quinta-feira, abril 26, 2007

Café Bagdad-Mazarelos

Nos primeiros días da Segunda Guerra do Golfo ergueuse como un pequeniño espectro dos actos do meu idolatrado Glorioso Movimento Asambleario, a loita anti-LOU da que xa falarei por aquí algún día destes... Este acto, reminiscente das 'Asambleas das Ideas' foi o 'Café Bagdad Mazarelos', que leva inscrito na súa face o evidente carimbo de Manuel Outeiriño, cráneo privilegiado, e un forte recendo rompentil.
Por causas alleas a mín non puiden acudir á convocatoria, que aquí vos adxunto. Se algún de vós se pasou, agradeceríase unha pequena crónica.


CAFÉ BAGDAD MAZARELOS

Letras Persianas e Música Diodenal Planetaria

Chamada pola paz.
Santiago
compórtate!!!!!!

Entrada 1 euro. Queremos
ver a Hans Blix. Compre a
carcasa dun Scud, polo menos
Metédevos no choio traendo
poemas e cancións. Non se
prohíbe dicir palabras feas nen
tocar o trombón.
ostentórea
Megafonía de balde.

Resistencia á tropa americana garantida por 6 horas.
Venceremos nós (ou non)

Venres, 2º día da guerra.
ás 20.45 EN MAZARELOS


BASORA BETANZOS BAGDAD BRAGA BASORA BEADE BAGDAD BUÑO BASORA A BAÑA BAGDAD BAIONA BASORA BOIRO BAGDAD BUEU BASORA BELESAR BAGDAD VASOIRA BUSH LIXO BLAIR RECICLAXE BAZNAR FOGO

3 comentários:

Mario disse...

Un xa parece que se vai facendo vello a forza de acumular tantas lembranzas. Fermosa inutilidade a daqueles tempos.

FraVernero disse...

Eu mesmo me considero, Mario, un home obsesivamente nostálxico...

De certo que aínda non colguei -milagre!- o panfleto que escribira na L.O.U. e publicara no 'Asemblea'. Todo se andará... Máis fermosa aínda a inutilidade daquele tempo, do que ti tamén tes escrito, anque en formato máis xeral e tradicional...

Arale Norimaki disse...

O Café Bagdad Mazarelos! Mágoa de ter circuitos tan pobres, co que choveu dende aquela só atino a lembrar unha calidez muda no ambiente, moitas verbas cheas de forza, poemas fermosos, xente vinda de lonxe para arrincar sorrisos (amargos moitos deles), coido que mesmo música e cómo non a enorme figura de Outeriño como conductor de luxo.
Por certo, noraboa pola licenciatura, sr.Fra. Cando teña máis tempo lerei ese discurso con detalle, que pinta ben interesante.