teoría unificada por varios pensadores (sobretodo Lyotard no seu libro La condition postmoderne), epígonos do postestructuralismo, que proclamaban a chegada dunha condición posmoderna caracterizada polo escepticismo perante as metanarracións (incluídas as emancipatorias), e que se sustentaba nos tres elementos denantes citados: unha base material (mudanzas económicas e sociedade 'postindustrial), teórica (postestructuralista) e cultural (cultura 'postmoderna'). Non deixa de resultar paradóxica que a chamada ao fín das Grandes Narracións se faga a base de crear outra: a dunha especie de fin da historia apocalíptico no que chegamos ao recoñecemento dunha sociedade pluralista e heterodiscursiva coma o mellor dos mundos posíbeis.
-Callinicos sospeita que o éxito destes discursos, malia a súa febleza intelectual, débese básicamente ao desencanto co fracaso dos cambios revolucionarios despois do 68 por parte da intelligentsia francesa, unido á súa integración a uns niveis de consumo elevados. Estaríamos a falar dunha especie de trahison des clercs, pola que os intelectuais abdican dunha posición crítica coa sociedade realmente existente e coas posibilidades de transformala, alén dos xogos privados estéticos, as resistencias 'textuais' e o 'fashioning of the self'.
Ao longo dos capítulos da obra, o autor irá progresivamente criticando cada unha das tres tendencias denantes citadas, ás que considera incorrectas e sobrevaloradas aínda antes da súa posta en común por Lyotard e outros. Mais diso falaremos na seguinte ocasión...

1 comentário:
Dúas reflexións (prefiro metelas eiquí para non alongar aínda máis o texto principal):
1) O primeiro dos eidos que conforman o popurrí lyotardián do Posmodernismo (e o primeiro no que se empregou a palabra) é arquitectónico, mais rápidamente pasou emprestado ás outras artes, tanto ás plásticas como ás literarias e performativas. Mais (como se verá no capítulo I de Callinicos) é unha translación chea de dificultades. Así, se resulta doado asociar a arquitectura 'modernista', cos seus edificios racionais e plans utópicos co 'modernismo' filosófico (a Ilustración, a crenza no progreso), non vai a acontecer o mesmo coa literatura, onde Modernismo define unha serie de prácticas dende finais do XIX ata mediados do XX que moi pouco teñen que ver cos estereotipos e modelos ilustrados. Os pensadores posmodernos amosarán unha atitude caótica que os levará tanto a minusvalorar ao Modernismo literario como a pretender absorver aos seus escritores para o Posmodernismo.
2) Callinicos pon todas as cartas sobre a mesa (é coerente co seu esquema dogmático de trotskista revolucionario en activo), mais a súa lectura inicial dos posmodernos como intelectuais traidores seméllame algo dura, e carente de certa dose de autocrítica. Quizaves se a experiencia socialista do século XX non fose tan desastrosa, as cousas serían distintas. E hai que recoñecer nisto que seguramente haxa moito máis en xogo que a mala fe ou a cobardía dos seguidores de antano...
Enviar um comentário