quarta-feira, novembro 16, 2005

Wallace Stevens - The Ultimate Poem is Abstract

O Derradeiro(1) Poema é Abstracto

¿Retórcese este día con qué? O disertador
Sobor Deste Marabilloso Mundo Noso componse a sí mesmo
E cubre á rosa do planeta, e torpemente a describe madura,

E vermella, e correcta. A pregunta específica -aquí
A resposta específica á pregunta específica
non é o esencial - a pregunta é o esencial.

Se o día se retorce, non é coas revelacións.
Un segue facendo preguntas. Iso, entón, é unha
Das categorías. Dito deste xeito, este plácido lugar

Muda. Non é tan azul como pensábamos. Para ser azul
Ten que non haber máis preguntas. É un intelecto
De reviravolta sinuosa, e esquivar un lado e outro,

Torceduras en ángulos e distancias equivocadas,
Non un intelecto evanescente: presente
En tódolos sitios de golpe, eixo de nubes(2)

Da comunicación. Sería dabondo
Se algunha vez, só unha, estiveramos no centro, fixados
Neste Marabilloso Mundo Noso e non como agora

Desesperados, no borde, dabondo para estarmos
Completos, porque no centro, anque sexa somentes no sentido,
E nese sentido enorme, simplesmentes disfrute.

(1) En inglés, "Ultimate" pódese referir ao mesmo tempo a "último dunha serie" e a "fundamental, definitivo". O segundo significado, malia a miña escolla, é (creo) o máis preciso.
(2) "Cloud-pole", a non ser que sexa un idiom que descoñeza, paréceme que se refire a un eixo ou estructura de dúas puntas, xa sexa composto por nubes o unindo o celestial co terreo.

8 comentários:

tío Pepin disse...

1st: Pido perdón por atreverme a entrar aquí, así, sen máis.
2nd: O motivo foi ter atopado un post de Fravernero relacionado cun texto de Jaureguízar. Logo deso sentín a necesidade de dicirlle:
3rd: ¡Por favor, non empregue vostede os estilo de crítica XGG! Creo que pode entender o que digo, de non ser así, un amigo común, Sir Gawain, poderá explicarllo.
4th: Entrei moitas outras veces no blog para ler+ver e aprender. Seguireino facendo. Un saúdo.

FraVernero disse...

Non hai nada do que excusarse, querido amigo. Isto é unha casa aberta onde, sempre dentro dos marcos do decoro e as boas costumes, se pode dicir de todo (incluíndo poñer a caldo ao redactor desta bitácora e as súas escollas -radicais.
Agradécese o paseo por estas páxinas miñas.
Canto ao brevísimo comentario sobre o fragmento de Jaureguizar, de seguro necesita unha matización que as presas non permitiron.
Un saúdo.

Sir Gawain disse...

Da Roma (giretto) ti ringrazio tanto... tantissimo!

A translacion do texto impecable (penso): o texto delicioso. And other times I had the chance to... Nada que a beleza, a verdade ou a intelixencia subversiva non poidan penetrar para investigar ata cando se perpetua todo movemento como brazo da institucion e do dominio.

Nos nos entendemos. Non si?

Perdinme iso do de Jaureguizar...

Saudos a tio Pepin (Wer sind Sie?).

Manhan tres bos amigos teus, Zacharias, levaran flores o sepulcro de Keats e se acordaran de ti.



Moitas apertas e espero que non sexa pouco lida esta entrada,



Sir Gawain

SurOeste disse...

Oh desculpen, desculpen,son consciente de que estou irrumpindo nun recinto concentrado, silencioso, case sagrado e que o vou facer para promocionarme con toda a cara: nubosidadevariabel.blogspot.com
Estou empezando moi a modiño nisto do blog, así que por favor non sexan demasiado crueis, se se dignan facerme unha visita, claro.

tío Pepin disse...

Aproveitando que FraVernero o permite (?) mándolle un abrazo a Sir Gawain, que pregunta en teutón pola miña identidade, algo que deberá descubrir coa súa habilidade comparatista e que, sen dúbida, fará. Polo demaís, vexo que xa empezou a soprar o Suroeste, amarrádevos ben. FraVernero, desculpe o abuso, foi circunstancial.

SurOeste disse...

ffuuuuuuuuuuuuUUUUUUUUUUUUUUUUUU!!!!

FraVernero disse...

Vaites... e sopra o vento.
Mais como dicía o Príncipe de Dinamarca, 'só estou tolo cando sopla o nordés. Mais cando corre o sul, distingo moi ben un ovo dunha castaña".

...fu miglior fabbro del parlar materno disse...

Vaites, maldita a hora na que me puido a deixadez. Aqui tes o meu primeiro testemunho, espero que o consideres como unha palmada ("sic"). Non esta mal comezar por Sir Wallace, excelente traduccion. De cando en vez non estan mal estes actos de bondade cara os teus compratiotas non anglofonos, deberia aproveitarme das tuas vantaxes linguisticas...