sábado, abril 03, 2010

Callinicas notas (3)

CAPÍTULO 2: MODERNISMO E CAPITALISMO

No segundo capítulo, C. tentará dar a súa visión das relacións entre o Mod. literario e o filosófico que, na súa opinión, ficaban mesturadas e incomprendidas nas teorizacións dos PoMos.
-Modernidade, transformación perpetua e acelerada. Capitalismo, Rev. Industrial. Marx: ‘todo o que é sólido esvae no aire’.
-Arte reflexa a rev. permanente de metrópole e industrialización (Rutmann, Marinetti)
-M. Berman: Modernidade como unidade paradóxica (promete e ameaza). Termo medio entre o Mod. literario e o desenvolvemento socio-económico. C. Parcialmente dacordo.
-Concepto teórico da Mod.: ven da Ilustración; vivencia cara o futuro, lexitima o novo, inspírase nos avances científicos. Convértese en Fil. da Hª cando os filósofos ven nas innovacións intelectuais (Newton) o motor do progreso social. Optimismo e racionalidade.
-Weber:a mod. leva á diverxencia estado e economía, e á racionalidade instrumental (que despraza ás normas tradicionais). W. é hostil a isto (falta de criterios para seleccionar os fins e control burocrático).
-Teorías posweberiás: Sociólogos (Parsons) crean un esquema abstracto e evolutivo de Modernidade. Xurdimento do mercado (diferenciación) permite + desenvolvemento e leva ao cambio de valores (nova estratificación social baseada nas novas funcións). C. É crítico co modelo porque 1) simplifica os contrastes Mod.-preMod.; 2) é ‘idealista’ (as ideas e crenzas levan aos cambios históricos); 3) é teleolóxico (USA como única meta de mod. para todos). Prefire o Materialismo Histórico porque 1) o concepto de ‘modo de producción’ é máis útil na distinción de formacións sociais diversas; 2) é ‘materialista’; e 3) non teleolóxico.
-Malia o dito, o concepto de ‘Modernidade’ segue a ser útil, asociándoo aos cambios que trae o cap. industrial. Mod.> civilización do desenvolvemento e dominio capitalista. Fronte a el érguense os discursos apoloxéticos (liberal) e críticos (románticos) que non son quen de abranguer a totalidade contradictoria do capitalismo.
-C. concorda coas críticas de B. Anderson a Berman, pero non co seu rexeitamento do Modernismo como etiqueta. Anderson elabora un triángulo de factores que determinan o arte nos anos 1890-1930, cuxos vórtices son 1) o legado das tradicións aristocráticas (orde semi-aristocrática; abano de valores contra os que medirse); 2) xurdimento de novas tecnoloxías (no seo dun capitalismo semi-industrializado) e 3) a proximidade imaxinaria da revolución social (movemento obreiro emerxente). Ou pasado clásico (aproveitábel), presente técnico (sorprendente), e futuro político (incerto).
-C. gusta deste modelo pero non comparte a idea da persistencia do Antigo Réxime (tal lectura recóllea Anderson de A. Mayer. As grandes guerras do XX serían a consecuencia da ‘radicalización das clases gobernantes’ e da dereita ante a perda de control e nova sociedade e política. As convulsións da época non serían o nacemento do novo, senón a agonía da vella orde feudal. Para C., esta visión ten sido refutada polos historiadores (v.g. Hobsbawm, co XIX como éxito burgués, no que o gran capital adopta a vida aristocrática e crea escolas de élite que fusionan ás élites novas e tradicionais nunha nova casta dirixente). Alén, a lectura de Mayer ‘exculparía’ ao capitalismo das guerras. O cap. NON nacería no 45. Mais ben temos que pensar nas contradiccións inevitábeis deste e no desenrolo desigual (Trotsky): o vello e o novo conviven, e as súas respectivas antinomias levan a unha escalada do conflito social denantes da Gran Guerra.
-Inglaterra como excepción: aquí a tensión do vello/novo é menor. A soc. burguesa está consolidada dende antes, e os terratenentes son prósperos).
-Viena ‘onde se inventa o século XX’ (Freud, Wittgenstein, Mahler, Klimt, Musil, Trakl), habitualmente tomada como excepción (Magris, J. Clair; mirada ao pasado, e non vangardista mirada ao futuro), é a norma. Tensións levadas ao máximo (capital moderna, burguesa, industrial - pais anticuado, feudal, rural; estado artificioso). O máis peculiar do caso vienés sería a debilidade da burguesía, lastrada amais pola súa forte presenza xudea nun contexto cultural de monarquía e cultura católica e barroca. Non se fusiona coa aristocracia. O arte sustitúe á acción (e nela funde a tradición barroca cun innovador e liberal cultivo do eu e narcisismo).

