domingo, novembro 27, 2005

Chistes Soviéticos

Veña, os que me coñecedes sabedes que me encantan este tipo de cousas...

Os seis paradoxos do Comunismo
Todo o mundo ten traballo, pero ninguén traballa.
Ninguén traballa, pero as metas de producción sempre se acadan.
As metas de producción sempre se acadan, pero as tendas están sempre baleiras.
As tendas están sempre baleiras, pero todos teñen o que necesitan.
Todos teñen o que necesitan, pero ninguén está satisfeito.
Ninguén está satisfeito, pero sempre votan polos candidatos comunistas.


Stalin, Khrushev e Brezhnev viaxan xuntos nun vagón de tren. De súpeto, o tren párase. Stalin saca a cabeza pola xanela e berra: "¡Fusilade ao conductor!", pero o tren non se pon en marcha. Entón Krushev berra: "¡Reabilitade ao conductor!", pero a locomotora segue en silencio. Entón Brezhnev dí: "Camaradas, camaradas, pechemos as cortinas, encendamos o gramófono e finxamos que o tren está a se mover".


"¡Camarada Stalin, este home é absolutamente igual a ti!. -Ben. Fusiládeo. -Quizaves deberiamos mellor afeitarlle o bigote. -¡Boa idea!. Afeitádello e despois fusiládeo".


Pregunta: ¿Qué é unha sorte?
Resposta: Vivir na nosa Gran Patria Socialista.
P.: ¿E unha desgracia?
R.: Unha desgracia é ter esa sorte.



7 comentários:

Anónimo disse...

pode que te interese.
http://colectivosacou.blogspot.com

Anónimo disse...

Para quen puxera o ultimo post neste blog:

QUEN CARALLO ES E QUE FIXECHES CO NOSO MANOLO?

Anónimo disse...

¡Sir Gawain! Dende que se está xermanizando percibo unha barbarización da súa linguaxe. Bitte, compórtese.
Saúdos (sigo agardando).

Anónimo disse...

Moi ben, pero que saibas que comezaches ti... (Este chiste contoumo no Ferrol da minha adolescencia unha simpatica dirixente das xuventudes leninistas de Petrogrado...)

Despois da revolucion de outubro Lenin vai nun tren pola estepa siberiana e resulta que a via remata nun determinado punto... Lenin di: "Camaradas, isto é un escandalo. Que organicen dous domingos vermellos de traballo comunal e que rematen a linha." Pero todo se esquece ata que Stalin viaxa pola mesma linha e se atopa co mesmo problema. Enton don Xosé alporizado berra: "Que fagan un xuizo publico o enxenheiro responsable desta linha e logo que o fusilen". Pero todo segue igual ata que Kruschev pasa pola mesma linha. Enton Kruschev berrara: "Quero que agora mesmo un comision delegada do comite central do partido se informe redacte un informe sobre o estado precario no que Stalin deixou as linhas ferroviarias siberianas." E como queira que todo na linha seguise igual e que un dia pasase Breznev por ali, este se tomou o asunto con sorna e dixo: "Camaradas, corramos as cortinas e fagamos como se o tren seguise andando"...


O ultimo que se sabe é que por esa mesma linha que se cortaba no mesmo punto pasou alguns anos despois Gorbachov, quen indignado pola situacion das comunicacions ferroviarias na zona clamou o seguinte: "Camaradas, o estado lamentable desta via de tren e o seu corte son un escandalo... que o publiquen inmediatamente no Pravda!"...

Anónimo disse...

HOLa Manolo.

Pareceume moi intelixente o teu artigo no que tratabas a acuciante dialéctica entre teoría e " praxis" que fustiga o pensamento marxista actual. Nembargante coido que non defines a tua postura. Plantexas unha realidade ben coñecida por todos nós pero non acabas de concretar, nin sequera esbozar cal cres que é actitude dun bo revolucionario posmoderno. Elucubracións metafísicas fóra da realidade ou transixencia coa socialdemocracia. BIses. Gustaríame tamén coñecer cal é o teu parecer ó respecto das teórías de Gramsci - baixo o meu húmilde punto de vista moi lucídas- sobre a noción de intelectual. A idea de que o intelectual debe ser definido en termos de lugar e función, a célebre dicotomía entre intelectual tradicional, orgánico etc... " Os intelectuais no xorden do pobo, aínda que pro accidente algúns son de orixen popular no se sinten ligados ó pobo ( salvo dende un punto de vista retórico non coñecen ni experimentan as necesidades, aspiracións do mesmo, subidos a unha nube, isto é, unha casta e non un elemento orgánicamente ligado o pobo mesmo". BIses.

10:53 AM

FraVernero disse...

Interesante...
paréceme que podemos debatir estas cousas misturándoas coa seguinte entrada. Meterei un comentario no que tentarei dar unha resposta non demasiado prolixa a estas cuestións.

Un saúdo

Anónimo disse...

Querido tio Pepin,

manhan correo decente (de verdade que si) cheguei onte de Paris e estou ainda contestando a morea que tenho. Mentres e ata manhan, por amor a vostede, prometo que me comportarei como un comparatista serio e anglofilo.

Fuches a ver a mostra de Dada no Pompidou? Conhecéndoche sorprenderiame que non, pero non sei. En calquera caso eu fiquei fascinado pola densidade das texturas de Yves Klein y pola obra de Beuys (ademais dalgun Sigmar Polke de altura)...

Xa sabes que nestas lides eu son un dilettante e non todo un doutor coma ti...