segunda-feira, maio 14, 2007

Caravaggio - Cabeza de Medusa


[a explicación, cando os comentarios xa estén botados a andar]

15 comentários:

Lucía disse...

No tengo muy claro a donde pretendes llegar con esta imagen, pero no puedo evitar sentir cierto pavor. ¿Querrás hablar, quizás, sobre el Arte de Caravaggio? ¿tendrás intención, a lo mejor, de hacer un guiño a la mitológica leyenda, de la cual Medusa es protagonista? ¿o, más bien, persigues el claro y simple objetivo de describir la maldad femenina?

SurOeste disse...

O único que queremos que nos explique é se a Operación Bela Descoñecida segue adiante ou non.

torredebabel disse...

todos temos unha cabeza de medusa nalgun momento. Cabezas cheas de ideas, cabezas cheas de medos, cabezas cheas de pensamentos ruins e tamén nobres... Dalgun xeito, todos estamos reflectidos nesa imaxe.

FraVernero disse...

Ben, hai un pouco de todo...

Fai pouco máis dun ano estaba en Italia, nunha breve escapadiña para visitar aos comparatistas, de erasmus en Bologna. Entre os sitios que visitei estivo (por 2 voltas) Florencia. O primeiro día tocou o Palazzo degli Uffizi, un dos museos máis importantes do mundo. Entre as abondosas obras de arte (Botticelli, Simone Martini, Duccio e Cimabue, Piero della Francesca, Rafael e moitos máis) estaba esta peza, na realidade dun verde máis brillante e dunha coloración (e sensación) máis intensa.

Doutra banda, estou perto de Caravaggio no seu posicionamento estético (realista, experimental) fronte aos seus grandes rivais contemporáneos, os Caracci, Guido Reni e Claude Lorrain (idealistas, académicos).

As cartas que saca a raíña margot tamén son pertinentes. Certo gran arte chega ao pavoroso, quería falar de Caravaggio, os iconos de feminidade negativa son moi frecuentes na milña obra, e soen vestirse con traxes mitolóxicos. Non metín a Medusa entra as heroínas de ficción, mais podía estar tamén.

A Torre apunta á nosa perpetua mobilidade e xogo de espellos. Omnia Mutatur, Nihil Interit. Todo Muda, Nada Desaparece. Incluídos os nosos reflexos, positivos ou tenebrosos.

Suroeste! es unha lerchona implacábel! Á Bela Descoñecida non a vin dende o momento da descrita descripción.

Lucía disse...

Recuerdo que, la segunda vez que fui a la Galería Uffizi, tuve que hacer una cola de 5 horas rodeada de japos y excursiones de insoportables adolescentes.

Anónimo disse...

Propoño abrir unha fronte anticaravaggesca e pro-Georges de la Tour... Caravaggio ten unicamente unha boa idea, mentres de la Tour abre todo un universo de posibilidades que se comentan a si mesmas...

Mais a estampa que nos propón Zacharias é impresionante. Acredito en que o seu verde é moito máis intenso na versión orixinal... Aínda que tampouco hai que facer moito caso do noso mantenedor, esteta sempre propenso á "síndrome de Stendhal"...

Bicos a vos e á vella Bologna, sia la rossa, sia la grassa...

p.s.: se atopara a Miss Tenenbaum nunha parada de autobús escoitaría de súpeto "These Days"...?

A Raíña Vermella disse...

A cabeza da medusa remíteme sempre ao escudo de Atenea. É a idea da razón dominando e empregando o irracional que hai en nós de xeito productivo. Por que será que a mitoloxía grega se presta tanto a facer psicoanálise de sobremesa? Sinto disentir de Margot, eu creo que a Medusa non é a maldade, senón o incontrolable, o misteriosos e terrorífico que os homes se empeñan en ver nas mulleres, no canto de ver... mulleres. :)

Anónimo disse...