-O Mod. en xeral é idealizado pola trad. marxista máis recente. Mais hai visión críticas. Moretti: vangarda como neo-romanticismo (afastamento subxectivo da realidade; ironía estética; fuxida da vida pública); algúns retrucan que a política segue presente nos textos mod. de xeito implícito (Jameson, o ‘inconsciente político’)
-A fuxida sería doada de exemplificar. Dous textos: o friso Beethoven, de Klimt (arte no canto da vida) ou a novela Petersburgo, de Biely (lonxe da trad. novelística rusa, prácticamente ignora a rev. De 1905). O Mod. implicaría unha relación estética coa realidade unida a certa visión da arte como refuxio. Aliás, as 4 características definitorias de Lunn (vid. capítulo anterior) coinciden en autores con políticas moi diverxentes esquerda-dereita.
-Benjamin: dende o XVIII a arte independentízase (estatus autónomo), o que se reflicte no contido das obras a través dun esteticismo ou teoloxía negativa (Mallarmé, Baudelaire). Arte pura, sen función social ou clasificación temática. É unha resposta crítica á mercantilización.
-Lukacs xa fora o teórico clásico marxista ‘contra o modernismo’. A burguesía, segundo el, torna en clase reaccionaria, e o seu arte (mod.) en decadente, anque esteticamente atraínte.
-C. rexeita en boa medida estas visións. Non acepta un evolucionismo tosco vida social-arte; insiste nas condicións específicas, e no feito de que malia o Mod. sexa oportunismo subxectivado, isto non ten porqué ser un xuízo negativo. A arte mod. critica a sociedade capitalista (cfs., Adorno + o rexeitamento do arte como alleo á vida da maioría dos ismos).
-Bürguer: o Mod. leva a formas de rexeitar a soc. burguesa. Tanto co esteticismo (arte como refuxio dela) coma coa Vangarda (rachar coa organicidade da obra de arte e desafiar a separación arte-vida). O 1º crea a experiencia estética en rebelión contra o utilitarismo; os 2ºs unha praxe transformadora. As súas innovacións técnicas rompen coa obra orgánica (e coa idea dar arte como refuxio). Participar e fusionarse cun mundo social en efervescencia: o Constructivismo (colaborando na construcción da nova sociedade soviética), a Bauhaus (Gropius, nunha Alemaña de Weimar revolucionaria e + aberta á URSS que o resto de Europa). Berlín (coma Viena) é un centro de contradiccións. O seu arte (Brecht, Dadá, Nova Obxectividade) non é neutral nen esteticista.

-PERO a Vangarda fracasa. Na URSS destrúea o Stalinismo. En Europa Occ., o Fascismo. O fracaso da Rev. frustra o soño vangardista. Trala posguerra triunfa a mercantilización. Anderson: tralo 45, a vella orde semi-aristocrática morreu. A dem. burguesa e capitalista triunfou, e da paso a unha civilización fordista e de consumo e á Guerra Fría (fin da ambigüidade, do carácter novo do presente técnico e das alternativas e esperanzas dun futuro socialista).

1 comentário:

FraVernero disse...

Callinos comezará cunha disección de dous conceptos diferentes que se dedica a diferenciar. Dun lado está a MODERNITY ('Modernidade'), entendida coma unha 'condición' filosófica e unha visión do mundo que leva en marcha dende o Renacemento (con algúns antecedentes) e que, moi simplistamente, sería a 'suprestructura' intelectual e ideolóxica do Capitalismo. Unha subdivisión desta sería o MODERNISM ('Modernismo'), específicamente as prácticas artísticas que teñen lugar entre fíns do século XIX e os anos 30-40 (e que reflexan a súa propia constelación histórica: capitalismo industrial en desenrolo, con contradiccións -pervivencia de élites e discursos antigos e promesas do novo, incluída a revolución).

Polo que toca á Modernidade, non debera sorprendernos que un Trosko confeso como Callinicos atope o Materialismo Histórico como unha ferramenta explicativa mellor que a teoría social Weberiá. Chama máis a atención que, anque con matizacións, considere válida a categoría mesma de Modernidade, ligándoo iso sí a unha lectura desta como a 'forma intelectual' polo que a sociedade capitalista se entende, percebe e xustifica a si mesma (sen que fique de todo clara se a etiqueta é, amais, 'correcta'. Parece que si, que Callinicos cre na Modernidade, alomenos en parte).

Para o que é o Modernismo, C. apóiase no esquema triple de Anderson, que se dedica a matizar e explicar con pequenas variacións. Tamén está claro que participa dunha tradición apoloxética dos ismos, e que recoñece pero rexeita ás críticas que se lles fixeron dende a Esquerda.

Sobre a fin da Vangarda resultaría interesante profundizar, xa que, coma Mio Çid, triunfará en Occidente despois de morta (aspecto que C. nen sequera toca de pasada). Parcialmente despolitizada, convertido o seu programa de revolución permanente nun xesto vagamente neurótico (=recoñecemento inconsciente do seu fracaso?) e plenamente canonizado nunha tradición máis da 'arte', non deixará de xerar textos interesantes, e de ser instrumentalizada na Guerra Fría (o 'mundo libre' como patrocinador da arte de vangarda, fronte ao realismo socialista).