sábado, novembro 12, 2005

Cirkus

En efecto, para os que non o saibades, o mundo é un circo. Calderón preferiría aquilo do 'Gran Teatro do Mundo' pero, a efeitos prácticos, ven a ser o mesmo.
Malia a decadencia actual dos espectáculos circenses, a imaxe é socorrida, podéndose interpretar coma o enésimo revival da 'Nave dos Tolos' da literatura medieval e renacentista., das pinturas do Bosco e das xilografías, do poema de Sebastian Brant. Nun mundo absurdo e sen sentido, o noso caro metarrelato parece que fai augas, e só acuden á cuberta os espectros do corpo, a política do Carnavelesco Bakhtiniano.
Xa que Freud e os psicoanalistas fracasaron nos seus intentos de curar a esquizofrenia e a neurose -o marxismo agoniza na mesma loita a un nivel superior-, voltamos á vella costume medieval: recollemos aos lunáticos e parados nunha carreta e enviámolos a mendigar. Imaxe eternamente inmortalizada na 'Loucura e Civilización' do Magister Dementiae, San Foucault.
Collemos un espello roto, metáfora das nosas múltiples persoalidades (literarias ou non), a fusta e unha máscara amarela de carnaval veneciano. Xunto ao ringmaster (quizaves Panero o poeta) diriximos a función:





"¡¡AQUÍ hai de todo: dinosauras, rinocerontas, cocodrilas, DRAGONAS sen azas, hipopótomas, panteras, tigresas, lobas, ratas que abandoan o barco, ratas de alcantarillas, cadelas, pumas, cangrexas hermitañas, elefantas, arroaces...!!"

... O Domador axita o seu látigo. De súpeto, Jacques Lacan sae do espello, con Julia Kristeva e Simone de Beauvoir enbrindadas a cadro patas...

5 comentários:

FraVernero disse...

Anque agora que o penso, a Foucault iralle mellor o isabelino título de 'Master of Revels"...

Sir Gawain disse...

Ah, Zacharias,

moi ben o post... pero creo que na tua enumeracion omitiches un dos teus momentos preferidos... adivinhen cal senhores espectadores...

DRAGONAS SEN...

Esa patriarcalidade indimenticabile...


He, he...

Bicos...

FraVernero disse...

Mon se pode ser demasiado claro, querido... Xa sabes aquilo da dialéctica negativa...
Bacci

Sir Gawain disse...

Falando de todo un pouco,

comprendo e respecto a diplomacia. Sen embargo este blog non é inocente e non deberas dubidar como dubidaba Dante (alixero?) ante San Paulo cando dubidaba das represalias que podia sufrir dos familiares directos vivos de tantos personaxes os que colocaba no inferno especificando vicios. Dante era un moralista reaccionario diras clavando en mi pupila tu pupila da cor que sexa ainda que sempre anglofila a mais non poder...

so tenho unha resposta a iso: ti e mais eu tamén o somos.

Meditao.

Bicos...

FraVernero disse...

Ams...
Non son tan anglófilo, ou... Alomenos non chego á bardolatría de Bloom... Vale, quizaves un pouco... atempéroo na forxa cun chisco de Eagleton e Jameson (sempre os marxistas) e algo menos (a chispa namais) da teoría posmoderna.

xD