segunda-feira, dezembro 19, 2005

Estremecemento

Na páxina 153 do libro "Gulag" de Tomasz Kizny hai unha foto dun estraño artiluxio de madeira, en forma de roda, empregado nas obras da canle mar Branco-mar Báltico. Ao pé da foto, o seguinte texto:

Estes martinetes primitivos accionábanse coa forza muscular dos prisioneiros, que camiñaban polo interior da roda de madeira. 'Para cravá-las estacas no chan, procédese do seguinte xeito: os prisioneiros fabrican grandes rodas refozadas con táboas; catro prisioneiros camiñan polo interior da roda e, cando a cabeza do martelo se eleva á altura desexada, o quinto prisioneiro tira da corda e a cabeza cae dando un golpe na estaca. Como máximo, pódense dar dez golpes nunha hora, ou sexa, cen golpes nunha xornada de traballo de 10 horas. Nunha xornada, os prisioneiros cravan estaca e media. Hai que chantar unhas cinco mil estacas'
O máis estremecedor para mín é a similaridade desta maquinaria infernal cos aparatos da escenografía constructivista que, uns anos antes, empregaba Meyerhold nas súas montaxes. Concretamente, a roda parece unha adaptación 'práctica' da maquina exterminadora de "A morte de Tarelkin".




É que a realidade supera con creces á ficción. Por iso quixera colar esta impresión como prólogo ou apéndice dun traballo meu sobre cine e teatro soviético que sairá en breve.
Quede aquí testemuñado.

6 comentários:

Laurindinha disse...

Traballo sobre cine e teatro soviético... parece prometer tras a lectura desta breve introducción, pois coma sempre, a realidade vai superar sempre á ficción... estremecedor...

Anónimo disse...

Ademais desa escenografía de Stepanova, e tamén do 1922, existe outra de Popova para a montaxe escénica de "O cornudo magnánimo", de rasgos semellantes.
Ambas están reproducidas no interesante libro que o IVAM editou baixo o título de "El cine soviético de todos los tiempos 1924 -1986". Creo que tamén resulta imprescindible en español o clásico de Mitry, "Historia del cine experimental". De xeito máis tanxencial, xa que se fundamenta sobre todo nas artes plásticas, é asemade de interés o de Marcadé, "L'Avant-garde russe".
Xa sei que todos estes datos non van aportarlle nada novo, pero, por se lle resulta necesario por calquera circunstancia, dispoño deles e dalgúnha obra máis. No problem.
Saúdos.

Anónimo disse...

PENSO QUE NESE PUNTO IMOS ESTAR SEMPRE EN SINTONIA, NON? QUEN FOI O RESPONSABLE DA FIN DUNHA CERTA IDADE DE OURO DO ESPIRITO - TU SAIS...

Desculpa, o do teléfono de onte. Como xa che enviara unha mensaxe pensei que eras consciente de onde estaba eu e por tanto de onde estabas chamando...

Bicos



P.S.: Bicos tamen para uncle joey, que nos vemos xa pronto...

FraVernero disse...

Moi, moi, pero que moi interesante...
Resúltame moi grato ver que o tema que tanto me apaixonou tamén ten capacidade de interesar aos demais.
A laurandinha avisarlle de que o traballo, pola súa extensión, non vai poder pasar por estos lares (sae, creo, no Boletín Galego de Literatura en xaneiro). Se non o puideras ollar alí, xa che pasarei unha versión en word ao correo que me deas.
A tio Pepín quero agradecerlle as súas suxerencias. O traballo xa está feito, pero quitando o libro do IVAM, que xa está na bibliografía e que empreguei sobretodo para a FEKS, non teño usado os outros dous. Anoto e, cando teña un minuto, penso botarlle un ollo a esas propostas que me pasou aquí.
Tamén hai un libro no CGAC sobre teatro soviético (alomenos téñeno na tenda, polo que debe estar tamén na biblioteca) que me tiña moi boa pinta...
'O cornudo' foi tamén unha grande adaptación (quizaves máis lograda que a do Tarelkin). Fai pouco conseguín o texto do autor belga por internet.
Ao malvado e querido Mourelle (en breve inter nos de novo), só apostillarlle que o noso mefistofélico don León témome que sería tan implacábel nalgúns aspectos coma o patán seminarista xeorxián. Quizaves non nas letras, pero dende logo sí no que se refire aos campesiños e opositores no partido... xD

Anónimo disse...

Querido Manolo,

creo que as tuas escapadas son sempre dun inaceptable biografismo con respecto a isto... xa falaremos... aviso para navegantes, probablemente o mantenedor deste blog é un dos homes mais expertos que hai no noso pais sobre vangardas soviéticas... a calquera cuestion tera sabia resposta... facede a proba...

N.

FraVernero disse...

Ams...
halágasme, meu caro Noel...
Canto ao biografismo, é posíbel que sexa unha excrecencia da miña mala conciencia (xa non, como entre os intelectuais da media-alta burguesía catalá, de mala conciencia burguesa -que tamén), senón de mala conciencia marxista, por moitas cousas que non son quen de sancionar nen de deixar pasar sen implacábel autocrítica (soa demasiado maoísta esa palabriña; quizaves mellor asimilación crítica?).