Evocacións?
Eu non podo evitar saltar de Caravaggio a Derek Jarman e, lembrar así a paisaxe árida de Dungeness, ó igual que o seu derradeiro film(?), 'Blue', verdadeiro neo-Malevitch cinematográfico. Despois, pero esto xa é moito máis persoal, todo me leva a Alberto (aínda vivo), quen hai máis de quince anos me confesou que tiña sida e que contaba xa durar pouco. Jarman morreu por causa da sida... Ese é, hoxe, o meu Caravaggio, sen pinga de verde, todo blue, insoportablemente blue.

Sorry.

FraVernero disse...

mar(a)gotiña...
no meu caso a cola ´'só' foi (era un día normal) de dúas horas e media. Nunca estivera nunha tan longa. Pagou a pena, iso sí, e consoleime cunha novela ('Sister Carrie') que tiña que ler para aulas e que me fixo boa compaña.

Sir Gawain, na liña das súas escollas radicais, avanza unha tese provocadora que non comparto. Eu sí que respecto moito a xenialidade de Caravaggio, sen desmerecer ao seu imitador holandés. Canto á peza, ti mesmo a viche no museo, polo que saberás se son falsario ou non...

Red Queen, certamente a psicoanálise e os mitos é unha veta moi excavada (no caso grego, xa Freud fixera pinitos ao respeito, e hai un libro moi bo de Bermejo que toca algo o tema, creo...). Certo é que os homes tendemos a crear un espectro de feminidade, como sempre pasa co Outro (racial, sexual...).

Uncle Joe: sempre é vostede unha grata caixa de sorpresas. Vexo que compartimos culto por Derek Jarman, do que teño aprezado o 'Sebastiane' (en latín vulgar con subtítulos), Jubilee, unha versión punkarreira de 'The Tempest' e a vida de Caravaggio que tece o fío unificador (iso sí: a imaxe era miníscula e con enormes subtítulos en xaponés; igual que o Eduardo II que me baixei del). Terei que buscar, pola contra, ese 'Blue' serodio que nos pintou eiquí...

Anónimo disse...

(Afro) Blue: recordo a Sean Bean (que ás veces fai de malo en malos filmes) reptando entre formación de cor imprevistas sobre tecido orgánico morto: o anxo de Caravaggio non me toca: pasa sobre min: anxo(s) da historia: un ange passe: je t'aime comme on chie: poema en forma de útero: etcétera: o anxo de Derek Jarman tampouco: o meu azul é Néstor Almendros: (tamén morto diso, frecuentaba mesmos bares que Barthes ou Goytisolo ou Sarduy): meus outros azuis: meus outros anxos: metaphor is illness: debilidadedebilidade: aínda que me fascinan o Blue de Jarman e Tilda Swinton: tanto amor para Tío Pepín e para Zacharías: The Blues are Still Blue

Arale Norimaki disse...

Escudada nun apampamento catarral fáctico, permitireime, se o honorable anfitrión mo permite, a irreverencia de facer unha achega banal e superficial. Mal que me pese, ao ver a impoñente figura de Medusa, automáticamente pensei nos espaguetis á marinera de Vik Muniz... Por certo, concordo coa Raíña niso da inxusta demonización da Medusa.

Dá gusto ver a moita actividade que houbo estes días (de ausencia araliana) polo pazo, Sr.Fra :)

O Breogán de Gáidil disse...

Sempre que vexo esta imaxe de Medusa, ou a de Böcklin, sempre volvo á nenez, á primeira vez que vin Loita de Titáns.
De Caravaggio dicir que puidemos ver obras súas no Museo Británico e en verdade é espectacular.

O pastor eléctrico disse...

Eu sempre asocio esta estampa a un plato de espagueti. Creo que é culpa de Vik Muniz

Son Unha Xoaniña disse...

Eu non puden entrar ó Palazzo degli Uffizi, porque a cola era impresionante, unha pena porque unha non pode ir a florencia cando quere. Pero dende logo que voltarei, foron uns días inesquencibles.

FraVernero disse...

Queridos...

infindo agradecemento polas vosas visitas e comentarios... estes días estiven desconectado da rede, polo que tentarei traballosamente porme ao día de novo...

Qué faría un sen vos...