Eis un anaco do tríptico que, co gallo do Ano da Memoria, sacou a nosa asociación Cívico-Cultural Terra de Outes e que se repartirá na estrea dunha placa-homenaxe a Maximino Martínez.
PASEADOS NO 36
21 de Agosto Luis Barrena, deputado en Cortes de Izquierda Republicana. Asasinado no Freixo.
22 de Agosto Pedro Pregue, veciño de Torea. Tiroteado en S. Xusto (Lousame).
1 de Setembro José Álvarez, (D. Álvaro) mestre de Louro. Abatido no camiño de Taxes (Muros).
Data indeterminada Xesús "O Grecho" e "Cantoño", de Muros
FUSILADOS DURANTE A GUERRA
En Luarca (Asturias) Maximino Martínez, de Ceilán, sindicalista, fuxido no bou Sta. Rosa e capturado trala caída da fronte.
En Boisaca (Santiago) Cipriano del Río, sindicalista veciño de Tarás.
El lugar indeterminado Libertad Alonso, mestra de Esteiro (Muros).
PRISIÓN
Avelino Freire, sindicalista de Ceilán, tamén fuxido nos bous que partiron de Muros e capturado trala caída de Asturias.
Xosé Veloso, de Esteiro, alcalde en funcións de Muros, condeado a pena de morte (conmutada por cadea perpétua) pola incautación dos bous nos que lograron fuxir os dirixentes republicanos.
Pedro García, sindicalista de Muros, condeado a pena de morte, logo conmutada por prisión.
Xosé Tubío, mestre de Esteiro, fuxido o 25 de Xullo e capturado trala guerra.
Isidro Caramés, de Muros, condeado a reclusión perpétua por "auxilio á rebelión".
Manuel Lago, garda municipal de Muros, cadea perpétua por igual motivo.
Peregrino Lestón, de Muros, condeado a igual pena no mesmo proceso.
Eduardo Romaní, de Esteiro, exiliado trala guerra en Francia, foi capturado polos nazis e pereceu no campo de exterminio de Mauthausen.
EXILIO
Na Arxentina Manuel Ramos de Ribademar (Outes), fuxido nos bous que saíron de Muros cara a Bilbao.
En Francia Lino Tieles, de Muros, que conseguiu fuxir da cadea na que estaba recluído pola axuda á incautación dos dous bous.
En Uruguai Manuel Tubío, alcalde de Muros, tamén fuxido nos bous Sta. Rosa e Sta. Eulalia.
En Francia Xoán Malvárez Baamonde, sindicalista de Muros, posto a salvo na odisea daqueles bous.
Tamén en Francia Xoán Malvárez Pérez, de Muros, acompañante do anterior na súa fuxida.
11 comentários:
Sempre presentes na memoria, apesar do que outros quixeran.
A memoria é das poucas cousas que nunca nos poderán roubar, a pesares do esforzo que poñen as dereitas españolas en que así sexa.
Agradecido polas notas... contodo, e seguindo a liña polémica dos comentarios á entrada anterior, teño que amosarme algo máis pesimista que volos dous sobre a memoria como bastión. Mais ben tendo a pensar, con Walter Benjamin, que 'nen sequera os mortos estarán a salvo do inimigo se nos gaña. E este inimigo non deixou de ser victorioso unha e outra vez'. E 'non hai un documento de civilización que non sexa, ao mesmo tempo, documento de barbárie'. A historia é o carro triunfal que escriben os vencedores, e un terreo de loita a conquistar día a día (o que non tería porqué contradicirse con certas prácticas de rigor científico-académico).
Só me queda citar ao clásico...
Ate a victoria. SEMPRE!
Todos eles, presente!
Agora e sempre!
Pode que teñas razón cando dis que "a historia é o carro triunfal que escriben os vencedores". Pero sempre teremos o terreo máxico e poderoso da literatura que é un pequeno cabalo de Troya dos vencidos.
Hola,desde Francia
soy nieta de Peregrino LESTON. Es cierto que hizo unos anos de prision pero luego huyo con Lino Tieles a Francia.
Lo siento por no expresarme en gallego: es que no se escribirlo muy bien.
Si teneis algun testimonio de esta epoca, me gustaria compartirlos ya que en la familia no cuentan mucho lo que ha pasado en esta epoca. Gracias.
A memória está a ser atraiçoada também: de que sindicato eram esses "sindicalistas" que mencionas?, estou certa de que maioritariamente eram da CNT, em concreto do Sindicato de Indústrias Pesqueiras. A ver se deixamos de assassinar à gentinha duas vezes...
Non creo que ninguén estexa tratando de agochar, nen moito menos de 'asasinar' dúas veces a nadie, oh. A verdade é que ignoro o sindicato ao que pertencían estas persoas, anque probábelmente, sí, debía se ser a CNT, que era a que tiña predicamento na costa...
En relacion co que eiqui se comenta, teño leido na Voz de Galicia unha nova que non me cadra demasiado, esta en este enlace
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/06/23/3842764.shtml
Segun consta nela, Lino Tieles fuxeu a Francia en 1939, pero o pai de meu cuñado, que era grumete no barco que secuestraron e que todavia vive, di que foi a partires de 1945, po lo que a data do artigo e un erro, ou a sua historia moi diferente da que el conta.
Un saudo
Juan Leston
Vexo aquí un traballo importante e nunca debemos deixar de lado o noso pasado, pero véxome na obriga de comentar que tanto Catoño, como Lino Tieles e Peregrino Lestón non marcharon no 36, senon máis tarde, e a razón da condea non era pertencer ao bando republicano, é certo que estiveron no bando republicano durant a guerra e estiveron presos, pero a razón pola que mataron a Catoño e condenaron a Lino e Peregrino (os tres estaban no mesmo fregado) foi por entrar a roubar a punta de pistola nunha casa o día da festa de Abelleira. A Catoño matarono porque o dono da casa recoñeceuno porque estaba traballando alí como canteiro e en canto o prenderon Lino e Peregrino votaronse ao monte. Miña avoa naceu no 34 e lembrase perfectamente de peregrino, de feito, o seu irmán máis novo, que debeu nacer no 36, contabame non fai moito o día que se atopou a Peregrino afeitándose nun pozo, e Peregrino e Lino fuxiron xuntos a Francia, levando con eles a un cuñado de Peregrino que se tivo que quedar alá por medo as represalias que poidesen tomar contra del.
Pareceme perfecto que fagamos memoria histórica que hai moitos crimes que teñen que ser recoñecidos, pero non me gusta que algúns se aproveiten do feito de que son poucos os vivos que se lembran perfectamente daqueles tempos e se quiran subir ao carro daqueles que ben merecen unha homenaxe como poden ser os mestres do Agosto do 36.
Segundo me contou o señor Pepe do Caniño, veciño noso de Serres,
e miña avoa que coñeceron ó tal Lino Tieles. Este tipo foi un peligroso delincuente que para intentar implantar no pobo a ditadura marxista-leninista non tiña escrúpulos.
De loitador a prol da liberdade, nada de nada. Un ladrón que escapou no ano 1946e e cómplice de asasinato!!!
Enviar um comentário