segunda-feira, junho 07, 2010

Dúbidas

Sempre son un mar delas, mais últimamente hai dúas que me rondan a mente, e que xeran as súas correspondentes preguntas. O par afecta ás política do presente, anque de xeito asimétrico. Son:
1) Resulta relevante (non digamos xa, convincente) que o PSOE acuda para xustificar as súas políticas económicas ao argumento de que estas lle veñen impostas, e que Zapatero aborrece ter que aplicalas? Persoalmente, sempre tendín cara unha ética materialista, valorando o que se me fai á marxe das intencións. É posíbel que o antidisturbios que teña enfronte sufra realmente por darme unha malleira, pero se tanto sufre podería mallar no seu propio lombo e deixar a porra de goma tranquila...
2) Hai algún defensor do discurso e das políticas posmodernas que sexa quen de explicarme cal é o seu elemento mobilizador, unha vez que (pace Foucault e Nietzsche) se renunciou a que o discurso dun é máis verdadeiro e xusto que outros? Porque se non se cre nos metarrelatos (incluído o da Ilustración, con todo o seu ronsel de Liberté, Egalité, Fraternité) e todo son meros xogos retóricos e de poder, entón eu estou máis cómodo cultivando o meu ocio e pracer sen meterme en problemas, ou como moito, participando de xeito egoísta tan só nas causas que me afectan directamente, alén da súa virtude e verdade...

3 comentários:

Leopold Bloom disse...

Ahh Rukov... plantexas cousas moi interesantes. ZP agora ven de víctima, é unha magoa que apoiase de xeito entusiástico todas as maniobras para a consolidación dun modelo hexemónico neoliberal en Europa. Penso, por exemplo, na constitución europea - laminando toda posibilidade de debate, incluso dentro do propio partido socialista-. Outros casos significativos serían o plan Boloña, maniobras privatizadoras encubertas como O AVE... Todo o discurso do Psoe implica a aceptación tácita dos valores, sempre arbitrarios, por outa banda, do libre mercado,agochado nesa espúrea retórica de esquerda rosa,cursi-progre. voluntarista, pseudoilustrada e ... apestosa. A lei do aborto, o matrimonio gai, o cheque bebé non son máis que piruetas populista para no asumir dunha vez medidas socias REAIS, nun marco polírico absolutamente pervertido polo capitalismo salvaxe. E nom representa o meu entender o que é un discurso REAL de esquerdas - progresismo é outro concepto de raigambre ilustrada bastante pernicioso-. Cando van meter a Botín no cárcere? o Fondo Mafioso internacional? O banco central? ë unha crise sistémica, pero ninguén cambia o sistema...

Nunha frase: PSOE PP a misma merda É.

PD: Outra crítica a esquerda "polanquista" é que están empregando tópicos demagóxicos, típicamente antisemitas. Antisemitismo enfermedad infantil do marxismo...(sic)

dúbidas e débedas disse...

O señor de Trasalba ten DÚBIDAS e todos temos DÉBEDAS. Pobres de nós.


El último libro de Zygmunt Bauman ofrece una explicación plausible de la crisis de la deuda. El capitalismo contemporáneo –sostiene Bauman– realizó en las pasadas décadas un verdadero cambio de piel. Dejó de basar sus beneficios en el rendimiento del trabajo para obtenerlos del consumo. Para fomentar el consumo masivo y constante, había que romper la columna vertebral del capitalismo productivo: el ahorro, fundamento de la inversión. El ahorro llevaba implícita una determinadamoral social: si uno deseaba algo, pero no podía permitírselo, intentaba ahorrar para poder comprarlo; y si el objeto del deseo estaba fuera del alcance, no había más remedio que reprimir el deseo. Ahorraba quien podía, por consiguiente, y prescindía del deseo quien no podía ahorrar.

Contrariamente, para desarrollar una sociedad de consumidores era preciso generar el deseo irreprimible de consumir y había que facilitar tal consumo. En respuesta a este objetivo apareció la tarjeta de crédito, que daba a todos los objetos del deseo la posibilidad de ser comprados. Los consumidores han gastado a espuertas gracias al crédito. Y han comprado casas impensables para su estatus gracias a la hipoteca. La deuda se transformó en el principal generador de beneficios, sostiene Bauman. Uno debe pagar sus deudas de la tarjeta en algún momento, pero una refinanciación –deuda sobre la deuda– permite salir del paso. De oca en oca en oca, de deuda en deuda, se avanza hacia el colapso. "Las actuales restricciones del crédito son una consecuencia lógica de lo que los bancos han conseguido: haber transformado una inmensa mayoría de hombres y mujeres en una raza de deudores".

El Estado no está libre de este empeño. Y ha contribuido a consolidar la nueva raza de deudores. Las subprime son hijas de la administración Clinton, de la misma manera que la generalización de nuestras hipotecas es hija de una política fiscal iniciada por Felipe González. Bauman cree aventurado afirmar que el capitalismoestá herido de muerte, como especulan los apocalípticos, pero recuerda que el capitalismo actúa como un parásito. "Una vez los deudores están sin una gota de sangre, aquel que los invitó a endeudarse agoniza con ellos". El origen de las penurias que hoy en día lamentamos "se encuentra en la esencia de nuestra manera de vivir, para la que hemos estado artificiosamente entrenados: pedir enseguida un crédito al consumo cuando nos enfrentamos a un problema o a una dificultad". Vivir del crédito, sostiene Bauman, "crea quizás más adicción que la droga y sin duda más adicción que los tranquilizantes". La única solución es reinventar el sistema, retornando de alguna manera al ahorro. Para ello, es precioso "afrontar el dolor intenso, pero comparativamente breve, del síndrome de abstinencia".

FraVernero disse...

TI non es RUKOV, Leopoldo...

Totalmente dacordo co que dis; non habería nin que engadir unha coma. O discurso 'progre' é realmente lamentábel, e representa unha esquerda apoltronada, hipócrita, de quero e non podo, ilustrada, entre outras, polas produccións do cine subvencionado (cousas como a peli das 'rosas' na que ninguén diría que as chavalas eran militantes comunistas duras, e as súas monxas carceleiras e falanxistas seres sen piedade alén dos contextos históricos).

Para o dubidebedor, Bauman ten sido referente, como saberá, nesta casa. A inmoralidade do abuso (e case, do uso) da débeda é algo que sempre teño percibido (e son dos que teñen a mala costume de non ter ningunha débeda e non recurrir a préstamos xamais. Se non hai cartos, afórralos). Mais neste caso, tamén deberá ir a bronca a dúas bandas: a xente gusta de presumir de irresponsabilidade e da presión da sociedade, pero anque esa determinación existe, sempre hai esfera de acción para a liberdade (e con ela, a responsabilidade). Se engulo 30 hamburguesas ao día, pouco me podo queixar logo de que a industria alimenticia me puxo como unha vaca. Se son tan rematadamente imbécil de vivir por riba dos medios e pedir préstamos ao consumo parar ir de vacacións ou comprarme caprichos, é xusto que o muro de débedas caia enriba de mín coma un ídem de tixolos. Xa sabe, 'Pour encourager les autres'