sexta-feira, março 26, 2010

Callinicas notas (2)

CAPÍTULO 1: A XERGA DA POSMODERNIDADE

No primeiro capítulo, C. vaise dedicar a por en cuestión a utilidade conceptual do ‘Posmodernismo’ (de agora en diante, PoMo). A súa liña principal segue os perceptíbeis problemas de facer casar unha visión filosófica do termo (crítica da Ilustración, do progreso, relativismo) coa artística-literaria (onde ‘Modernismo’ significa cousas moi diferentes e engloba unha cronoloxía tamén distinta).
-Revolución vs. PoMo. A aceptación do PoMo implica a renuncia á primeira, dada a incredulidade nas metanarrativas Lyotardiá (incluída a emancipatoria)
-Lyotard rexeita o programa e os modelos da Ilustración, tanto os sinxelos coma os complexos (Hegel, Marx)
-Conecta coa tradición irracionalista (crítica romántica da Ilustración, Nietzsche, os Modernistas...). Non é unha gran novidade (coetánea coa propia Ilustración).
-PoMo, conciencia apocalíptica por oposición á fe na razón e na ciencia (L. Hutcheon)
-Reducir a ‘modernidade’ a iso implica ignorar o ‘Modernismo Literario’ ou pretender que este é ‘Posmoderno’.

-Modernismo Literario: fenómeno complexo e variado (Surrealistas, Modernism, Dadá, Constructivismo...). Algúns negan que se poida reducir a unha etiqueta conxunta.
-Lunn (e C.) aceptan como características: autoreflexión (v.g., Proust), simultaneidade e montaxe (Eisenstein, Picasso), paradoxo e desaparición do suxeito.
-Jenks: ‘PoMo en arte defínese pola dobre codificación e polo retorno á tradición’. PERO véxase T.S. Eliot (montaxe de voces, sincronía da tradición literaria).
-L. Hutcheon: ‘o PoMo en arte é + amplo no uso desas voces (metaficción) e antielitista’ (a prol da cultura de masas). PERO véxase Stravinsky, Eliot (influído polo Music Hall) e aínda aceptando o hermetismo dalgúns, non podemos reducir o Modernismo a discursos de mandaríns autocompracentes: Futuristas rusos, Surrealismo, Dadá (revolucionar a vida, non esteticismo).

-Unha liña distinta sería a dos que ven o arte PoMo como unha continuación (non ruptura) do Modernismo (ou alomenos, de tendencias e aspectos). Liña que segue (paradóxicamente?) Lyotard. Os dous momentos compartirían a súa persoal ‘reapropiación creativa’ do Sublime Kantián (recoñecemento e incluso pracer ante unha incapacidade recoñecida para acadar totalidades). A diferenza: o Mod. é nostálxico (consólase na forma e na nostalxia dun pasado no que a totalidade era posíbel) e o PoMo non (convertése nunha especie de ‘áscese’ para subliñar o irrepresentábel e o seu fracaso inevitábel en representar).
-Percíbese o gusto de Lyotard por meter no seu campo a Vangarda e as súas pulsións, visión totalmente oposta á doutros teóricos PoMos (Jenks, Jameson). ‘Joyce é PoMo’ para el (PERO Joyce emprega o mito e modelos cíclicos para crear unidades).
-Jameson: Joyce é Modernista. O definitorio deste sería unha certa centralidade da introspección e a experiencia subxetiva e persoal. Mais varios dos Mod. ingleses rexeitarían esa descripción; anque a aceptásemos, outras vangardas europeas problematízana (a interiorización remata por saír e conectar co contorno social: Freud, Klimt, Kokoschka).
-Scott Lash: PoMo como arte de superficie, ‘icónico’. PoMo inmanente dentro do Mod. mediante o Surrealismo. PERO ignórase a politización intensa e determinante do Surrealismo (e Dadá). Lash tenta asociar a ruptura benjaminiá da aura coas prácticas PoMo, pero encaixa moito máis coerentemente coa Modernismo máis clásico e coa práctica de Brecht e o seu teatro (moi difícilmente asociado a nada PoMo).

Conclusión: o discurso PoMo é incapaz de ofrecer unha explicación coerente que conecte a ‘Modernidade filosófica’ coa artística. Limítase a xerar clichés reduccionistas e unha lectura apocalíptica da cultura occidental (Nietzsche, Heidegger) repetindo desde os inicios os seus erros de base (razón, suxeito, progreso, ciencia, etc...). Visións alternativas (H. Blumenberg, sobre o orixinal e innovador da secularización e a aparición da modernidade). Despois de este exercicio de ‘crítica negativa’, C. promete no seguinte capítulo ofrecer a súa visión (presumimos que máis coerente) das relacións entre Modernidade literaria e filosófica.

5 comentários:

FraVernero disse...

Callinicos toca un aspecto interesante e convincente nesa aparente dificultade de encaixar a literatura co discurso Posmoderno, e subliñando as contradiccións. Un ten a sensación de que os PoMos moitas veces queren nadar e gardar a roupa...

Chama a atención a carencia de referencias á magnum opus de Jameson, 'Postmodernism, or the cultural logic of late Capitalism', que para min, mellor que Lyotard, e dende unha postura máis á esquerda e marxistisant, elabora a definición 'canónica'.
O contraste é claro entre os que verían como literatura PoMo algo centrado nas Vangardas, cun novo pulo (Lyotard, Ihab Hassan) ou conservador, neohistorizante, estereotípico, serial e mesturando pop (Jameson, Calabrese, Eco.)

A estas alturas (falamos dun libro dos 80), quizaves as figuras 'representativas' do PoMo en literatura xa non se busquen tanto no Modernismo (e toda pescuda de 'antecedentes' é problemática de por si, sempre), cun canon que inclúe quizaves a Borges, Rushdie, Pynchon, deLillo, Calvino...

amauta disse...

Estiven no sitio oinde se recitou por vez primeira este poemario, o Hyakunin Isshu
Fermoso e anecdótico lugar :)

ekis1331 disse...

Moi interesantes estas entradas adicadas ó Postmodernismo.
Na miña opinión o Postmodernismo ampara a "disolución"; da historia, da conciencia colectiva, nunha hipertrofia da individualidade.

FraVernero disse...

Amauta, alédome que andiveras po Ogura. Seguro que se che pegou algo de Fujiwara Teika... ;) A ver se un día destes penduro a exéxese dos versos en cuestión...

Xis numerada, eu mesmo teño unha complexa e complicada relación cos discursos da Posmodernidade... este close (re)reading de Callinicos ten, entre outras funcións, a de clarificarme de novo as ideas...

ekis1331 disse...

"Xis numerada" jajajaa! gústame.