As góticas teñen o seu encanto, anque se a víctima busca algo máis persoalizado, pode modificar a presentada, engadíndolle gradas, catro cabezas de dragón no alto ou corpo cadrado e escudo de pedra coas súas armas esculpidas.
O sonado cabaré "La Ressource" estaba deserto naquela hora do serán. Só, nun recanto preto da estufa, un vello fidalgo trasfegaba o seu quinto vasiño de augardente. Cavilaba teimando pór unha pouca de orde na súa imaxinación. Trinta anos levaba gastados en esforzos semellantes, sempre guiado pola lembranza das leccións do seu profesor francés, un tipo esguío, vedraio, sensual e enciclopedista da boa escola, amigo de Maupertuis...

A min estame a parecer unha língua preciosa, estéticamente estimulante, anque terríbelmente difícil. Mentres sigo tentando asimilar a súa fonoloxía, remítovos se estades interesados á súa gramática online.

É que a realidade supera con creces á ficción. Por iso quixera colar esta impresión como prólogo ou apéndice dun traballo meu sobre cine e teatro soviético que sairá en breve.
Quede aquí testemuñado.
![]()
Para os interesados, o argumento prosegue (máis e mellor) no libro "Vixiar e Castigar" de Michel Foucault.
