sábado, novembro 05, 2005

Savonarola

11 comentários:

Sir Gawain disse...

Mis ojos han visto la hoguera de Savonarola...

Bicos para ti e para toda a troupa. Paso de recordarche que tes que actualizar o blog de cando en vez para que polo menos os asiduos venhamos a el de cando en vez. Sen embargo non deixes pasar un correo con gominola (Benjamin: l'infanzia berlinese) que che enviei...


P.S.: Gominolas, ah, et quels amours...

Sir Gawain disse...

Novamente... para os que adoran as escenas de policias e ladrons envio esta referencia que me fai chegar messer Sibari (poeta onde os haxa),

http://personales.ciudad.com.ar/M_Heidegger/spiegel.htm

FraVernero disse...

A, caro Mourelle e demais amigos...
Non é que me resulte moi grata a figura de Savonarola, malia o poema do catalán. Respira nos seus rasgos espartanos o novo hálito dos pais da reforma: a adusta maxestada dun Lutero, a pétrea alma inconmovíbel dun Calvino, a trompeta contra a horda de mulleres de Knox... 'Foi flor de cedo que non dou froito', da liña de Huss e os Lolardos... E un pensa en todas aquelas magníficas obras de arte do quattrocento queimadas nas fogueiras que quenceron o sitio para o Gran Incendiador...
A xeada moralidade protestante non podía arraigar no sensual chan italiano...
xD

Sir Gawain disse...

Ah, Manolo,

pobre Savonarola, non agardaba esa opinion dun cromwelliano convicto e confeso como sei que es. Tamén é certo que Savonarola foi directamente responsable dunha fascinante e enigmatica etapa na obra dun dos mais marabillosos pintores que concibirse poidan. Non lin os sermons de Savonarola (peccato!) pero estou convencido de que deben ser bonitos.

Non esquezamos que un progresismo cinquecentesco-erasmista consideraba as novelas como un froito do demo (Vives)... entre iso e a orientacion correcta dunha novela (El don apacible? aquela de Makarenko de especie-de-ciudad-de-los-muchachos pero que en realidade resulta que non era do ministerio da instruccion publica senon da checa?).

Desculpa esta ultima...

Boa noite,

Sir Gawain



P.S.: Deixo un fragmento de balada ou algo asi que puido ser sonhado por Paul Celan en homenaxe (desculpen a demagoxia) os que queiman os coches e montan as barricadas na periferia de Paris. Disto nunca se podera aproveitar quen determina que unha cultura é neta e categoricamente o atraso porque o fin e o cabo el "é dos de Sartre". Eu non. Si capisce...? Pois iso, fragmento topico para morder nel...

Sous le pont Mirabeau coule la Seine/Et nos amours/Faut-il qu'il m'en souvienne/La joie venait toujours après la peine

FraVernero disse...

Aaaaaaaa. malvado mourelle.
A historia repítese, primeiro como traxedia, despois como comedia. Xa o dicía o meu adoradísimo 'Tolo de Tréveris'...
Malia que cantara algúns ditirambos a Thomas Müntzer, figura senlleira da Reforma (e iso porque é moi do meu gusto a súa reciclaxe comunistizante; a anterga RDA estaba inzada de monumentos ao anabaptista e teórica da Revolta Labrega...), outros déixanme máis frío. Será froito dos meus traumas catolizantes...
Algo semellante me pasa co Cromwell cara o que son incapaz de sentir outra cousa que ambigüidade. O meu affaire sentimental-estético coa súa Maxestade o rei Mártir, as longas melenas dos cavaliers e os traxes coloristas, cheiro católico na liturxia e absolutismo barroco sempre me fixo fitar a Cromwell como un abirrido usurpador. Pechando os teatros, amais! Mala cousa...
E nembargantes, o marxista ten que saúdar a un precursor, malgré lui...
(persoalmente, máis precursor de Napoleón o vexo que de Lenin)
E Arde París... anque vexo complicado intercalar solidaridades... Malia o que digan os medios, isto non é o 68 de novo, senón os disturbios nos guettos afro-americanos dos anos 70-80...
Bacci a tutti

Sir Gawain disse...

Efectivamente non é maio do 68, nin para o bo nin para o malo. Concordo coa tua analoxia e nembargantes simpatia para calquera atentado contra a fraxil e tensa calma (na que nos vivimos e que quizais algun dia vexamos desaparecer, o que tera non poucas connotacions dolorosas, non o esquezamos) dos abxectos estados da Europa burguesa, mio caro Zacharias. Non esquezamos as palabras de Jorge Guillén: "la pureza para los angeles". Noutros contextos Lenin abroncou a plana maior de tal organizacion como o PCI porque agardaban a estudar a verdadeira orientacion do movemento antes de implicarse con el en nome da salvagarda da pureza teorica do partido. Nese caso, Lenin recordaba a tios que non eran nada tontos (un xenio como Antonio Gramsci entre eles) algo tan simple como que o partido debe velar por abrir todas as frontes posibles na loita socialista e antiburguesa e non pola sua pureza (ergo pola sua supervivencia como organo non puramente instrumental da loita proletaria).

Isto é, un movemento de descontento é un petardo que estoupa. A faisca pode vir prendida de onde sexa. Acaso debe un marxista desaproveitar unha oportunidade de organizar a loita por considerar que a mesma non se desenvolve nun terreo a altura das grandes loitas obreiras do pasado e de como el (ou ela) as reconstrue no seu maxin? Acaso foi o maio do 68 un feito de clase?

Non se me malinterprete. Eu sei o pouco que lin sobre as loitas na periferia das capitais francesas e nada sei sobre o desenvolvemento das mesmas sobre o terreo. Pero si sei que desde o punto de vista do marxismo revolucionario (o mesmo, porque yo lo valgo) ningunha oportunidade de organizacion deixa de estar o nivel das circunstancias. Mais habitualmente son os cadros, ben o sabemos nos caro seneschal, os que non o estan.


Dixen...

Sir Gawain disse...

Vouche dar eu a ti rei martir, menudo marxista de pacotilla que me estas feito. (Ti honorando a memoria do rei Carlos e eu citando a autoritas do filosofo rei, Vladimir Ilich, como un Pastis de pacotilla botando a man o peito nun mitin da FPG. Este blog volveuse tolo.)

AAAAAHHHHH!!!!!


P.S.: Non se malintreprete, sinto unha grande admiracion polo camarada Vladimir Ilich. Sen embargo eu son trotsko e, por tanto, vivo no discurso da critica e da negacion...

FraVernero disse...

Ei, os mitos de cada quen son sagrados, ou... Alomenos, mentres non propoña a clonación do réi mártir e a súa restauración con poderes absolutos... xD
Vexo con sorpresa cómo o clima de bologna la rossa está a converter ao meu Mourelle, compadre do patricio Adorno (expresión tan grata a Terry...) o encabezador das barricadas, tal cal os personaxes de Victor Hugo na epopeia da Rúa St. Dinís... xD
Dentro de pouco, carné do PCI, e dos pais da posmodernidade a Antonio Gramsci e Togliatti...
De feito, hoxe soñei contigo, e íache acompañar a unha estación de tren na que collías a viaxe para París.
Unha aperta
Manolo

Sir Gawain disse...

AAAAAAHHHHHH!!!!!!

cabron,

asi que pensas que me estou volvendo un rancio chequista coma ti, eh? Antes a morte: xa sabes que o meu lema segue a ser agora e mais ca nunca Adorno ou barbarie. Eu non collo tren ningun a Paris por agora. Si digo que habera que non espere a ver se os obreiros da metalurxica toman as armas e instauran a dictadura do proletariado para afirmar que un signo de alarma quere dicir que a cidade, efectivamente e como afirmaba o titulo dun pesimo filme francés de cuyo autor prefiero no acordarme porque as suas peliculas primeiras me interesaron, non esta tranquila...

Eu de rancio nada. Hoxe estiven lendome a introduccion a socioloxia de Horkheimer e Adorno (carencias que un ten) e sigo teimando nos malvados Baudrillard e Heidegger...

Asi seguimos. Non é que Bologna la rossa me estea cambiar, é o comparatismo que a transfigura...

Eu tamén sonhei o outro dia contigo. Pero é unha longa historia que mellor deixo para un correo.


Sir Gawain

RebentaCricas disse...

ahhhhh!

... están tolos estes ananos...

Anónimo disse...

HOLa Manolo.

Pareceume moi intelixente o teu artigo no que tratabas a acuciante dialéctica entre teoría e " praxis" que fustiga o pensamento marxista actual. Nembargante coido que non defines a tua postura. Plantexas unha realidade ben coñecida por todos nós pero non acabas de concretar, nin sequera esbozar cal cres que é actitude dun bo revolucionario posmoderno. Elucubracións metafísicas fóra da realidade ou transixencia coa socialdemocracia. BIses. Gustaríame tamén coñecer cal é o teu parecer ó respecto das teórías de Gramsci - baixo o meu húmilde punto de vista moi lucídas- sobre a noción de intelectual. A idea de que o intelectual debe ser definido en termos de lugar e función, a célebre dicotomía entre intelectual tradicional, orgánico etc... " Os intelectuais no xorden do pobo, aínda que pro accidente algúns son de orixen popular no se sinten ligados ó pobo ( salvo dende un punto de vista retórico non coñecen ni experimentan as necesidades, aspiracións do mesmo, subidos a unha nube, isto é, unha casta e non un elemento orgánicamente ligado o pobo mesmo". BIses.